valdalourinha's blog
Val da Louriña comeza as súas actividades
Con este caluroso verán a piques de rematar, a asociación Val da Louriña en Mos retoma a súa actividade. Esta mesma semana continuará o curso de informática que quedou iniciado antes do verán. Ademais, no mes de setembro que xa comeza, faremos unha viaxe á cidade de A Coruña, para visitar novamente o seu acuario, a torre de Hércules, subir no ascensor panorámico e facer unha visita panorámica da cidade, sen deixar atrás a fermosa Praza de MarÃa Pita.

Xa no mes de outubro, comezará un curso de pilates subvencionado polo concello, e darán comezo tamén as actividades e cursos permanentes: artesanÃa en coiro, labores, ximnasia, bolillos, sevillanas, teatro, pintura e manualidades..
- Add new comment
- 13 reads
Vacacións de verán na asociación Val da Louriña
Tradicionalmente, os meses de xullo e agosto son de descanso na asociación: os cursos paran ata outubro, e as excursións e visitas culturais tamén; son meses que a directiva aproveita para desconectar e descansar; son meses tamén de moito calor, que non son os mellores para facer excursións, sobre todo, porque as socias que participan nestas viaxes son maioritariamente de edades avanzadas. AÃnda asÃ, este mes de xullo realizaremos a visita organizada pola deputación, e visitaremos LalÃn, o museo etnográfico e a finca Mouriscade.
A continuación ofrecémosvos fotos da cea que cada ano celebramos coas socias e acompañantes que nos axudan no dÃa da Festa de empanada de millo, que tén lugar o primeiro domingo de xuño.



Cada edición da festa contamos coa imprescindible axuda dunhas vintecinco socias, sen as cales non poderiamos organizar esta festa gastronómica.
Esta semana, a modo de despedida durante o verán, as compoñentes da directiva nos xuntaremos para cear, e con toda seguridade falar dos próximos proxectos .
QUE TEÑADES TODAS AS MULLERES DE RURAISLAB UN BO VERÃN!!!!
- Add new comment
- 76 reads
Rastrillo benéfico na asociación Val da Louriña
Cada ano, a mediados de xuño, celebramos 
un rastrillo donde vendemos traballos
doados polas socias, feitos principalmente
nos distintos cursos da asociación. Traballos en coiro, como podedes ver á vosa dereita; panos e manteis bordados; pintura e manualidades; xarróns e centros con flores; licores e doces caseiros.



O sábado dÃa 19 e o domingo 20 de xuño
estamos na Casa restaurada do Mesón argentino, en Sanguiñeda, no Concello de Mos.
O diñeiro recadado este ano será entregado
a ASODIFISI (Asociación de diminuÃdos
fÃsicos e sÃquicos de Mos).


- Add new comment
- 43 reads
XV Festa da empanada de millo en Mos
Este pasado domingo, dÃa 6 de xuño, tivo lugar en Mos a XV edición da Festa da empanada de millo. Desde as 11h da mañá fóronse achegando ata a carpa instalada en Sanguiñeda grupos de persoas a degustar a tradicional empanada de millo e os seus variados recheos. Asi mesmo, as persoas participantes no concurso , tamén foron entregando as súas empanadas, algunhas delas cun gran traballo detrás pola presentación que ofrecÃan.
Aquà mostramos unha foto da gañadora do 1º premio á mellor presentación, merecedora como podedes comprobar.
Tamén houbo premios ao mellor sabor, e o 1º premio foi para unha clásica, a de bacallao con pasas. O segundo premio nesta categorÃa foi para unha empanada de chocos.
A charanga "Vaite xa" de Valadares, foi a encargada de amenizar a degustación das empanadas.
Como toda festa que se precie ten que ter un pregoeiro ou pregoeira que eloxie, neste caso, o produto obxecto da celebración, á organización, e todo o que se lle ocurra. Nós contamos cun pregoeiro de luxo, que, ademais entende moito de gastronomÃa, e que fixo dela a súa profesión: o restaurador mosense Esteban, dono do restaurante do mesmo nome. Baixo estas liñas, un momento do seu pregón.
Tal e como acontece cada ano, arredor das 14.30h xa vai de remate a empanada, e aÃnda que algúns chegan a esa hora na procura dalgún anaco da sabrosa empanada, teñen que agardar ata o vindeiro ano, e achegarse ata aquà un pouquiño antes.
Ofrécémosvos, xa para rematar, algunhas imaxes máis da festa, agardando que a compartades con nós nalgunha das vindeiras edicións.



