RSS

conectadasomundo

23 Septiembre 2011

Representación teatral da Asoc. Mulleres Rurais "A RUBIDEIRA" +  

O pasado día 2 de septembro a asociación de Mulleres Rurais "A Rubidera" unha das 12 asociacions que pertecen a FEMURO na Comarca de Orcellón, representou no Casino do Carballiño "A segunda Xuventude" e "O regreso do Paulino". 

A asistencia de 170 persoas que puderon disfrutar dun rato de lecer e comprobar o traballo destas mulleres que escribiron, dirixiron e protagonizaron elas mesmas as obras teatrais.

Unha mostra das fotos:

http://youtu.be/5xL5OmIqqV0

23 Mayo 2011

I Andaina FEMURO-ACEGA +  

 Este pasado sábado día 21, tivo lugar unha andaina por terras da Comarca do Carballiño, no que se disfrutou da convivencia, a paixase e a cultura. 
A andaina de corto percorrido uns 6 kilómetros, nos levou dende Madarnas a Madanela, pasando polos Petroglifos de Cangues.
A convivencia de ACEGA e FEMURO, rixo a favorecer o entendemento entre os afectados celiacos e as familias.
Nesta I Andaina, se recibiron preto de 60 persoas que previamente se inscribiron, ben na Aula Conectad@s ó Mundo (FEMURO) ou a través da Asociación de celiacos de Ourense.
O Percorrido que se realizou se pode observar no plano: 

1904
Plano da andaina





I Andaina sen Gluten por terras da Comarca do Carballiño
Convivencia de ACEGA e FEMURO

09.30 h.- saída do Parque de San Lázaro Ourense 
10.15 h.- Estación de Tren do Carballiño
10.30 h.- Chegada a Madarnas (Benvida e reparto de viandas e detalles).
10:45 h. – Comezo da andaina . (Visita os petroglifos)



13:30 h. – Xantar de confraternidade na Madanela.
16.00 h. – Regreso



Co respeto que merece a natureza e dado o percorrido da andaina ACEGA e FEMURO comprometeronsea manter limpo o espazo natural empregado para o percorrido.
 

03 Mayo 2011

Recomendamos novo libro +  

1724
  Vamos a recomendar outro libro para a tempada: 

La Caída de los Gigantes.-

    É un libro de Kent Follett.

    Argumento:

    A evolución dos persoeiros a través da 1ª Guerra Mundial, a Revolución

    Rusa e as primeiras loitas polos dereitos da muller.

O libro forma parte dunha triloxía. É ameno e facíl de ler, pero ollo que pesa.....¡é un chisco gordiño!; igual a alguen se lle fai un pouco farragoso a parte das descripcións da situación política do momento en que se desenvolve.

 

Recomendado po: Mary

19 Abril 2011

Xornadas de desenvolvemento Rural (16/17 de Abril) 5  

 Os días 16 e 17 tiveron lugar na Residencia do Tempo libre as "Xornadas de Desenvolvemento Rural" organizadas por FEMURO, ( para que vos fagades un idea aquelas que non puidestes participar con nos, ou vos vexades aquelas que estivestes, un pequeno montaxe fotográfica

 

18 Abril 2011

REDES SOCIAIS (FAI UN BO USO) 2  

23 Febrero 2011

EL CORAZÓN HELADO 4  

926
Título: EL CORAZÓN HELADO

Autor: ALMUDENA GRANDES

Argumento: O día da sua morte, Julio Carrión, poderoso home de negocios cuia fortuna se remonta os anos do franquismo, deixa os seus fillos una boa herencia pero tamén muitas partes escuras no seu pasado e da expericia vivda na Guerra Civil e na División Azul. No seu enterro, en febreiro de 2005, o seu hillo Álvaro, o único que non se quixo adicar os negocios familiares, se sorprende poa presenza dunha muller xoven e atractiva, a que ninguen tiña visto antes.

Recomendación: É un libro que seguro que vos gusta, e logra que se deixe a un lado a televisión.
Alicia

3.857145
Su voto: Nada Nota media: 3.9 (7 votos)

20 Enero 2011

El capitán ala triste 4  

740
Fai moito que non recomendamos nada para ler. Que vos parece El capital Alatriste de Arturo Perez Reverte?

Vamos a tentar que está novela nos enrede na historia dun Madrid do século XVII. As aventuras dun espadachín a soldo, desventuras, loitas.....

2.25
Su voto: Nada Nota media: 2.3 (4 votos)

20 Enero 2011

AXUDA A MULLERES EMPRENDEDORAS 2  

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a convocatoria da Secretaría Xeral da Igualdade para a solicitude de subvencións para o apoio ao emprendemento feminino, o denominado programa Emega, para o ano 2011, que conta cun orzamento de 687.500 euros e esta cofinanciado polo Fondo Social Europeo.

