21 Julio 2014

CLAUSURA CURSOS DO PROGRAMA SOCIO-FORMATIVO 2013-2014 "FRAGA DAS SAÍMAS" O COLECTIVO DE MULLERES “FRAGA DAS SAÍMAS” CLAUSURA +  

O COLECTIVO DE MULLERES “FRAGA DAS SAÍMAS” CLAUSURA NA CASA FANEGO A SÉTIMA EDICIÓN DO SEU PROGRAMA DE ACTIVIDADES SOCIO-FORMATIVAS ( 2013-2014)
 
O colectivo de mulleres “Fraga das Saímas” ven de celebrar, un ano máis, a clausura dos cursos 2013-2014 do seu Programa de actividades Socio-Formativas.

Vintesete alumnas do Programa formativo 2013-2014 da Fraga das Saímas desprazáronse ata municipio do Vicedo para festexar a clausura dos cursos organizados polo colectivo de mulleres de Sto. André de Boimente .
 
Entre os cursos desenvolvidos durante a 7º edición do Programa formativo “Fraga das Saímas” cabe destacar dúas edicións de informática e internet (unha 1ª edición para iniciados e 2º curso avanzado), ambos impartidos pola técnica especialista en informática de xestión, Natalia González. Tamén cabe recordar a posta en marcha das Iªs xornadas de Talasoterapia realizadas no Talaso do complexo das Sirenas, así como as Xornadas de Introdución á Poda e as Xornadas Micolóxicas impartidas por A Estruga, Espazo Agroecolóxico. Asimesmo, esta edición volveu contar cun taller de manualidades, cuxas alumnas continuan demostrando, man da súa monitora Mercedes, o seu lado máis creativo.
 
As alumnas disfrutaron dun tradicional xantar na Casa Fanego, na que degustaron de exquisitos entremeses, paella de marisco, postres caseiros, cafés e chupitos.
 
Logo de pasear e compartir tempo de anécdotas e divertimento, as comensais puxeron o broche de ouro á xornada cantando e bailando ao ritmo das máis cantareiras.
 
Antes de dar por rematada a celebración a Presidenta da asociación, Flor Chao, aproveitou para expresar a satisfación da Directiva pola boa acollida que tiveron todos os cursos desenvoltos na edición 2013-2014 e agradeceu a todas as alumnas a súa participación e contribución ao éxito do Programa anual Socio-Formativo da Fraga das Saímas. Durante o seu discurso de clausura animou e convidou a participar a todas as presentes na celebración do Día da Socia, sábado 2 de agosto, porque como dixo a máxima responsable desta entidade “Fraga das Saímas non pecha nin en época de vacacións”. Durante esta celebración que se desenvolverá, un ano máis, no refuxio do Curro do Candaoso contarán coa actuación do grupo Nova Semente de Celeiro, financiado polo programa da Área de Cultura da Deputación de Lugo Musiqueando pola provincia de Lugo. E xa a tardiña todos os asistentes a esta celebración gozarán do espectáculo de circo Casal em risco da compañía Asacocirco.

21 Julio 2014

DÍA DA SOCIA 2014 +  

"FRAGA DAS SAÍMAS" ABRE O PRAZO PARA PARTICIPAR NA CELEBRACIÓN DO DÍA DA SOCIA-2014
 
A asociación de Mulleres Rurais Fraga das Saímas está preparando,  un ano máis, a celebración “Día da Socia-2014” cunha xornada lúdica na explanada do Curro do Candaoso, onde as socias, familiares e convidados gozarán da música do grupo de gaitas e baile de Celeiro NOVA SEMENTE, financiado pola área de cultura da Deputación de Lugo dentro do proxecto "musiqueando pola provincia de Lugo". Logo dun xantar ao ar libre, os asistentes terán a oportunidade de disfrutrar do espectáculo de circo "Casal em Risco" da compañía Asacocirco. Os máis andaríns tamén poderán aproveitar o día para facer algún dos múltiples roteiros a pé que hai polos Montes do Buio e a Fraga das Saímas. E quen sabe que outras sorpresas máis nos poden preparar as organizadoras.
 