- Add new comment
- 41 reads
XV FESTA DA EMPANADA DE MILLO
A asociación de MMRR Val da Louriña de Mos
organiza a XV edición da Festa da empanada de millo.
Esta festa está dentro das actividades que desde o
concello se levan a cabo para a festividade local,
a Festa da Rosa, polo que colaboran na preparación
desta festa gastronómica. O domingo dÃa 6 de xuño, na parroquia de Sanguiñeda, a carón de Queen, ás 12h do mediodÃa, podemos degustar a tradicional empanada de millo, con variados recheos. Con cada ración entregamos a bebida e unha taza conmemorativa da festa.
O pregoeiro deste ano será o cociñeiro mosense Esteban e a charanga "Vaite xa" de Valadares amenizará a degustación das empanadas. Haberá concurso de empanadas con premios ao mellor sabor, á mellor presentación e á máis grande.
Animádevos a participar con nós neste dÃa de festa degustando un tradicional prato da nosa gastronomÃa.
Agardámovos.
- Add new comment
- 55 reads
17 DE MAIO: DÃA DAS LETRAS GALEGAS
A asociación de MMRR Val da Louriña de Mos celebrou, como cada ano, a Festa das Letras Galegas, neste 17 de maio tan primaveral. Este ano é máis importante que nunca que as entidades que nos chamamos culturais o demostremos poñendo en valor a nosa caracterÃstica máis destacable, aquilo que máis nos define: o noso propio idioma .Con este obxectivo, celebramos este dÃa cunha programación variada e entretida.
O acto comezou coa actuación das cantareiras "Meigas fóra" da Asociación Tangaraño de Mos. A continuación, contamos coa escritora Elena Gallego, que fixo unha intervención moi didáctica e animada, e mantivo a atención das persoas asistentes. Na súa participación comezou suliñando a importancia da educación e da socialización dos nenos e nenas na nosa lingua .
Unha vez remarcado isto, pudemos coñecer un pouco máis da súa vida literaria, para rematar cunha presentación da súa primeira novela publicada "Dragal, a herdanza do dragón", primeira entrega da triloxÃa "Dragal, o último dragón galego". Esta obra foi finalista do IV Premio Caixa Galicia de Literatura xuvenil, e a autora quere encher ese oco baleiro na literatura fantástica galega.
Ao rematar esta intervención, foi o turno do alumnado do Colexio Mestre Valverde Mayo, que fixo unha escenificación da vida e obra de UxÃo Novoneyra, e, como sempre, espertaron o interese do público asistente.
Como fin de festa acompañounos o grupo de corda da Escola de Música de Mos que xa apunta maneiras nisto da música.
Para rematar esta tarde de celebración xuntos, compartimos unha merenda todas as persoas asistentes .
TODOS OS DÃAS DO ANO SON DÃAS DAS LETRAS GALEGAS!!!
- Add new comment
- 86 reads
Maio na Asociación Val da Louriña
AÃnda que continuamos coas nosas actividades permanentes (teatro, bolillos, pintura e manualidades, labores, ximnasia, sevillanas), a mediados de maio comezaremos os cursos subvencionados pola deputación: Iniciación á Informática e Tapas e canapés.
Celebraremos tamén o DÃa das Letras Galegas para facer una homenaxe a UxÃo Novoneyra, a cargo da escritora Elena Gallego, coa actuación das pandeireteiras de Tangaraño e un grupo de corda da Escola de música de Mos. Remataremos compartindo unha merendola con todas as persoas que asistan ao acto. Este ano ten especial importancia a celebración deste dÃa, polos continuos ataques que a nosa lingua está a sufrir desde as mesmas administracións que a deberÃan promover, tanto por ser o vehÃculo de comunicación máis noso como por ser unha parte importante do noso patrimonio.
Xa vos amosaremos fotos destas actividades.
- Add new comment
- 70 reads
Curso de dieta sá e equilibrada para a familia
Curso moi interesante impartido por unha nutricionista; este tipo de cursos sempre ten moi boa acollida na nosa asociación.
Na imaxe inferior a monitora vai analizando a composición dos produtos que aparecen enriba da mesa.
Este curso é subvencionado en parte polo concello.
- Add new comment
- 80 reads
Excursión de Val da Louriña a Santiago en imaxes
Algunhas persoas partiron camiñando desde o Monte do Gozo cara á Catedral, para asistir a unha misa e visitar a zona monumental da cidade compostelana
Outras persoas continuaron nos autobuses ata a Catedral.
Imaxe do grupo nas escalinatas da Praza de PraterÃas.
Tamén visitaron o Museo do Pobo Galego e o Panteón de Galegos ilustres.
Compoñentes da directiva na visita ao museo.
- Add new comment
- 95 reads
Val da Louriña de viaxe
- O pasado dÃa 28 de marzo, a asociación Val da Louriña organizou unha excursión a Santiago. Ãs 8h da mañá saÃron dous autobuses do concello de Mos cara ao Monte do Gozo, donde aquelas persoas que quixeron, partiron camiñando ata a Catedral para logo asistir a unha misa. Logo de xantar, visitaron o Museo do Pobo Galego e o Panteón de Galegos Ilustres, e fixeron un percorrido pola zona monumental de Santiago. Estes dÃas tamén iremos poñendo algunhas fotos desta viaxe.
