FIN DE SEMANA EN VIANA DO CASTELO- RÍAS BAIXAS

14 Junio 2013

VIANA DO CASTELO E AS RÍAS BAIXAS FORON ELEXIDAS POLO COLECTIVO “FRAGA DAS SAÍMAS” COMO DESTINO TURÍSTICO PARA DISFRUTAR DUNHA FIN DE SEMANA DE OCIO E TEMPO LIBRE.

 A asociación de mulleres rurais “Fraga das Saímas” ven de organizar esta fin de semana unha viaxe a terras portuguesas e as Rías Baixas. Unha das múltiples actividades socio-culturais programadas para o 1º semestre do ano 2013 polo colectivo de mulleres de Santo André de Boimente.

O grupo de viaxeiros do colectivo “Fraga das Saímas”, formado por máis de corenta socias, veciñas e amigos, viaxou con Viajes Lucus durante catro horas ata chegar a Vila Nova de Cerveira, onde fixeron a súa primeira parada para repoñer forzas cun xantar típico portugués. Logo deste descanso visitaron o Castelo de Vila Nova de Cerveira, construído sobre outro derruído no século XV,  pasearon á beira do Minho e “perdéronse” no famoso mercadillo desta tranquila cidade, un dos maiores de toda a península. Xa a tardiña continuaron a ruta ata o alto do monte de Santa Luzia para admirar a beleza da súa famosa Basílica construída a comezos do século XX copiada do Sacré Couer de Montmartre en París. Mais, a pesares de subiren á cúpula da Basílica, a densa néboa impedíulle ao grupo de viaxeiras/os poder gozar da extraordinaria vista  que un día despexado,  desde ali, se pode observar sobre o estuario do río Lima, a cidade e o mar.

        

Á noite as viaxeiras e viaxeiros achegáronse á Quinta de Santoinho para cear neste famoso e turístico  restaurante rexional, xunto a outras 1500 persoas, onde foron agasallados cunha sesión de folclore minhoto, unha demostración da malhada, marchas, música para bailar e onde ademais de cear, bailar e divertirse puideron tamén gozar da exposición permanente dunha variada colección de alfaias e utensilios do campo, de tanques, lagares, pías e figuras en granito, de espigueiros origixinarios, dunha adega rexional, de antigas viaturas de transporte, carros de bois e de cabalos, así como de autocarros, automóviles, ou unha locomotora do século XIX, entre outros elementos etnográficos.

O domingo as viaxeiras/os  amenceron nas Rías Baixas, onde visitaron durante a mañá  Sanxenxo, as súas praias e achegáronse ata o seu principal núcleo urbano, a vila mariñeira  de Portonovo, para pasear polas súas rúas, visitar a súa lonxa, a Capela de Santa Catalina e o seu mirador.

Esta fin de semana de ocio e tempo libre clausurárona cunha mariscada, queimada e baile no hotel Galicia Sun.

NOTA Se queredes ver ou descargar máis fotos podedes ir ao Album de fotos de Viajes Lucus

 

Síguenos en...

 Follow RuraisLAB on Twitter   

Inicio de sesión

RuraisLAB

Mulleres Rurais e desenvolvemento rural

RuraisLAB es un laboratorio ciudadano para la innovación social en el medio rural, basado en las necesidades e inquietudes de la mujer.

 

 

 

 

Mulleres Rurais e desenvolvemento rural

Mujer Rural

Mujer Rural y Desarrollo Rural

Agenda Digital Europea 20202

Agenda Digital Europea