RSS

valdalourinha

26 Septiembre 2011

En outubro comezan os cursos en Val da Louriña +  

Debido ao escaso número de participantes para o curso de micoloxía, tivemos que cambialo por un de cociña.

 CURSO DE COCIÑA

 Curso de 20 hora subvencionado polo concello, que comezará o martes 11 de outubro. Se resides en Mos ou pertences a unha asociación do noso concello, aínda estás a tempo para anotarte.

 Ademais, tamén comezan os cursos permanentes : Repuxado en coiro, Pilates, Labores (é de balde), Ximnasia, Bolillos ( que inclúe ganchillo, macramé, vainica e filtiré), Lencería de fogar, Teatro, Pintura e manualidades (con nova monitora).

06 Septiembre 2011

Comeza o "curso" en Val da Louriña 4  

A asociación MMRR Val da Louriña de Mos comeza as súas actividades despois dun mes de agosto de vacacións.

2359
VIAXE A ASTURIAS: Cudillero, Ribadesella, Oviedo, Gijón, Potes, Fuente Dé.  Anotarse o sábado, 10 de setembro, pola tarde, no local .

CURSOS PERMANENTES

Pilates, Repuxado en coiro, Labores, Ximnasia, Encaixe de bolillos, Teatro, Pintura.

ACTUACIÓN DO GRUPO DE TEATRO

O grupo "Mistura", representará unha adaptación da obra "Maribel e a estrana familia", no Chan do Bosque (Sanguiñeda), o día 16 de setembro, ás 21.30h.

2363

 

 

 

 

 

CURSO DE MICOLOXÍA

Curso de 20 h subvencionado polo concello, que comezará no mes de outubro.

02 Agosto 2011

Vacacións en Val da Louriña +  

2250
A Directiva de Val da Louriña vai tomar este mes de agosto de vacacións no que respecta ás actividades da asociación. É tempo de desconectar un pouco da actividade do resto do ano: é tempo de descansar, de viaxar, de praia... cada quen elixirá o que máis lle agrade, ou aquilo que estea ao seu alcance, e fagamos o que fagamos durante o verán, chegaremos á nova temporada con máis enerxía e máis ganas de traballar.

 

Aproveitarei para presentarvos ás compoñentes actuais: De esquerda á dereita, sentadas, Julia (que se incorporou este ano), Conchi (que nos tivo abandonadas durante un tempo para ser mamá), Mª Carmen (vicesecretaria), Isabel (secretaria), Pilar (vicepresidenta), Flori (tesoureira desde o comezo da asociación); de pé, de esquerda á dereita, Mariví (presidenta), Mucha (vogal) e Alicia( que tamén se incorporou este ano).

Esta xuntanza marcou o inicio dun mes sen ningunha actividade; voltaremos a comezos de setembro cunha viaxe e as actividades cotiás.

Que teñades un bo verán!!!

30 Julio 2011

Excursión a Portugal 2  

Unha das últimas actividades da Asociación Val da Louriña, antes dunhas pequenas vacacións de verán, foi unha excursión a Portugal. Foi un percorrido por Amarante, Peñafiel e Caldas de Vizela. Máis de 100 socias e acompañantes compartiron un día de visitas e gastronomía. Nesta excursión a asociación subvencionou o transporte, axudada pola empresa que realizou a viaxe.

2236

 

 

 

 

 

 

 

2246

 

2238

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Entre as visitas realizadas están a Igrexa e o Convento de San Gonzalo, así como as fontes, en Amarante. Outra das visitas foi ao Parque das Termas, en Caldas de Vizela.

Xa estamos traballando na próxima viaxe, e poderiamos volver a Portugal, pero cunha estancia de varios días.

30 Junio 2011

O papel dos maiores na sociedade 1293  

Os nosos maiores teñen un papel moi activo na nosa sociedade: son "canguros" dos nosos fillos, cociñan para eles e tamén para nós, lévanos ao médico, e ata van ás xuntanzas das ANPAS nalgunha ocasión. Cando xa non poden facer estas tarefas, ou os nenos xa medraron, comezan a convertirse nun problema. Non somos quén de intentar facer por eles, un pouco si quera, do que eles fixeron por nós.