As persoas que desexen colaborar coa organización serán moi ben acollidas, porque toda axuda é pouco e sempre se agradece o voluntarismo das nosas socias, amigas e amigos. 
 
Se queres diversión e moita alegría na túa vida reserva o SÁBADO 2 DE XULLO na túa axenda de festexos importantes e non esperes máis. APÚNTATE XA! 

Ao obxecto de poder facer unha previsión de asistentes ao xantar que imos preparar para esta celebración rogámosvos que vos anotedes antes do 28 de xullo.
 
Para anotarvos podedes chamar aos teléfonos 669250948 (Flor),
(610007746 (Gloria) ou ao correo electrónico fragadassaimas@gmail.com ou deixarnos unha mensaxe no facebook da asociación.

11 Julio 2014

Teatro en homenaxe a Carlitos +  

10 Julio 2014

XUNTANZA A PÓVOA DE VARZIM +  

10 Junio 2014

VIAXE A TERRAS CÁNTABRAS +  

A CUEVA DEL SOPLAO E A PENÍNSULA DA MAGDALENA, ENTRE OS DESTINOS TURÍSTICOS ELEXIDOS POLO COLECTIVO FRAGA DAS SAÍMAS DURANTE A SÚA VISITA A TERRAS CÁNTABRAS.

Máis de medio cento de persoas veñen de gozar coa asociación Fraga das Saímas  dunha fin de semana de ocio, tempo libre e cultura por terras cántabras organizada polo colectivo feminino en colaboración con viaxes Lucus.

O pasado sábado, 7 de xuño, o colectivo de San Andrés de Boimente partiu cara a terras cántabras, acompañado dun nutrido grupo amantes da aventura. Logo dunha  parada en Cudillero, na que os viaxeiras/os pasearon e disfrutaron da beleza desta pequena vila mariñeira, a expedición desembarcou en Santillana del Mar para visitar o Museo Nacional de Altamira, Centro para a conservación, investigación e difusión da Cueva de Altamira, onde tamén tiveron ocasión de coñecer a exposición permanente “Los tiempos de Altamira” e a Neocueva, unha réplica artificial case perfecta das covas orixinais. Xa pola tarde, arribaron en Santander, onde gozaron dunha visita panorámica guiada pola cidade e unha ruta a pé polo centro,  achegándose ao interior das dúas igrexas que conforman a singular  Catedral da Nosa Señora da Asunción. Logo deste recorrido polo casco da cidade os excursionistas desprazáronse ata a Península da Magdalena para disfrutar da beleza da súa contorna, do Real Pazo da Magdalena (monumento declarado monumento histórico-artístico no 1982) e dos pingüíns, focas, leóns mariños e patos que alberga o mini ZOO. O grupo clausurou este intenso e apaixoante día disfrutando dunha espléndida cea servida no hotel Viadero e paseando pola encantadora vila de Noja.

O Domingo a mañá, o grupo trasladouse á vila mariñeira de Santoña, onde coñeceron de primeira man o proceso de limpeza, envasado e comercialización das famosas anchoas durante a visita a unha das súas fábricas conserveiras tradicionais de anchoas. A mediodía e cun clima inmellorable o grupo embarcou no Villa-Fuica para disfrutar durante unha hora da ruta 3 mares. Marismas, Bahía e Acantilados. Antes de abandoar esta vila de profunda vocación mariñeira, o grupo tivo ocasión de falar co activista francés pola paz, Joel Butón, o cal recordaba con cariño o seu paso por Viveiro. Joel leva máis de 14 anos viaxando por todo o continente europeo reclamando a eliminación das minas antipersoas.

