CELEBRACIÓN EXITOSA DA VIª EDICIÓN DO DÍA DA SOCIA "FRAGA DAS SAÍMAS"

23 Septiembre 2014

A participación da veciñanza na VIª Edición do Día da Socia “Fraga das Saímas” superou todas as previsións da Directiva que non puido atender as peticións de última hora.
MÚSICA E MALABARISMO CON “NOVA SEMENTEIRA” E “ASACOCIRCO” NA EXITOSA CELEBRACIÓN DO “DÍA DA SOCIA” ORGANIZADA POLO COLECTIVO FRAGA DAS SAÍMAS.
 
A Directiva da Asociación Fraga das Saímas ven


de organizar este sábado, 2 de agosto, a VIª Edición da Sardiñada do Candaoso con motivo da celebración do Día da Socia-2014.
O colectivo Fraga das Saímas elixiu por sexto ano consecutivo a explanada do curro do Candaoso como o lugar ideal para gozar dunha xornada de convivencia cos seus familiares e amigos.
A preparación da rica sardiñada con cachelos, acompañada de lacón asado, empanadas e chourizos correu a cargo das membros da Directiva acompañadas das súas inestimables e voluntariosas/os socias e amigos que comezaron a preparar esta xornada gastronómica a partires das 12.00 horas. Este gran equipo de voluntarios (Paco, ao fronte das barbacoas, Carmiña, Merche, Inés, Gelines, Suso, Camilo, Salva, Josefina, Fina...) fixo posible que un ano máis a Sardiñada do Candaoso fora un éxito e que o cento de socias, familiares e convidados asistentes á celebración do Día da Socia da Fraga das Saímas gozaran degustando un suculento xantar en compañía dos seus achegadados e veciños.
 
Mentras os voluntarios preparaban todo para recibir aos máis de cen invitados, o grupo de gaitas de Nova Semente, tocaron un amplo abano pezas musicais tradicionais ao tempo que ían chegando as socias e amigos. Os asistentes disfrutaron da actuación do grupo viveirense ao longo de dúas horas.
 
Logo do xantar os convidados tiveron ocasión de ver o espectáculo circense da compañía pontevedresa Asacocirco que durante unha hora fixo as delicias dos máis pequenos e non tan pequenos con sorprendentes malabares e o seu espectáculo “Casal en Risco”.
 
 
Rematado este espectáculo a Directiva convidou aos asistentes a participar nos xogos de mesa e na búsqueda dun tesouro, onde o equipo gañador de Inés Martínez obtivo como premio a participación no roteiro cultural “Turisteando por Terras Lucenses” proxectado polo colectivo “Fraga das Saímas” para o mes de setembro.
 
Pasadas as 20.30 h. da tarde as socias e convidados comezaron a retirarse, non sen antes anotarse xa máis de 28 persoas para participar no roteiro cultural “Turisteando por Terras Lucenses”.

Síguenos en...

 Follow RuraisLAB on Twitter   

Inicio de sesión

RuraisLAB

Mulleres Rurais e desenvolvemento rural

RuraisLAB es un laboratorio ciudadano para la innovación social en el medio rural, basado en las necesidades e inquietudes de la mujer.

 

 

 

 

Mulleres Rurais e desenvolvemento rural

Mujer Rural

Mujer Rural y Desarrollo Rural

Agenda Digital Europea 20202

Agenda Digital Europea