É verdade que a sociedade cambiou moito, que a vida de agora non se parece nada á que levaron eles ( nin no bo nin no malo); a sociedade actual aínda non está preparada para atender aos nosos maiores do mesmo xeito que atendemos aos nosos nenos. Desde a incorporación da muller ao mundo laboral sufrimos esa eiva na sociedade; ela coidaba dos pais, dos sogros e dalgún outro parente se era preciso. Todos podemos dispór dunha gardería para os cativos e así poder ir traballar tranquilamente, pero non dispomos de centros de día para os nosos maiores dependientes, e os poucos que hai son tan caros que non pode calquera persoa facerse cargo deste custo. Tampouco hai que esquecer que, ás veces, se converten nun simple negocio para especuladores sen escrúpulos, que os teñen nalgunhas residencias sen as mínimas garantías.

Os maiores son unha referencia para nós, son como libros cheos de experiencias, de moitos valores tan pouco cotizados hoxe en día, e, case sempre, dispostos a dar cariño ... eles que ás veces, tanto o necesitan.

19 Junio 2011

O Banco de alimentos de Vigo foi o destinatario do recadado no rastrillo benéfico 1  

O sábado 18 e  domingo 19 tivo lugar o rastrillo da Asociación Val da Louriña para recadar fondos para o Banco de alimentos de Vigo.  Ademais de recadar diñeiro pola venda dos traballos expostos, tamén recollemos alimentos. O representante desta fundación  recolleu, ao remate do domingo, tanto os alimentos como o importe recadado. Éstas son algunhas imaxes deste acto.

2166

2162
2156
2158
2160
2164

12 Junio 2011

Rastrillo benéfico para o Banco de Alimentos de Vigo 3  

2118

A asociación MMRR Val da Louriña de Mos celebra o vindeiro fin de semana, 18 e 19 de xuño, un rastrillo para recadar fondos para o Banco de alimentos de Vigo. Cada ano destinamos o importe recollido a unha asociación sen animo de lucro ou ONG; este ano consideramos que, dadas as dificultades económicas que moitas persoas están padecendo, axudar ao Banco de alimentos sería o máis axeitado. O horario de apertura será: o sábado , de 6 a 9h da noite; o domingo de 11 a 13h e de 6 a 9h da noite. O lugar, como cada ano, será a casa restaurada do Mesón Argentino, en Sanguiñeda, que amablemente nos cede para este fin.

Alí  exporánse e venderánse os traballos doados polas socias. Tamén se recollerán alimentos non perecedeiros, no caso de que algunha persoa desexe colaborar deste xeito. Achégate ata alí e colabora.

07 Junio 2011

Festa da empanada de millo en Mos +  

O domingo, día 5 de xuño, tivo lugar na parroquia de Sanguiñeda (Mos), a XVI edición desta festa gastronómica. A partir das 11h da mañá comezarou a achegarse o público a degustar a empanada, e desde un pouco antes, chegaron as primeiras empanadas para participar no concurso. Ás 12.30h Marta Quintana, cantante e arpista mosense, leu o pregón e ofreceunos algúns das súas cancións. Logo contamos co grupo de pandeiretas e gaitas Celado, de Cela, que amenizaron a degustación das empanadas. Para rematar houbo entrega de premios ás mellores empanadas, tanto de sabor como de presentación. Aquí vos deixamos algunhas imaxes da celebración.

2080
2082
2084

 

 

 

 

2086
2088
2090

 

31 Mayo 2011

XVI Edición da Festa da empanada de millo +  

2026

29 Mayo 2011

Pintura na Asociación Val da Louriña de Mos +  

O curso de pintura e debuxo artístico de 30horas, subvencionado pola deputación, xa vai chegando ao seu fin. Aquí vos ofrecemos en imaxes os traballos que estamos a facer.

1950
1942
1940
1932
1944
1948

1952
1938
1936
1934

 

 

 

 

 

 

 

 

21 Mayo 2011

Apuntamentos e imaxes da Charla sobre prevención do cancro 6  

Este xoves día 19 tivo lugar a charla sobre prevención do cancro que organizamos en colaboración coa Xunta local de Mos da Asociación contra o cancro. María de los Ángeles Pereira Roibal,  médica especialista da asociación, foi a encargada de expór polo miúdo tanto as causas como o que hai que ter en conta para previr o cancro.