- O vindeiro mes de maio, temos organizada outra viaxe; esta vez serán 4 dÃas visitando Madrid e Toledo. Entre as visitas previstas podemos citar: Valle dos CaÃdos, Mosteiro do Escorial, a zona antiga de Toledo, mezquita, sinagoga e catedral, ademais dunha visita panorámica da cidade de Madrid. Son viaxes para socias e homes acompañantes, e este sábado 10 de abril, no noso local, anotaremos a todas as persoas interesadas.
- Add new comment
- 52 reads
Cursos en marcha e outros a piques de comezar
O pasado mes de marzo puxéronse en marcha dous novos cursos na nosa asociación: un curso de teatro e outro de dieta sá e equilibrada para a familia. Estes cursos son subvencionados polo concello. A finais deste mes de abril, agardamos poder comezar un curso de tapas e canapés e outro de iniciación á informática, subvencionados pola deputación. Xa vos iremos mostrando fotos destas actividades
- Add new comment
- 75 reads
DÃA INTERNACIONAL DA MULLER
Que se celebre un dÃa internacional da muller en pleno século XXI é sÃntoma de que aÃnda segue habendo moito polo que loitar para chegar a unha igualdade real entre homes e mulleres. E se isto é ben certo na sociedade occidental ou moderna, qué podemos dicir doutras sociedades donde a muller segue a ser a criada, a esclava do home, donde é torturada e asesinada, donde ten que ir totalmente tapada, donde é mutilada porque non ten dereito a gozar dunha relación sexual, donde á abandoada cando nace porque prefiren ir na procura dun neno?
Queda moito que facer, empezando pola educación aos nenos e nenas en valores de igualdade e respecto: Para que os nenos de hoxe non sexan os inútiles de mañá que teñen que ser servidos; para que a desigualdade non leve a males maiores como a violencia doméstica.
Non cabe dúbida de que son necesarias polÃticas de igualdade, pero é imprescindible un cambio radical desa mentalidade de sentirse obrigada a ser a criada da casa, tanto para o home como para os fillos; de crerse insustituÃble nalgunhas tarefas. Se pensamos no que principalmente nos diferencia dos homes, en termos fÃsicos ou anatómicos, nos decatamos de que con esa parte do corpo non se realiza eses traballos considerados tradicionalmente femininos. Polo tanto, están en perfectas condicións de colaborar e compartir esas tarefas.
A paridade na composición do goberno, ou nun consello de administración dunha empresa ten moita importancia, porque é unha especie de modelo a seguir pola sociedade.
¡¡A SEGUIR LOITANDO POLA IGUALDADE MUNDIAL DAS MULLERES!!
- Add new comment
- 73 reads
Valdalouriña celebra o DÃa Internacional da Muller 1
A asociación MMRR Val da Louriña de Mos vén celebrando cada ano o DÃa Internacional da Muller. Desde a súa constitución alá polo ano 1996, a asociación fai un acto de recoñecemento a dúas mulleres traballadoras do noso concello, cada ano nunha parroquia: mulleres maiores cunha vida difÃcil, compaxinando o coidado da familia coas máis variadas profesións ( leiteiras, peixeiras, costureiras, mulleres que lavaban roupa para a xente rica dalquén momento, etc.). O acto consiste en facer unha lembranza da súa vida, destacando tanto aqueles momentos duros como aquelas historias que lles sucederon e foron motivo de ledicia e risa; intentamos que sintan que ese é o seu dÃa; entregámoslle uns ramos de flores e outros agasallos, presenciamos a actuación de grupos de baile, de cantareiras, ou de música sen máis; e rematamos compartindo unha merenda todas as persoas presentes no acto. Este ano celebraremos este acto o domingo 14 de marzo, na parroquia de Sanguiñeda, e xa vos daremos boa conta del neste espazo que compartimos. De momento achegámovos dúas imaxes do acto do pasado ano.
- 1 comment
- 73 reads
Val da Louriña prepara outra obra de teatro
O grupo de teatro da asociación Val da Louriña, "Mistura", naceu nun curso de teatro subvencionado polo concello no ano 2006. Monse, a monitora, conseguÃu que daquel curso saÃra primeira representación, unha adaptación da obra "Os cravos de prata", que foi estreada no local do Chan do Bosque a comezos do ano 2007. AÃnda que parte das súas compoñentes se foron do grupo, ao mesmo tempo, outras se foron incorporando.
O ano 2009 foi o máis produtivo para o grupo: Fixeron unha adaptación de "O enfermo imaxinario" que foi representada no Pazo de Mos; posteriormente levaron a obra por varios locais sociais do concello (Louredo, Cela, Herville, Peinador, Amieirolongo).


