Febrero 2012

23 Febrero 2012

Enterro da Lamprea +  

Dende a Asociación das Mulleres Rurais "TEMPO GAÑADO", queremos convidar a todas as sócias e non sócias/os, a asistir ó "ENTERRO DA LAMPREA", que se celebrará o próximo sábado (25/02/12), en Salvaterra de Miño.

Prégase que as pessoas que veñan, o fagan de riguroso loito.

2947
2945

21 Febrero 2012

CARNAVALES LEIRADO SALVATERRA 2012 "TEMPO GAÑADO" 4  

2911
2913
2915
2917
2903
2905
2907
2909
As mulleres de tempo gañado participaron no desfile de carrozas de leirado.A carroza dos pitufeiros.

17 Febrero 2012

ANIMACIÓN A LECTURA 3  

 

VOLTEMOS A LER
 
¡Que nos esquecemos!, vamos a recomendarvos un libro e despois xa sabedes: ¡quedamos para comentar!


El JUEGO DEL ANGEL
Autor: Carlos Ruiz Zafón

Argumento:
Na turbulenta Barcelona dos años 20 un xoven escritor obsesionado cun amor imposible recibe unha oferta dun misterioso editor para escribir un libro, a cambio dunha fortuna e, tal vez, moito mais..........

17 Febrero 2012

REMATE DO CURSO DE XABÓNS "SAN MARTÍN DE ESPIÑOSO" 4  

 

REMATE do I Curso de Xabóns
 
Remate da formación do Curso de Xabóns Naturais e Terapéuticos. na Asoc. de Mulleres Rurais San Martín de Espiñoso.
Para peche do mesmo, ademais da clase remate co xabón de chocolate e menta, se fixo a entrega de diplomas as amigas que participaron durante estes tres meses no curso, logrando manter a participación, socialización, convivencia e un espazo de actividade para todas as compañeiras. 
En nome de FEMURO. ¡grazas pola vosa acollida!.

17 Febrero 2012

CURSOS DE GALEGO 1  

 

CELGA
 
A Aula Conectad@s ó Mundo (FEMURO), ten solicitado o curso formativo para o CELGA IV. No que previamente se inscribirán 28 persoas e que de forma posterior a Concelleria de educación do Concello do Carballiño aumentou o listado en 8 persoas mais. 
A espera da resolución, xa vos daremos a información pertinente.

17 Febrero 2012

CURSO DE XABÓNS NATURAIS 6  

 

Cursos de Xabóns naturais e terapéuticos en San Martín de Espiñoso
 
O pasado luns a alcaldesa de Cartelle (Carmen Leyte) realizou unha visita á Asociación de Mulleres Rurais "San Martín de Espiñoso" pertecente a FEMURO, durante o seu curso de Xabóns naturais, que imparte a devandita federación.

17 Febrero 2012

CURSO DE XABÓNS NATURAIS 2  

 

Xabóns naturais, balsamos labiais
 
Curso de Xabóns naturais e terapeuticos.
Balsamos labiais.
Preparación de xabóns con aceites reciclados, para lavadora.


As asociacións de Mulleres da Comarca de Carballiño seguen a participar nas formacions dos cursos que dende a aula Conectad@s ó Mundo-FEMURO se estan a impartir.
Socialización, amizade, aprendizaxe.

17 Febrero 2012

CANTIGAS RECOLLIDA NO LIBRO "RECORDOS NO TEMPO" 3  

 

CANTIGAS
 
CANTIGAS
(Recollidas na Asoc. Novas Vivenzas)

A vida do carreteiro,
non hai vida como ela,
a semás no camiño
o domingo na taberna.


O ferreiro foi á misa
non soubo decir o credo,
cando tocaron a santos
acordóuselle o martelo.

Canteiros e carpinteiros,
da Vila de Pontevedra
aquí falta unha rapaza,
tendes que dr conta dela.

Un cesteiro anda tras min
eu fuxindo do cesteiro,
ando co feixe das varas
e por non tentar ao demo.

Mariquiña tecedeira
namorada dun galán,
ten un pé na prendedeira
e a lanzadeira na man

17 Febrero 2012

CURSO DE RELAXACIÓN MÚSICOTERAPIA +  

 

Relaxate coa Música
 
Actividade que da comezó o día 16 se xaneiro, na asociación de Mulleres Rurais "A Revolta".

Emprego de técnicas para a mellora:

Mellora da Respiración.
Mellora da concentración.
Mellora da Relaxación........



Impartido por persoal cualificado e colexiado.
Subvención do Secretaria Xeral de Igualdade
Organizado por FEMURO

17 Febrero 2012

CURSOS DE ALFABETIZACIÓN DIXITAL +  

 

COMENZO CURSOS DE ALFABETIZACIÓN
 
Damos comezo na Aula Conectad@s ó Mundo de FEMURO, os novos cursos de alfabetización dixital do ano 2012.
CURSOS
• Introdución.
• Iniciación o Word.
• Word Avanzado.
• Excel.
• Power Point, Publisher.....
• Introdución a redes sociais (Facebook, Tuenti, Twiter…)
• Emprego de Messenger…

Horarios de maña e tarde.
Información: Punto de encontro . Tlf: 988/272668

Síguenos en...

 Follow RuraisLAB on Twitter   

Inicio de sesión

RuraisLAB

Mulleres Rurais e desenvolvemento rural

RuraisLAB es un laboratorio ciudadano para la innovación social en el medio rural, basado en las necesidades e inquietudes de la mujer.

 

 

 

 

Mulleres Rurais e desenvolvemento rural

Mujer Rural

Mujer Rural y Desarrollo Rural

Agenda Digital Europea 20202

Agenda Digital Europea