As medidas de fomento ás iniciativas empresariais promovidas por mulleres e que pretenden a promoción do autoemprego constitúen actuacións eficaces para a xeración de emprego, repercutindo tamén na redución da taxa de paro feminino, que certamente segue sendo máis elevada que a dos homes, e favorecendo a desaparición das diferencias existentes aínda entre o número de emprendedores, moito máis elevado, e o de emprendedoras. Estas medidas, no contexto de crise económica actual, cobran especial relevancia, polo que resulta obrigado fomentalas por parte da administración en xeral e particularmente por parte dos departamentos responsables da igualdade entre mulleres e homes.

O programa Emega é un programa de estímulo ás mulleres emprendedoras, apoiándoas mediante a concesión dunha serie de axudas económicas para que se establezan como empresarias e deste xeito acaden a súa propia promoción e contribúan á creación de postos de traballo.

A Secretaría Xeral da Igualdade modificou a convocatoria este ano para adaptala ás necesidades especiais que a situación económica demanda.

As axudas convocadas están destinadas a apoiar o emprendemento feminino e a consolidación de proxectos empresariais liderados por mulleres como medio axeitado para a súa promoción, participación e progresión no mercado laboral, a través de dúas liñas de actuación. (Ir a enlace de IGUALDADE)mais información

18 Enero 2011

Conectadas o mundo Carballiño na prensa +  

18 Enero 2011

NOVA TEMPADA +  

 
O punto de encontro de FEMURO en Carballiño, e a Aula Conectad@s ó mundo, comeza hoxe día 10 de xaneiro a nova tempada formativa de alfabetización dixital. Os cursos son adaptados ás idades dos distintos usuarios/as dende os 5 anos en adiante, fomentando o desenvolvemento nas novas tecnoloxías, facilitando o manexo das mesmas, cunha mecánica formativa sinxela.
FEMURO manten sempre o contacto coas asociacions de mulleres do rural e tenta mellorar e levar a cabo os distintos programas de axuda en beneficio da población realizando un acercamento formativo, informativo e o asesoramento na creación de emprego, na orientación e busqueda do mesmo, na atención a persoas en risgo de exclusión social con cursos formativos que melloren a súa integración como o levado a cabo de preparación as competencias clave; no coidado e axuda a nais e pais de familias monoparentais, a nais xestantes ou lactantes....etc.
Na nova andaina do ano 2011, FEMURO vai a manter a súa premisa de mellora, recoñecemento, de desenvolvemento do medio rural da provincia, prestando a atención na súa sede de Verin e O Carballiño.
 

30 Diciembre 2010

BO NADAL E FELIZ 2011 +  

654
 Achégase un novo ano, no que dende FEMURO e a aula Conectad@s ó mundo, quero desexarvos o mellor para vos e os vosos. Un saúdo agarimoso e que se cumplan os vosos soños.

29 Diciembre 2010

REMATE DO CURSO FORMATIVO_PREPARATORIO DE COMPETENCIAS CLAVE +  

652
O pasado xoves, deu remate o curso organizado pola FEDERACIÓN PROVINCIAL DE MULLERES RURAIS DE OURENSE (FEMURO), Formativo-preparatorio para a obtención de competencias clave de Nivel II. O curso desenvolto en Carballiño formou nas competencias de: Lingua castelá Lingua Galega Matemáticas Tecnolóxia. As persoas asistentes o mesmo realizaran as probas os vindeiros días 14 e 15 de Xaneiro, no recinto feiral de Silleda.

10 Diciembre 2010

Grupo de mulleres en formación +  

25 Noviembre 2010

25 de Novembro (O Por? desta data) +  

 

 
Irmans MirabalDía Internacional contra a Violencia de Xénero 25 NOVembro

O 25 de novembro de 1960 apareceron os cadáveres de tres mulleres dominicanas,as irmans Mirabal (Patria, Minerva y María Teresa), que formaron parte do movemento de resistencia que rematou co asesinato de Rafael Leónidas Trujillo na República Dominicana.
Estas mulleres que foron secuestradas polo Servizo de Intelixencia Militar para ser asesinadas a garrotazos e estranguladas e os seus cadáveres lanzados o abismo. Este feito causou estupor no pobo dominicano e o rechazo da opinión pública internacional, algo que provocou a o acelere na la caída do dictador.
No primero encontro Feminista Latinoamericano e do Caribe, celebrado en Bogotá, en xullo de 1981, surde a proposta de facer do 25 de novembro un día de reflexión e denuncia contra as diferentes formas de violencia que sufren as mulleres.
Posteriormente, na Conferencia Internacional da Muller celebrada do 6 o 15 de Maio de 1987 en Taunus, República Federal Alemana, analizouse a situación das mulleres, verificándose a existencia de problemas que eran consecuencia de crisis económicas, políticas, ou ben resultado da militarización e da explotación.
As participantes acordaron declarar o 25 de Noviembre como Día contra a Violencia cara as Mulleres. En 1999, a ONU dalle carácter oficial a data.

 

19 Octubre 2010

AS MANS DO MEDO +  

346
"As mans do medo" 
Xosé Miranda.
É un libro de 12 relatos curtos, todos eles de medo.
Si vos gusta estar un pouquechiño en tensión.....jejeje ¡aproveitade e dadelle un mordisco o libro!.
Recomendación: Luma
0
Su voto: Nada