Logo do xantar o grupo colleu rumbo a Rionansa para adentrarse na Cueva de El Soplao ou tamén coñecida como a Capilla Sixtina da xeoloxía, un excepcional patrimonio de arqueoloxía mineira de algo máis de 30 kms. de galería, planos inclinados ou castilletes e onde o grupo de aventureiras/os tiveron unha oportunidade única para admirar a abundante e complexa diversidade de formacións excéntricas que atesoura esta cavidade.

Xa de camiño a casa, e antes de despedir ao grupo, a Presidenta da asociación Fraga das Saímas deilles as grazas por acompañar nesta aventura cántabra ao colectivo feminino e a súa confianza amosada na entidade de San Andrés, e prometeu que o colectivo intentaría seguir  programando novas viaxes e sorpresas “para todos aqueles e aquelas que gocen acompañándonos na nosa andaina viaxeira”. 

13 Mayo 2014

FESTA DA LINGUA GALEGA. EDICIÓN 2014 +  

MEDIO CENTO DE SOCIAS E VECIÑOS CELEBRARON A FESTA DAS LETRAS GALEGAS, CO COLECTIVO FRAGA DAS SAÍMAS, GOZANDO DO TEATRO DE “ÁRDORA” E O FOTOCOL DE “GÚSTAME O GALEGO”
  
O colectivo Fraga das Saímas ven de celebrar, no Centro Socio-Cultural de Sto. André de Boimente, a súa Festa das Letras Galegas 2014 a pasada tarde-noite do sábado, 10 de maio, e cuxo Día das Letras se lle adica este ano ao poeta dos Vilares de Parga,  X. M. Díaz Castro.
 
 Os actos de homenaxe ás Letras Galegas e á nosa lingua deron comezo ás 18.00 horas coa benvida da presidenta, Flor Chao, previo reparto entre os asistentes dun folleto sobre a obra e vida de Díaz Castro e de escoitar a grabación musicada e cantada por Quenlla de Penélope, o poema máis famoso e dos máis traducidos do poeta lugués.
 
Fotocol do Grupo de teatro ÁRDORA
Logo do discurso de benvida da presidenta, onde resaltou o importante papel das veciñas e veciños como motores dinamizadores e orgullosos defensores da súa lingua no día e día das súas vidas, o público asistente tivo a oportunidade de disfrutar coa nova peza teatral do profesor Francisco Piñeiro, “Xustiza de Lei”, interpretada polo grupo de teatro Árdora, e cuxa actuación foi recibida con grande entusiasmou polo público asistente.
 
Rematado o teatro, o medio cento de convidados sumáronse ao Fotocol da campaña de fomento da lingua “Gustame o Galego” (desenvolta pola CTNL e gañadora do premio Xoán Manuel Pintos-2013) para  axudar a transmitir unha mensaxe positiva a prol do galego facendo visible o seu apoio individual e colectivo ao uso da lingua galega fotografándose con frases como “Gústame o galego ata no carné de identidade”, “Gústame que se faga xustiza co galego”, “que me digan qrt” m8 ;-), “ que me entren en galego ;-)”, “xogar en galego, etc. e que forman parte dos 30 lemas incluídos nesta campaña.
 
Fotocol dun grupo de asistentes á Festa das Letras2014

13 Mayo 2014

VII EDICIÓN DA FESTA DO MEDIO NATURAL DA FRAGA DAS SAÍMAS +  

Carmiña e Paco alzáronse co premio do Iº Concurso de Baile Fraga das Saímas, na categoría de parellas, mentras na categoría individual o xurado calificador outorgoulle o premio á Lourdes Cobelo.
 
A  MAXIA  DO MAGO JOGE E A MÚSICA DE VIVARIUM CAUTIVARON AOS ASISTENTES Á VII FESTA DO MEDIO NATURAL ORGANIZADA POLO COLECTIVO “FRAGA DAS SAÍMAS”
 
 O sábado 26 de abril o Centro Socio-cultural de Santo André de Boimente acolleu a celebración da 7ª edición da Festa do Medio Natural organizada pola asociación de mulleres rurais “Fraga das Saímas.

