Junio 2013

14 Junio 2013

FIN DE SEMANA EN VIANA DO CASTELO- RÍAS BAIXAS 2  

VIANA DO CASTELO E AS RÍAS BAIXAS FORON ELEXIDAS POLO COLECTIVO “FRAGA DAS SAÍMAS” COMO DESTINO TURÍSTICO PARA DISFRUTAR DUNHA FIN DE SEMANA DE OCIO E TEMPO LIBRE.

 A asociación de mulleres rurais “Fraga das Saímas” ven de organizar esta fin de semana unha viaxe a terras portuguesas e as Rías Baixas. Unha das múltiples actividades socio-culturais programadas para o 1º semestre do ano 2013 polo colectivo de mulleres de Santo André de Boimente.

O grupo de viaxeiros do colectivo “Fraga das Saímas”, formado por máis de corenta socias, veciñas e amigos, viaxou con Viajes Lucus durante catro horas ata chegar a Vila Nova de Cerveira, onde fixeron a súa primeira parada para repoñer forzas cun xantar típico portugués. Logo deste descanso visitaron o Castelo de Vila Nova de Cerveira, construído sobre outro derruído no século XV,  pasearon á beira do Minho e “perdéronse” no famoso mercadillo desta tranquila cidade, un dos maiores de toda a península. Xa a tardiña continuaron a ruta ata o alto do monte de Santa Luzia para admirar a beleza da súa famosa Basílica construída a comezos do século XX copiada do Sacré Couer de Montmartre en París. Mais, a pesares de subiren á cúpula da Basílica, a densa néboa impedíulle ao grupo de viaxeiras/os poder gozar da extraordinaria vista  que un día despexado,  desde ali, se pode observar sobre o estuario do río Lima, a cidade e o mar.

        

Á noite as viaxeiras e viaxeiros achegáronse á Quinta de Santoinho para cear neste famoso e turístico  restaurante rexional, xunto a outras 1500 persoas, onde foron agasallados cunha sesión de folclore minhoto, unha demostración da malhada, marchas, música para bailar e onde ademais de cear, bailar e divertirse puideron tamén gozar da exposición permanente dunha variada colección de alfaias e utensilios do campo, de tanques, lagares, pías e figuras en granito, de espigueiros origixinarios, dunha adega rexional, de antigas viaturas de transporte, carros de bois e de cabalos, así como de autocarros, automóviles, ou unha locomotora do século XIX, entre outros elementos etnográficos.

O domingo as viaxeiras/os  amenceron nas Rías Baixas, onde visitaron durante a mañá  Sanxenxo, as súas praias e achegáronse ata o seu principal núcleo urbano, a vila mariñeira  de Portonovo, para pasear polas súas rúas, visitar a súa lonxa, a Capela de Santa Catalina e o seu mirador.

Esta fin de semana de ocio e tempo libre clausurárona cunha mariscada, queimada e baile no hotel Galicia Sun.

NOTA Se queredes ver ou descargar máis fotos podedes ir ao Album de fotos de Viajes Lucus

 

05 Junio 2013

Xuntanza Anual de "Tempo Gañado" +  

Un ano mais a Asociacion Mulleres Rurais de Salvaterra de Miño "Tempo Gañado", ven celebrar a sua Xuntanza anual de socias.

Este ano farémola no dia 7 de xullo e visitaremos as localidades de Cee, Ézaro e Fisterra, na Coruña.

Como é costume neste acontecimento, a Asociación paga o autobús e cada socia somente terá que pagar a comida.

As prazas son limitadas, e resteperase o orden de inscripcion, se non queres quedar sem a tua praza, fala con a tua vocal ou chama ao telefono  678 920 510.

 

Saúdos a tod@s dende a diretiva.

 

 

03 Junio 2013

CONCURSO FOTOGRAFÍA imaxesRAPAcandaoso2013 +  

A DIRECTIVA DE MULLERES "FRAGA DAS SAÍMAS" PON A ANDAR A ORGANIZACIÓN DO CONCURSO FOTOGRÁFICO  imaxesRAPAcandaoso-2013”  CO OBXECTO DE CONTRIBUÍR AO FOMENTO E Á PROMOCIÓN DA RAPA DAS BESTAS DO CURRO DO CANDAOSO QUE SE CELEBRARÁ O 1º DOMINGO DE XULLO DE 2013.

