Enero 2014

27 Enero 2014

PLANO DE ACTUACIÓNS APROBADA POLA ASEMBLEA DE FRAGA DAS SAÍMAS PARA O 2014 3  

PLAN DE ACTUACIÓNS A DESENVOLVER NO 2014 POLO COLECTIVO "FRAGA DAS SAÍMAS"

 
A Asemblea Xeral das mulleres do colectivo “Fraga das Saímas” acorda, entre outras iniciativas, poñer en marcha o Programa SPAbílate Muller, a montaxe dunha Mostra de Patrimonio Etnográfico Material,  a exposición itinerante imaxesRAPAcandaoso2013 e a Maratón NÓSxogamos. Tres proxectos que apostan pola saúde das mulleres, a conservación do Patrimonio, o turismo de natureza e o fomento da participación veciñal a través da creación de espazos lúcidos.
 
AS SOCIAS DO COLECTIVO “FRAGA DAS SAÍMAS” APROBAN POR UNANIMIDADE NA SÚA ASEMBLEA XERAL ANUAL O PROGRAMA DE ACTIVIDADES 2014 E DAN O SEU VISTO BO AO INFORME DE XESTIÓN E AO ESTADO DE CONTAS DO ANO 2013 DA ENTIDADE.


A asociación de mulleres rurais “Fraga das Saímas” ven de celebrar a súa asemblea xeral anual a tarde do sábado, 25  de xaneiro, no seu Centro Socio-Cultural de Santo André de Boimente.

 

Nesta reunión, tras dar conta a secretaria da asociación do estado de ingresos e gastos do ano 2013, as socias aprobaron por unanimidade as contas do exercicio 2013 así como o seu Programa de Actuacións e Investimentos a  desenvolver ao longo deste ano 2014.

O Programa de Actividades da asociación Fraga das Saímas para o 2014, cuxo orzamento ascende a 25.420 euros, desenvolverase dentro de cinco liñas de traballo principais:
- Área de Formación/información, destacando dentro desta área a organización da 2ª edición das Xornadas Micolóxicas nos Montes do Buio e do Curso de Informática e Internet.
 
- Actividades Socio-culturais de integración, dentro das cales se aprobaron, entre outras, a exposición itinerante ImaxesRAPAcandaoso2013, como parte da campaña de sensibilización do Medio Natural e aposta polo Rural galego e o turismo de natureza. Así como a posta en marcha do Programa SPAbílate Muller, a través do cal as socias e convidadas da asociación poderán participar durante dous meses nun circuíto termal no Thalasso Cantábrico.
 
- Actuacións para preservar o noso patrimonio Material e Inmaterial. Nesta área de traballo continuarase   a desenvolver o proxecto Raíces Vivas e porase en marcha a montaxe da infraestrutura que acollerá unha Mostra do Patrimonio Etnográfico da zona.
 
- Actividades Lúdico-culturais (Cultura e divertimento). Dentro deste área, entre outras moitas actuacións, aprobouse a organización dunha Maratón de xogos de Mesa (programa NÓSxogamos) e a participación no programa LUAR da TVG, onde as sócias, amigas e veciños de Viveiro poderán asistir como público o 28 de febreiro ao famoso programa da TVG.
 
- Área de fomento do coñecemento do patrimonio natural, histórico e artístico de Galicia-Cantabria. Dentro desta área de traballo Fraga das Saímas organizará unha viaxe de fin de semana a Cantabria o 7 e 8 de xuño e desenvolverá o programa Turisteando por terras lucenses (de Samos á Cidade das Murallas, Patrimonio da Humanidade) no mes de setembro.
 
Unha vez rematada a asemblea as asistentes participaron nunha nova modalidade de xogo de mesa  impulsado pola Directiva, onde non se coñecerá a gañadora  antes de rematar o mes de febreiro.

27 Enero 2014

CURSO DE INICIACIÓN Á PODA 12  

CURSO DE INICIACIÓN Á PODA ORGANIZADO POR ESPAZO AGROECOLÓXICO ESTRUGA

 

 

 
O CENTRO SOCIO-CULTURAL DE STO. ANDRÉ DE BOIMENTE ACOLLEU ESTA FIN DE SEMANA O CURSO DE INICIACIÓN Á PODA ORGANIZADO POR ESPAZO AGROECOLÓXICO “ESTRUGA”, COA COLABORACIÓN DA ASOCIACIÓN DE MULLERES “FRAGA DAS SAÍMAS”
 

O espazo agroecolóxico ESTRUGA ven de organizar por terceiro ano consecutivo un Curso de Iniciación á Poda.
 