As portas do Centro Socio-cultural de Santo André de Boimente abríronse ás 13.30 horas coa música de Vivarium, mentras as/os convidados ían chegando. Cando xa o salón de baile estaba ateigado de público a Presidenta do colectivo Fraga das Saímas aproveito para darlles a benvida a todos os presentes e agradeceu a boa acollida desta 7ª edición da Festa do Medio Natural coa que o colectivo de mulleres celebraba a chegada da estación primaveral. Durante o seu discurso animou aos presentes a gozar ao máximo deste evento e desvelou ao público que o colectivo Fraga das Saímas ía celebrar, durante a sesión de baile amenizada por Vivarium, o seu Iº Concurso de Baile e animou a participar a todas as/os amantes do baile neste concurso sorpresa que o colectivo xa viña deixando adiviñar en días pasados.
 
Logo do xantar servido polo Restaurante “O Val do Naseiro”, do que deron boa conta os máis de setenta socias, familiares e amigos, o colectivo de mulleres Fraga das Saímas propúxolles aos comensales disfrutar dun espectáculo de ilusionismo, maxia e humor co mago de referencia da Comarca da Mariña, o Mago JOGE, que logrou meterse no bolsillo a todo o público coa súa extraordinaria actuación de maxia, durante a cal fixo partícipe dos seus xogos de ilusionismo a todos os espectadores, logrando interactuar co público con grande éxito. 
 
Rematada a actuación do mago cervense Jorge Manchado, deu comezo a sesión de baile a cargo do grupo Vivarium e con el o Iº Concurso de Baile “Fraga das Saímas”, onde se apuntaron máis de 10 equipos para concursar na categoría de parellas e unhas 20 persoas  para concursar na categoría individual. Logo de bailar cinco estilos de música e dun reñido desempate o xurado calificador, (formado por Mario e Idoya do grupo Vivarium e Flor Chao en representación do colectivo Fraga das Saímas), acordou que o premio deste Iº concurso de baile, na categoría de parellas, fora para Carmiña e Paco e que o premio correspondente á categoría de baile individual fora para Lourdes Cobelo. Os premiados foron agasallados cun diploma e un premio en metálico de 40 € e 20 € respectivamente.
As portas do Centro socio-cultural de Santo André de Boimente pecháronse pasadas as 22.00 horas, logo dunha longa sesión de baile, onde tanto os participantes no concurso de baile coma a actuación musicial do grupo Vivarium foron moi aplaudidos e vitoreados.

13 Mayo 2014

FIN DE SEMANA EN CANTABRIA +  

A DIRECTIVA FRAGA DAS SAÍMAS ABRE O PRAZO PARA APUNTARSE Á VIAXE QUE ESTÁ A ORGANIZAR Á COMARCA DE CANTABRIA
 
As persoas que queiran viaxar coa Asociación Fraga das Saímas e Viajes Lucus a Cantabria para coñecer e gozar das súas fermosas paisaxes, monumentos e lugares de ocio poderán chamar á presidenta para reservar a súa praza. O prazo para inscribirse é ata o 25 de maio. Nos prezos van incluídos TODOS OS GASTOS (hotel, comidas, desprazamento e entradas a museos e viaxe en barco). As habitacións son dobres. A persoa que desexe unha individual terá que aboar un suplemento.
 
 Non te quedes sen praza e chámanos xa mesmo! Tfo de contacto: 669 250 948. Esperámosvos!

03 Mayo 2014

NUEVO CURSO DE ZUMBA +  

Síguenos en...

 Follow RuraisLAB on Twitter   

Inicio de sesión

RuraisLAB

Mulleres Rurais e desenvolvemento rural

RuraisLAB es un laboratorio ciudadano para la innovación social en el medio rural, basado en las necesidades e inquietudes de la mujer.

Mulleres Rurais e desenvolvemento rural

Mujer Rural

Mujer Rural y Desarrollo Rural

Agenda Digital Europea 20202

Agenda Digital Europea