CLAUSURA DA EXPERIENCIA PILOTO DE FABRICACIÓN DE ABONO NATURAL

02 Octubre 2013

CLAUSURA DA EXPERIENCIA PILOTO DE FABRICACIÓN DE ABONO NATURAL, A TRAVÉS DA COMPOSTAXE CASEIRA, POSTA EN MARCHA NO MES DE FEBREIRO POLA ASOCIACIÓN FRAGA DAS SAÍMAS
 
O Centro Socio Cultural de Santo André de Boimente acolleu esta fin de semana ás participantes no proxecto experimental do colectivo Fraga das Saímas “Compostaxe Caseira”. Este encontro tivo lugar co fin de desenvolver a IIIª e última Fase deste proxecto de sensibilización e concienciación medioambiental posto a andar pola asociación de mulleres no mês de febreiro.
Esta última fase deu comezo ás cinco da tarde cunha charla da Coordinadora de Programas de Compostaxe de Adega, María Rguez Lafuente, sobre “como diminuir o arsenal químico das nosas vidas”. O obxectivo desta charla era nin máis nin menos que  as presentes tomaran conciencia da multitude de produtos de alta toxicidade que se empregan nos fogares modernos e a grande cantidade de residuos que xeran a súa fabricación e embalaxe. Lafuente recalcou que o perigo non só está ter nos fogares este auténtico arsenal químico senón tamén en que estes produtos rematan nos sumidoiros das casas e nas estacións depuradoras, que non poden tratalos, e polo que rematan entrando directamente no ciclo da auga, co consecuente prexuízo para a saúde de todas e todos.  
Logo dunha hora de debate e de práctica impartida sobre as múltiples fórmulas caseiras para facer limpadores ecolóxicos para o fogar ( para os fornos, para a colada, insecticidas, para o distinxido das prendas, para a colada, para as manchas, para a limpeza de mobles....) e unha vez elaborado, por parte de todas as alumnas,  un Ecolimpo para a limpeza dos chans e os cristais, as participantes acompañadas pola monitora comezaron a visita dos composteiros obxecto de seguimento polo composteiro artesanal e comunal, sito ao pé do Centro Socio-Cultural de Santo André de Boimente.
 
Tra-las visitas aos composteiros ubicados nas parroquias de Santo André de Boimente, Chavín e Vieiro, a Técnica Lafuente deulles as últimas indicacións ás usuarias dos composteiros para a correcta extracción do abono orgánico obtido e procedeu á entrega de diplomas de “Mestras Composteiras”. Durante o acto de clausura Lafuente aproveitou para felicitar a todas as participantes no programa de compostaxe e á Asociación Fraga das Saímas pola súa clara e constante aposta por iniciativas de sensibilización e concienciación medioambiental. A presidenta pechou o acto agradecendo a implicación das alumnas neste proxecto e asegurou que o colectivo Fraga das Saímas “...seguiría a traballar pola mellora do Medio Natural, o uso racional dos seus recursos e a aposta por un rural vivo respectuoso e comprometido coa natureza...”
 
 

Síguenos en...

 Follow RuraisLAB on Twitter   

Inicio de sesión

RuraisLAB

Mulleres Rurais e desenvolvemento rural

RuraisLAB es un laboratorio ciudadano para la innovación social en el medio rural, basado en las necesidades e inquietudes de la mujer.

 

 

 

 

Mulleres Rurais e desenvolvemento rural

Mujer Rural

Mujer Rural y Desarrollo Rural

Agenda Digital Europea 20202

Agenda Digital Europea