Logo de desenvolver este curso, en anos anteriores, nas parroquias de Valcarria e Galdo, o espazo agroecolóxico Estruga elixiu a parroquia de Santo André de Boimente para organizar a súa 3ª edición coa colaboración do colectivo de mulleres da Fraga das Saímas, que puxo a disposición de Estruga o salón de actos do seu Centro Socio-Cultural, onde se impartiu a parte teórica deste curso de iniciación á poda.
 
 

 

Este curso, que se impartiu o sábado 18 de xaneiro, deu comezo ás 9.30 horas. Durante dúas horas as dezaoito persoas asistentes aprenderon de maneira moi didáctica e sinxela que tipos de poda existen, que época é a mellor para lévala a cabo, os tipos de útiles de poda e o seu mantemento, tendo ocasión tamén de facer todo tipo de consultas e plantexar as súas dúbidas ao monitor deste curso, o enxeñeiro agrónomo de Viveiros Daplanta, que aproveitou para darles algúns consellos prácticos moi útiles e algún que outra “receita caseira” para o coidado das árbores froiteiras.

 

Logo dunha pausa café as/os alumnas/os visitaron a finca de Adelina Lorenzo, vogal da Directiva Fraga das Saímas, e do noso veciño Manolo da Lama que moi amablemente puxeron as súas froiteiras a disposición de Estruga e seu monitor para que  puideran explicarar sobre terreo como se debe facer a poda de árbores froiteiras como maciñeiras, pereiras, moreiras, figueiras, cerolleiros, claudieiras, laranxeiras, limoeiros,  caquis, nísperos, entre outras. Esta visita, na que o monitor do curso aproveitou para  dar tamén unhas referencia básicas sobre algunhas técnicas de enxerto nas diferentes variedades de froiteiras,  rematou pasadas as 14.00 horas

27 Enero 2014

Programa SPAbílate Muller 2  

PROGRAMA SPAbílate MULLER

 

A DIRECTIVA "FRAGA DAS SAÍMAS" ABRE O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA PARTICIPAR NO PROGRAMA SPAbílate Muller 
 
A Directiva pon en coñecemento das  socias do colectivo de mulleres "Fraga das Saímas" o propósito de poñer en marcha no mes de febreiro o Programa SPAbílate Muller, para o cal precisa saber o número de mulleres e, por que non? homes tamén, que desexan participar neste programa. 
 
Estás interesada na túa saúde? Participa con nós Programa SPAbílate nunhas instalacións, onde o único  obxectivo e que as/os amantes da tranquilidade, da posta en forma e da preocupación pola súa saúde gocen dun circuíto termal de auga mariña e se deleiten os seus sentidos rodeados dun marco incomparable xunto ao mar.
 
  
 

DÍAS DA ACTIVIDADE: VENRES ÁS 18.00 HORAS E DOMINGOS ÁS 11.30 HORAS!
 
 

27 Enero 2014

ANIVERSARIO DA NOSA SOCIA DE HONOR +  

104 ANIVERSARIO DA NOSA SOCIA DE HONOR, XULIA VIDAL BALSEIRO

 
DONA XULIA VIDAL BALSEIRO, SOCIA DE HONOR DA ASOCIACIÓN DE MULLERES RURAIS “FRAGA DAS SAÍMAS, CELEBROU OS SEUS 104 ANOS ACOMPAÑADA DAS SÚAS BIZNETAS, NETOS E NORA NA SÚA CASA DOS LEÁS.
 
O colectivo “Fraga das Saímas” e todas as súas socias espertaron este martes 7 xaneiro coa boa nova do 104 aniversario da súa veciña e socia de honor, Dona Xulia Vidal. Cumpreanos que celebrou o día de Reis na súa casa dos Leás acompañada polos seus familiares máis cercanos e queridos (as súas biznetas Lorena e Yanira, a súa neta política Merche, o seu neto Luis e a súa nora Marisa).
 
Autora da fotocomposición: Lorena Díaz, bizneta de Xulia Vidal
A nosa centenaria dona Xulia, traballadora infatigable, sempre demostrou unha grande fortaleza e valor ao longo da súa vida, loitando día a día polos seus seres máis queridos e mantendo ese profundo sentimento de amor pola terra. Unha muller digna de ser admirada e todo un exemplo a seguir polas novas xeracións de galegas e galegos.
 