 

No marco da celebración,  na parroquia de Santo André de Boimente,  da súa XLV  edición da “Rapa das Bestas do Curro do Candaoso a Asociación de Mulleres Rurais “Fraga das Saímas” convoca o Concurso de Fotografía baixo o lema imaxesRAPAcandaoso-2013”.

Con esta iniciativa preténdese contribuír ao fomento e á promoción da Rapa das Bestas do Curro do Candaoso, na parroquia de Santo André de Boimente. Unha das festas de interese turístico  máis ancestrais e de maior arraigo do Concello de Viveiro que celebrará a súa XLV edición, como é costume,  o primeiro domingo do mes de xullo de 2013.

Desde a asociación Fraga das Saímas inténtase  poñer en valor o patrimonio paisaxístico que conforma a paraxe  natural da Fraga das Saímas e os Montes do Buio como fonte de riqueza ambiental, cultural e turística promovendo unha cultura de ocio saudable a través de iniciativas coma a organización deste certame fotográfico

Se queres ver a programación da 44ª edición da Rapa das Bestas do curro do Candaoso-2012 podes picar neste enlace:

Rapa das Bestas 2012

A continuación e de xeito resumido detallamos algúns dos principais aspectos das bases da convocatoria do concurso imaxesRAPAcandaoso-2013”:

BASES

 

TEMA

A temática  única do concurso  é o reflexo máis completo e descritivo posible da celebración da Rapa das Bestas do Curro do Candaoso-2013 e cuxo lema leva por título imaxesRAPAcandaoso-2013”. As organizadoras deste certame deixan total liberdade para que cada participante exprese a súa creatividade  e amose, a través desta, a beleza e os valores culturais, etnográficos e paisaxísticos que se desprenden durante a celebración desta festa tradicional, ao obxecto de incitar aos potenciais viaxeiros a descubrir lugares con encanto na Mariña Lucense como son os Montes do Buio ou a Fraga das Saímas .

As fotografías téñense que realizar en xullo, durante a celebración da XLV edición da Rapa das bestas do Curro do Candaoso (Montes do Buio). Parroquia de Sto André de Boimente (Viveiro).

 

PARTICIPANTES

Este concurso vai dirixido a todas aquelas persoas maiores de 18 anos afeccionadas ou profesionais da fotografía e amantes da natureza.

 

OBRA

As fotografías presentadas ao concurso deberán ser orixinais, inéditas (que non foron expostas en público con anterioridade á data de presentación, nin publicadas en catálogos, revistas ou calquera outro medio xa sexa gráfico, audiovisual ou interactivo), que non foran premiadas con anterioridade e de propiedade do/a autor/a. Non se poderán ter explotado comercialmente, xa sexa con fins xornalísticos, publicitarios ou calquera outro.

NÚMERO DE OBRAS

Cada participante poderá presentar un máximo de DÚAS fotografías ou DÚAS series fotográficas. As fotografías só poderán ser presentadas polos seus propios autores.

FORMATO E TÉCNICA

Formato e tamaño: TIFF ou JPEG en calidade máxima. Tamaño mínimo de 600 píxeles de lado maior.

As fotografías poderán presentarse en cor, branco e negro e en todas as súas técnicas, incluso dixital.

As fotografías poderán ser individuais ou compor unha serie máximo de 4 imaxes. Podendo ser estas do mesmo momento e temática ou de momentos e actividades distintas (subida ao monte, xunta das bestas, loita de garañóns, rapa e solta cara o monte, descanso das bestas, xantar dos romeiros, carreiras de cabalos, etc.)

Os traballos poderán presentarse por  correo postal ou correo electrónico e sempre atendendo aos requisitos  establecidos  nas claúsulas 3 e 4 das bases do concurso.

 

PRESENTACIÓN

A presentación da obra  por correo postal farase ao domicilio social da Asociación Fraga das Saímas e enviarase en dous formatos:

- Impresa en papel fotográfico (mínimo de 18x24 cm. e o máximo de 30x40 cm.)

- Gravada nun CD, en formato dixital (preferentemente .TIF ou no seu caso .JPG), cun mínimo de tamaño de 600 píxeles de lado  maior.