O cancro é unha enfermidade caracterizada por unha división e un crecemento incontrolado das células, as cales teñen a capacidade de invadir o órgano donde nacen e logo moverse polo sangue a outro órgano e medrar alí.

1896
1898
1900

 

 

 

 

 

 

As causas da aparición do cancro son: a) Axentes externos nun 75% (tabaco; alcol; exposición excesiva ao sol e a produtos químicos,...); b) Mutacións xenéticas nun 20%; c)Predisposición xenética nun 5%.

1906
O Codigo Europeo contra o cancro establece as seguintes precaucións: Non fumar; evitar a obesidade; realizar actividade física diaria; consumir máis froita, verdura, hortalizas e menos grasas animais; evitar a exposición excesiva ao sol e a sustancias que poidan producir cancro; someterse a probas de detección; participar nos programas de vacinación.

 

08 Mayo 2011

Charla: "O cancro, a súa prevención e os coidados paliativos" 5  

1756
A Asociación MMRR Val da Louriña organiza, en colaboración coa Xunta local de Mos, da Asociación contra o cancro, unha charla sobre o cancro, a súa prevención e os coidados paliativos.

A charla terá lugar o xoves día 19 de maio, a partir das 19.30h, no Local social de O Piñeiro. Contaremos coa presenza de Mª de los Ángeles Pereira Roibal, médica especialista da asociación. Convén ter sempre presente que o cancro é unha enfermidade común, polo que temos que estar informadas.

01 Mayo 2011

"Maribel e a estraña familia" en imaxes +  

1678
1680
Maribel, as súas amigas e o administrador
O grupo de teatro "Mistura", da Asociación MMRR Val da Louriña de Mos, representou esta tarde, no Pazo de Mos, unha adaptación da obra "Maribel e a estraña familia", de Miguel Mihura. O auditorio do pazo estaba ateigado de público, que pasaron uns bos momentos coa obra.

Este grupo de teatro naceu no ano 2006, despois de levar a cabo na asociación un curso de teatro. Logo de varios meses de ensaios, naceu " Os cravos de prata", unha adaptación da obra de Nicolás Bela, estreada no local de Chan do Bosque, Amieirolongo.
No ano 2009, estrearon, tamén no Pazo de Mos, a adaptación da obra "O enfermo imaxinario" de Moliere.
O grupo está dirixido, desde os seus comezos, por Monserrat Pérez.
1682
Os compoñentes do grupo ao rematar a obra

 

1684
Monse, a directora do grupo, recibe un ramo de rosas

24 Abril 2011

Estrea da obra de teatro "Maribel e a estraña familia" 2  

1598
"Maribel e a estraña familia"

14 Marzo 2011

Recoñecemento a dúas mulleres do Concello de Mos 11  

1186

Val da Louriña celebrou o Dia Internacional da Muller o pasado sábado día 12. O acto de recoñecemento a dúas mulleres do noso concello tivo lugar no Centro Cultural de Torroso. María Carrera, Presidenta de ASODIFISI,  e María Morgadas, ex Presidenta de AECC en Mos, foron

as persoas ás que se dedicou este día. Estas mulleres representan a outras tantas merecedoras tamén de recoñecemento, por unha vida de loita constante tanto no ámbito familiar como no social.

O acto foi amenizado polos pandeireteiros "Os Tangaraños" e pola Banda de música de Torroso (BOSSEM). Houbo entrega de agasallos, logo dalgunhas referencias ás súas vidas, feitas tanto por elas, como por familiares que quixeron participar.

Ao remate, todas as persoas asitentes ao acto compartimos unha merenda.

 

Síguenos en...

 Follow RuraisLAB on Twitter   

Inicio de sesión

RuraisLAB

Mulleres Rurais e desenvolvemento rural

RuraisLAB es un laboratorio ciudadano para la innovación social en el medio rural, basado en las necesidades e inquietudes de la mujer.

 

 

 

 

Mulleres Rurais e desenvolvemento rural

Mujer Rural

Mujer Rural y Desarrollo Rural

Agenda Digital Europea 20202

Agenda Digital Europea

CONTACTA CON NOS