FALLO DO CONCURSO DE FOTOGRAFÍA "imaxesRAPAcandaoso2013"

16 Septiembre 2013

A OBRA A LOITA”, DO SARRIANO JOSÉ  REGUEIRO  GARCÍA,  FOI A GAÑADORA INDISCUTIBLE DO PRIMEIRO PREMIO DO CONCURSO DE FOTOGRAFÍA “imaxesRAPAcandaoso2013”, ORGANIZADO POLA ASOCIACIÓN DE MULLERES RURAIS “FRAGA DAS SAÍMAS”
 
O xurado do Concurso de Fotografía “imaxesRAPAcandaoso2013” que o colectivo de mulleres “Fraga das Saímas” convocara con motivo da celebración da “45ª Edición  Rapa das Bestas do Curro do Candaoso” , reuníuse no Centro Socio-Cultural De Santo André de Boimente este sábado para valorar os 22 traballos presentados por 11 fotógrafos/as que se atreveron a plasmar coas súas cámaras, a través da súa creatividade,  a beleza e os valores culturais, etnográficos e paisaxísticos que se desprenderon na celebración desta festa ancestral de maior arraigo do concello de Viveiro.
 
O xurado calificador estivo composto polas seguintes persoas:
- Flor Chao, Presidenta do colectivo Fraga das Saímas
- Óliver, profesional da Fotografía e propietario da empresa Foto Óliver, empresa con máis de 30 anos de experiencia no sector da Fotografia Profesional e de Aficionado.
- Josefina Casas, propietaria de tenda especializada en material de belas artes (CATÁ)

- David Rodriguez Casas, artista viveirense, graduado en Belas Artes e autor de numerosas obras premiadas en diferentes certames de Artes Plásticas e concursos fotográficos e de pintura.

 
- Xuxa e Adelina, vogais do colectivo Fraga das Saímas
Actuou como secretaria do xurado, con voz pero sen voto, Gloria R. LL.  secretaria da
Asociación de Mulleres Rurais Fraga das Saímas.
Dos 22 traballos, o xurado acordou descalificar dúas obras por non adecuarse ás bases do concurso e logo do estudo das restantes obras o xurado preseleccionou os 15 mellores traballos presentados ao concurso, co obxecto de que formen parte dunha exposición temporal, que poderá ser visitada no Centro Socio-Cultural de Santo André de Boimente.
 
O xurado calificador, logo de rematado o proceso de preselección, procedeu a seleccionar  as obras finalistas e  as gañadoras do concurso, e que despois de máis de hora e media reunidos acordaron por unanimidade fallar o:
 
PRIMEIRO PREMIO.-  consistente en 250 € en metálico a JOSÉ REGUEIRO GARCÍA (Sarria), pola obra titulada “A Loita”.
 
“A Loita” logrou alzarse con este primeiro premio pola súa forza, expresividade e a plasmación da tensión do momento da loita entre o home e o animal que logra  atrapar de xeito imediato ao espectador. O autor consegue captar nunha soa instantánea os elementos esenciais desta festa ancestral cunha creatividade e orixinalidade inusual e que o  xurado valorou moi positivamente, sen olvidarse da gran calidade técnico-artística da obra.
 
SEGUNDO PREMIO.-  consistente en 120 € en metálico a JOSÉ LÓPEZ PÉREZ (Santiago de Compostela), pola serie fotográfica titulada “Rapa e Marcaxe 1_2_3_4”.
 
TERCEIRO PREMIO.-  consistente en 100 € en metálico a MARÍA ÁNGELES LAGO ÁLVAREZ (Asturias), pola serie fotográfica titulada “Y al final, todo es calma...”.
 
O xurado destacou destas dúas obras a  súa creatividade e calidade na execución, que fan visible a beleza e os valores culturais, etnográficos e paisaxísticos (que conforma a paraxe natural dos Montes do Buio e a Fraga das
Saímas)  que se desprenden durante a celebración desta festa tradicional e que incita aos viaxeiros/as a descobrir esta contorna natural e a gozar desta festa tradicional. Os autores destas obras lograron convencer ao xurado para facerse co 2º e 3º premio empregando a conxunción necesaria de tres elementos fundamentais: a súa creatividade e orixinalidade, a súa harmonía na composición das series e a súa calidade técnico-artística.
 
Os autores das obras fotográficas que gañaron os accésits dotados con 30 € cada un son:
1º Finalista: Francisco López López coa obra titulada “ Colección de selas”
2º Finalista: Germán Paleo Navarro, coa obra titulada “ Medíndose”
 
A entrega de diplomas, aos cinco gañadores deste certame fotográfico, xunto coa inauguración da exposición temporal dos 15 mellores traballos fotográficos, realizarase nun acto público no Centro Socio-Cultural de Santo André de Boimente e cuxa data está pendente de concretar por parte do colectivo Fraga das Saímas pero que será comunicada coa suficiente antelación ás persoas premiadas, sócias, veciños e medios de comunicación.
 
A Directiva da AMMRR “Fraga das Saímas” quere expresar publicamente o seu agradecimento pola súa colaboración a todas aquelas institucións públicas,  medios de comunicación e asociacións que colaboraron na divulgación desta ilusionante iniciativa e dun xeito especial a todas aquelas persoas que participaron  neste certame fotográfico, así como ao profesional da fotografía  Oliver,  a Josefina Casas  (CATÁ) e ao artista David Rodríguez, que de forma desinteresada aceptaron formar parte do Xurado Calificador e que sen a súa axuda a resolución deste concurso non sería o mesmo.

Síguenos en...

 Follow RuraisLAB on Twitter   

Inicio de sesión

RuraisLAB

Mulleres Rurais e desenvolvemento rural

RuraisLAB es un laboratorio ciudadano para la innovación social en el medio rural, basado en las necesidades e inquietudes de la mujer.

 

 

 

 

Mulleres Rurais e desenvolvemento rural

Mujer Rural

Mujer Rural y Desarrollo Rural

Agenda Digital Europea 20202

Agenda Digital Europea