Mayo 2014

13 Mayo 2014

FESTA DA LINGUA GALEGA. EDICIÓN 2014 +  

MEDIO CENTO DE SOCIAS E VECIÑOS CELEBRARON A FESTA DAS LETRAS GALEGAS, CO COLECTIVO FRAGA DAS SAÍMAS, GOZANDO DO TEATRO DE “ÁRDORA” E O FOTOCOL DE “GÚSTAME O GALEGO”
  
O colectivo Fraga das Saímas ven de celebrar, no Centro Socio-Cultural de Sto. André de Boimente, a súa Festa das Letras Galegas 2014 a pasada tarde-noite do sábado, 10 de maio, e cuxo Día das Letras se lle adica este ano ao poeta dos Vilares de Parga,  X. M. Díaz Castro.
 
 Os actos de homenaxe ás Letras Galegas e á nosa lingua deron comezo ás 18.00 horas coa benvida da presidenta, Flor Chao, previo reparto entre os asistentes dun folleto sobre a obra e vida de Díaz Castro e de escoitar a grabación musicada e cantada por Quenlla de Penélope, o poema máis famoso e dos máis traducidos do poeta lugués.
 
Fotocol do Grupo de teatro ÁRDORA
Logo do discurso de benvida da presidenta, onde resaltou o importante papel das veciñas e veciños como motores dinamizadores e orgullosos defensores da súa lingua no día e día das súas vidas, o público asistente tivo a oportunidade de disfrutar coa nova peza teatral do profesor Francisco Piñeiro, “Xustiza de Lei”, interpretada polo grupo de teatro Árdora, e cuxa actuación foi recibida con grande entusiasmou polo público asistente.
 
Rematado o teatro, o medio cento de convidados sumáronse ao Fotocol da campaña de fomento da lingua “Gustame o Galego” (desenvolta pola CTNL e gañadora do premio Xoán Manuel Pintos-2013) para  axudar a transmitir unha mensaxe positiva a prol do galego facendo visible o seu apoio individual e colectivo ao uso da lingua galega fotografándose con frases como “Gústame o galego ata no carné de identidade”, “Gústame que se faga xustiza co galego”, “que me digan qrt” m8 ;-), “ que me entren en galego ;-)”, “xogar en galego, etc. e que forman parte dos 30 lemas incluídos nesta campaña.
 
Fotocol dun grupo de asistentes á Festa das Letras2014

 

13 Mayo 2014

VII EDICIÓN DA FESTA DO MEDIO NATURAL DA FRAGA DAS SAÍMAS 2  

Carmiña e Paco alzáronse co premio do Iº Concurso de Baile Fraga das Saímas, na categoría de parellas, mentras na categoría individual o xurado calificador outorgoulle o premio á Lourdes Cobelo.
 
A  MAXIA  DO MAGO JOGE E A MÚSICA DE VIVARIUM CAUTIVARON AOS ASISTENTES Á VII FESTA DO MEDIO NATURAL ORGANIZADA POLO COLECTIVO “FRAGA DAS SAÍMAS”
 

 O sábado 26 de abril o Centro Socio-cultural de Santo André de Boimente acolleu a celebración da 7ª edición da Festa do Medio Natural organizada pola asociación de mulleres rurais “Fraga das Saímas.

As portas do Centro Socio-cultural de Santo André de Boimente abríronse ás 13.30 horas coa música de Vivarium, mentras as/os convidados ían chegando. Cando xa o salón de baile estaba ateigado de público a Presidenta do colectivo Fraga das Saímas aproveito para darlles a benvida a todos os presentes e agradeceu a boa acollida desta 7ª edición da Festa do Medio Natural coa que o colectivo de mulleres celebraba a chegada da estación primaveral. Durante o seu discurso animou aos presentes a gozar ao máximo deste evento e desvelou ao público que o colectivo Fraga das Saímas ía celebrar, durante a sesión de baile amenizada por Vivarium, o seu Iº Concurso de Baile e animou a participar a todas as/os amantes do baile neste concurso sorpresa que o colectivo xa viña deixando adiviñar en días pasados.
 
Logo do xantar servido polo Restaurante “O Val do Naseiro”, do que deron boa conta os máis de setenta socias, familiares e amigos, o colectivo de mulleres Fraga das Saímas propúxolles aos comensales disfrutar dun espectáculo de ilusionismo, maxia e humor co mago de referencia da Comarca da Mariña, o Mago JOGE, que logrou meterse no bolsillo a todo o público coa súa extraordinaria actuación de maxia, durante a cal fixo partícipe dos seus xogos de ilusionismo a todos os espectadores, logrando interactuar co público con grande éxito. 
 
Rematada a actuación do mago cervense Jorge Manchado, deu comezo a sesión de baile a cargo do grupo Vivarium e con el o Iº Concurso de Baile “Fraga das Saímas”, onde se apuntaron máis de 10 equipos para concursar na categoría de parellas e unhas 20 persoas  para concursar na categoría individual. Logo de bailar cinco estilos de música e dun reñido desempate o xurado calificador, (formado por Mario e Idoya do grupo Vivarium e Flor Chao en representación do colectivo Fraga das Saímas), acordou que o premio deste Iº concurso de baile, na categoría de parellas, fora para Carmiña e Paco e que o premio correspondente á categoría de baile individual fora para Lourdes Cobelo. Os premiados foron agasallados cun diploma e un premio en metálico de 40 € e 20 € respectivamente.
As portas do Centro socio-cultural de Santo André de Boimente pecháronse pasadas as 22.00 horas, logo dunha longa sesión de baile, onde tanto os participantes no concurso de baile coma a actuación musicial do grupo Vivarium foron moi aplaudidos e vitoreados.

13 Mayo 2014

FIN DE SEMANA EN CANTABRIA +  

A DIRECTIVA FRAGA DAS SAÍMAS ABRE O PRAZO PARA APUNTARSE Á VIAXE QUE ESTÁ A ORGANIZAR Á COMARCA DE CANTABRIA
 
As persoas que queiran viaxar coa Asociación Fraga das Saímas e Viajes Lucus a Cantabria para coñecer e gozar das súas fermosas paisaxes, monumentos e lugares de ocio poderán chamar á presidenta para reservar a súa praza. O prazo para inscribirse é ata o 25 de maio. Nos prezos van incluídos TODOS OS GASTOS (hotel, comidas, desprazamento e entradas a museos e viaxe en barco). As habitacións son dobres. A persoa que desexe unha individual terá que aboar un suplemento.
 

 

 Non te quedes sen praza e chámanos xa mesmo! Tfo de contacto: 669 250 948. Esperámosvos!

03 Mayo 2014

NUEVO CURSO DE ZUMBA +  

Síguenos en...

 Follow RuraisLAB on Twitter   

Inicio de sesión

RuraisLAB

Mulleres Rurais e desenvolvemento rural

RuraisLAB es un laboratorio ciudadano para la innovación social en el medio rural, basado en las necesidades e inquietudes de la mujer.

 

 

 

 

Mulleres Rurais e desenvolvemento rural

Mujer Rural

Mujer Rural y Desarrollo Rural

Agenda Digital Europea 20202

Agenda Digital Europea