Agora xa están centrados no estudo dunha nova obra que nos ofrecerán ao longo deste 2010.

- Add new comment
- 80 reads
Solidariedade con HaitÃ
Haità é o paÃs máis pobre do continente americano, donde as tres cuartas partes da súa población vive na máis absoluta pobreza e dependen da agricultura e da pesca (o chamado sector primario). De aà sae a materia prima para a fabricación de productos. A predominancia deste sector ( que tamén inclúe minerÃa, ganderÃa,etc) é caracterÃstica de paÃses en desenvolvemento ou subdesenvolvidos, que fai que a miseria sexa o máis común na súa población.
Por outro lado, son paÃses explotados, tanto por grandes potencias, con EEUU á cabeza, como polo propio goberno, que acostuma a ser dictador e corrupto, explotando aos seus súbditos para amasar as súas fortunas mentres na rúa a xente vive na miseria.
Cando unha catástrofe natural como ésta sacude a un paÃs como HaitÃ, o que pasa é que arrasa todo, porque xa antes houbo unha sobreexplotación do terreno, unha destrución da superficie arbórea, unhas construcións carentes da mÃnima seguridade froito da pobreza, etc. Todo isto fai que un terremoto que en Europa ou EEUU non terÃa maiores consecuencias, en paÃses como Haità sexa unha traxedia.
Agora sólo queda que fagamos un esforzo por colaborar e presionar aos gobernos para que fagan o mesmo.
Desde a asociación Val da Louriña, ademais das colaboracións individuais de cada membro da directiva, decidÃuse facer unha achega económica como asociación a
- Add new comment
- 89 reads
Val da Louriña (Mos)
RuraisLAB
RuraisLAB es un laboratorio ciudadano para la innovación social en el medio rural, basado en las necesidades e inquietudes de la mujer.
RuraisLAB GALICIA miembro de la Red ENOLL
DÃa Internacional de la mujer en RuraisLAB
Acciones solidarias con HaitÃ
25 de Noviembre de 2009
DÃa internacional contra la violencia de género





