RSS

ledicia

05 Abril 2010

Curso de Manualidades 1  

Este ano, empezamos un Curso de Manualidades! Entre outras cousas, imos facer Cestaría, Macrame e varias formas de tecer.
De momento empezamos coa Cestaría, e gústanos moito!

 

 

 

 

 

                                        Idoia, a nosa profe!!

 

 

08 Febrero 2010

Historia da Asociación de Mulleres Rurais "LEDICIA" de Navia de Suarna +  

Nesta foto, algunhas das mulleres da Asociación, nunha reunión.

 

HISTORIA DA ASOCIACIÓN DE MULLERES RURAIS “LEDICIA” DE NAVIA DE SUARNA.
Hola compañeiras, esta entidade foi fundada hai catro anos por un grupo de mulleres cargadas de ilusión e de ganas por mellorar a calidade de vida, a través de actividades lúdicas e formativas, nun medio non moi propicio para elo, debido ó gran illamento das nosas aldeas e o enorme despoboamento que estamos a sufrir. Somos 40 socias. Poden parecervos moi poucas, pero dado que somos 6,6 hab./km2, non somos tan poucas. A maior parte dedicámonos á gandería. Un dos obxectivos principais desta entidade é manternos unidas e loitar polo que creemos, que non é máis que o noso rural. Do mesmo xeito, queremos avanzar, e isto conseguímolo a través das actividades que realizamos na asociación.
O primeiro que necesitabamos era un local noso, pois para aquel entón non tiñamos o apoio do Concello e sempre que nos xuntabamos era no local da oficina Agraria Comarcal, ¡¡¡Sempre lles estaremos agradecidas!!!  Puxémonos mans a obra e solicitamos á Consellería de Medio Rural o acondicionamento dunha antiga escola rural como local social e… ¡¡¡Desexo cumprido!!! Logo equipámola con todo o que nos facía falta. Despois xa todo foi facer cousas e con algunha delas eu síntome moi satisfeita, como un grupo de mulleres que organizamos para que sacaran o carné de conducir, que xa eran maiores e conseguírono todas. Un curso de pintura con diferentes técnicas no que había grandes talentos escondidos.
Logo fixemos cursos de cestería fina, manualidades téxtiles, técnicas de cociña, elaboración de conservas, informática, asistencia a domicilio, elaboración de cosméticos naturais, charlas sobre a saúde da muller, bailes de salón, micoloxía, e seguro que me esquezo de algún. Tamén fixemos algunha viaxe.
Agora mesmo temos previsto un de primeiros auxilios e un de manualidades téxtiles, que en parte xunto co de pintura son subvencionados polo Concello.

06 Noviembre 2009

Curso de pintura... que ben llo pasan! 1  

 Un ano máis estase a facer o curso de pintura ao óleo, carbón e lapis. Ás mulleres gústalles moito e xa é o terceiro ano.

 

 

Esperemos que estea moitos máis!!

    

06 Noviembre 2009

Unha actividade para estar en forma... ximnasia! 3  

 

E tamén nos poñemos en forma! É unha das actividades que se repite outro ano: a ximnasia! Iso é porqué gústanos estar ben por dentro e por fóra, e a saúde é importante. Sen contar o agradable e divertido que é!

 

05 Septiembre 2009

Rematou o curso de cosmética natural... 1  

 

 

Xa rematámolo curso de Elaboración de cosméticos naturais.

Fixemos xabóns, protector labial, crema hidratante...

Foi moi divertido, así que a próxima vez que o fagamos non dudedes en apuntarvos!

 

18 Mayo 2009

Cursiño de informática para as mulleres de Navia de Suarna 1  

O próximo mes de Xuño voltará o cursiño de iniciación á informática na sede da asociación.

Despois do éxito do que organizamos en Marzo decidimos voltar a poñelo en marcha; as que xa o fixestes podedes vir a practicar as que non, nin o dudedes!!

Coma sempre podedes chamar á asociación para máis información.

04 Mayo 2009

Esta semana imos a LUAR!!! +  

Recordade que este venres visitámolo Luar, o programa de Gayoso na TVG.

As que queirades apuntarvos chámade ó número da asociación

Esperamos as vosas chamadas!

01 Febrero 2009

Charla sobre a Saude da Muller 6  

O pasado mes de Outubro asistimos a unha charla sobre a Saúde da Muller.

Aprendimos moito, os controis anuais que debemos facer, como autoexplorarnos... Foi moi productiva, a verdade. Despois aproveitamos para ir a comer todas xuntas e disfrutar dun tempo para nos.

Síguenos en...

 Follow RuraisLAB on Twitter   

Inicio de sesión

RuraisLAB

Mulleres Rurais e desenvolvemento rural

RuraisLAB es un laboratorio ciudadano para la innovación social en el medio rural, basado en las necesidades e inquietudes de la mujer.

 

 

 

 

Mulleres Rurais e desenvolvemento rural

Mujer Rural

Mujer Rural y Desarrollo Rural

Agenda Digital Europea 20202

Agenda Digital Europea