Celebración do Día da Muller Rural

18 Octubre 2011

 

Día da Muller Rural en Allariz
 

Celebrouse en Allariz o Día da Muller Rural


 
A Asociación de Mulleres Rurais “Silvardeira” organizou este ano, xunto co Concello de Allariz, o acto de celebración do “Día Muller Rural”. Nesta ocasión, máis de 400 mulleres de todas as comarcas da provincia de Ourense, pertencentes a distintas Asociacións de Mulleres Rurais e integradas na Federación Provincial de Mulleres Rurais de Ourense (FEMURO), visitaron a localidade de Allariz o sábado 8 de outubro, con motivo da conmemoración desta data. 

As actividades comezaron ás 11:00 h. coa chegada das Asociacións ao Campo da Barreira, tras a recepción visitarán o pobo de Allariz guiadas polas socias da “Silvardeira” e acudiron ao Festival Internacional de Xardins 2011. A continuación tivo lugar unha comida de confraternidade no restaurante do Fogar do Maior, comida que estivo amenizada polas actuacións do Coro de Mulleres de Allariz e un grupo de gaiteiros. No acto tamén estiveron presentes o alcalde de Allariz, a presidenta de Femuro e a presidenta da Asociación de Mulleres Rurais “Silvardeira”. 

O “Día da Muller Rural” conmemora a loita da muller pola súa participación na sociedade en todos os ámbitos, pretende facer visible o papel das mulleres rurais no desenvolvemento económico e social do medio rural así como na promoción da igualdade de oportunidades. A escasa valorización da súa contribución o desenvolvemento dos nosos pobos é a principal fonte de discriminación que sufren as mulleres que pertencen o medio rural, por iso trátase tamén de recordarlle os gobernos que a necesidade de políticas públicas encamiñadas a potenciar e visibilizar as súas capacidades, e hoxe unha obriga mundialmente recoñecida. 

Tamén un  dos obxectivo é visivilizar o medio rural a través da visita de todas as participantes o pobo de Allariz, coñecendo de primeira mao, das mulleres que alí viven, a beleza que ten o rural e as inciativas que levan a cabo

Síguenos en...

 Follow RuraisLAB on Twitter   

Inicio de sesión

RuraisLAB

Mulleres Rurais e desenvolvemento rural

RuraisLAB es un laboratorio ciudadano para la innovación social en el medio rural, basado en las necesidades e inquietudes de la mujer.

 

 

 

 

Mulleres Rurais e desenvolvemento rural

Mujer Rural

Mujer Rural y Desarrollo Rural

Agenda Digital Europea 20202

Agenda Digital Europea