Mulleres coma Dona Xulia son as que poñen en valor o papel que desempeñaron as nosas labregas a través da súa entrega ao traballo no campo e a loita pola súa propia existencia e dignidade.
 
As mulleres do colectivo Fraga das Saímas, desde a nosa máis profunda admiración e cariño, desexámoslle a Dona Xulia todo o o mellor neste día e felicitamos a súa familia por continuar disfrutando do seu máis prezado regalo.
 
 
FELICIDADES, DONA XULIA!

27 Enero 2014

FESTIVAL DE NADAL 2013 "FRAGA DAS SAÍMAS" 2  

FRAGA DAS SAÍMAS CELEBRA O SEU 6º FESTIVAL DE NADAL

 
As cestas de nadal valoradas en máis de 200 € e sorteadas na Festa navideña que clausurou as actividades organizadas ao longo do 2013 polo colectivo de mulleres “Fraga das Saímas” foron parar ás mans de Natalia e Dolores, socias do colectivo feminino, e as de convidada Eva e os veciños Brais e Pepe de Chao.
O FESTIVAL DE NADAL “FRAGA DAS SAÍMAS” PUXO O BROCHE DE OURO ÁS ACTIVIDADES DO 2013 ORGANIZADAS POR ESTE COLECTIVO COA ACTUACIÓN ESTELAR DA CANTAUTORA RIBADENSE CARMEN RODRÍGUEZ NO SEU CONCERTO ESPECIAL DE NADAL.
 
O sábado 20 de decembro o Centro Socio-Cultural de San Andrés de Boimente abriu as súas portas, un ano máis, para celebrar a 6ª edición do Festival Fraga das Saímas, organizado polo colectivo de mulleres de Santo André de Boimente.
 Esta cita de “obrigado cumprimento”, á que acudiron uns noventa invitados, entre socias, familiares, amigos e veciños da parroquia, deu comezo ás 19.30 horas co concerto especial de Nadal ofrecido pola xovencísima cantautora ribadense Carmen Rodríguez Rodríguez que durante a súa actuación estelar interpretou, entre outros, temas propios como “O mundo a medias”, temas de Guns and Roses como “Sweet Child O´Mine” e temas de Sés como “Co xenio destrozado”, cos que logrou encadilar ao público asistente que gozaron da súa música e da súa privilexiada voz ao longo de perto dunha hora de concerto.
 
A Presidenta do colectivo feminino, Flor Chao, que fixo de mestra de cerimonias desta celebración de clausura das actividades 2013 da asociación Fraga das Saímas dixo de Carmen durante o seu discurso de benvida e presentación que “estamos convencidas que esta ribadense de extraordinaria voz, grande sensibilidade musical e un profundo amor e admiración pola nosa música e lingua soará en pouco tempo con gran forza no novo panorama musical e podemos asegurar que co seu traballo e esforzo constante será quen de facerse un oco entre as grandes voces musicais galegas”.
 

 Logo do exitoso concerto, os  convidados disfrutaron dunha cea de confraternidade servida polo restaurante O Val do Naseiro, onde os comensales deron boa conta de entremeses, rape en salsa verde e dos típicos postres navideños. Ao remate destes a Directiva “Fraga das Saímas”, axudadas polas nenas e nenos presentes na festa e as  socias máis veteranas procederon a sortear 3 fermosas Cestas navideñas e 4 agasallos de consolación.


As gañadoras/os das cestas foron as socias do colectivo Fraga das Saímas: Dolores, Eva, Natalia, Carmen, unha convidada da asociación: Eva e os veciños Pepe de Chao e Brais.
 
Esta festa navideña prolongouse ata as 2.30 h. da madrugada, onde os máis festexeiros remataron a velada bailando ao son da música do Dúo Suso que co seu bo facer musical fomentaron o entusiasmo e a alegría do público.

01 Enero 2014

La directiva de Tempo gañado os desea un feliz 2014 +  



pleno de felicidad, salud y muchas ganas de hacer cosas nuevas

Síguenos en...

 Follow RuraisLAB on Twitter   

Inicio de sesión

RuraisLAB

Mulleres Rurais e desenvolvemento rural

RuraisLAB es un laboratorio ciudadano para la innovación social en el medio rural, basado en las necesidades e inquietudes de la mujer.

 

 

 

 

Mulleres Rurais e desenvolvemento rural

Mujer Rural

Mujer Rural y Desarrollo Rural

Agenda Digital Europea 20202

Agenda Digital Europea