 

2)    A presentación por correo electrónico farase enviando  cada traballo fotográfico  por separado á seguinte dirección fragadassaimas@gmail.com

 

 

PREMIOS E EXPOSICIÓN

PREMIOS

Primeiro premio dotado con 250 euros en metálico

Segundo premio dotado con 120 euros en metálico

Terceiro premio dotado con 100 euros en metálico

Dous accésits dotados cada un con 30 euros en metálico ás dúas fotografías/ou serie fotográfica non premiadas anteriormente.

 

EXPOSICIÓN DAS OBRAS SELECCIONADAS

Unha vez outorgados os premios levarase a cabo una exposición  no Centro Socio-Cultural de Santo André de Boimente das obras gañadoras xunto coas fotografías finalistas seleccionadas polo xurado do concurso.

 

ENTREGA DE PREMIOS

A entrega de premios poderase efectuar  nun acto público na data que determine o colectivo Fraga das Saímas e que será comunicada con suficiente antelación ás persoas premiadas. Os autores dos traballos premiados deberán estar presentes neste acto ou no seu defecto deberá acudir un representante debidamente autorizado.

 

PRAZO PARA ENTREGAR OS TRABALLOS FOTOGRÁFICOS

A data límite para a recepción dos traballos será o 31 de AGOSTO de 2013.

 

ACEPTACIÓN

A presentación das fotografías ao concurso implica a aceptación de todas e cada unha das presentes BASES E CONDICIÓNS e da decisión inapelable do xurado.

 

Para obter máis información podes descargar as bases do concurso na seguinte dirección http://mulleresfragadassaimas.blogspot.com (na carpeta de  documentos), solicitalas ao correo electrónico fragadassaimas@gmail.com ou ben  poñerte en contacto coa entidade organizadora. Teléfonos 669 250 948 (Flor) ou 610 00 77 46 (Gloria)

 

 

03 Junio 2013

INAUGURACIÓN BIBLIOTECA VECIÑAL NA FESTA DAS LETRAS GALEGAS DO COLECTIVO FRAGA DAS SAÍMAS +  

O COLECTIVO DE MULLERES "FRAGA DAS SAÍMAS" INAUGUROU ESTA FIN DE SEMANA, NO MARCO DA CELEBRACIÓN DA FESTA DAS LETRAS GALEGAS 2013,  A SÚA  BIBLIOTECA VECIÑAL

  

O colectivo de mulleres Fraga das Saímas ven de celebrar na compaña de medio cento de socias e convidados  o Día das Letras Galegas 2013.

            

Os actos comezaron ás 18.00 h coa intervención de Flor Chao, Presidenta da asociación Fraga das Saímas, que exerceu de  mestra de ceremonias da nova Biblioteca veciñal por desexo expreso da súa  Directiva e a cal quixo  que fora a  celebración do Día das Letras Galegas-2013  a data  na que se abriran as portas da Biblioteca Fraga das Saímas por ser o  marco ideal para a súa presentación oficial , según palabras da propia presidenta. Durante a súa intervención, Flor Chao  convidou ás súas socias e veciños de San Andrés de Boimente a facer uso deste novo espazo cultural e animou aos veciños do concello de Viveiro  a facerse socios da recén estreada Biblioteca veciñal.

                                                          

Coa posta en marcha desta Biblioteca veciñal, grazas ás doazóns de fondos bibliográficos da Fundación Pedro Barrié de La Maza, a Fundación Sotavento e as socias Elsa, Flor e Gloria, o colectivo Fraga das Saímas quixo sumarse na defensa do acceso ao coñecemento e á información en igualdade de condicións para todas e todos, na defensa do fortalecemento do hábito lector e na defensa do coñecemento da literatura e o patrimonio cultural.

Logo da inauguración, onde a Directiva agasallou ao medio cento de asistentes cunhas libretas conmemorativas, o grupo de teatro aficionado de Fazouro “A Adala” representou a comedia “Enredos” onde o público non foi quen de parar de rir ata o remate desta peza teatral de Francisco Piñeiro.

 

 

 

 

 

Síguenos en...

 Follow RuraisLAB on Twitter   

Inicio de sesión

RuraisLAB

Mulleres Rurais e desenvolvemento rural

RuraisLAB es un laboratorio ciudadano para la innovación social en el medio rural, basado en las necesidades e inquietudes de la mujer.

 

 

 

 

Mulleres Rurais e desenvolvemento rural

Mujer Rural

Mujer Rural y Desarrollo Rural

Agenda Digital Europea 20202

Agenda Digital Europea