PROXECTO EXPERIMENTAL DE COMPOSTAXE DOMÉSTICA
AS DEZASEIS VECIÑAS E VECIÑOS DO CONCELLO DE VIVEIRO QUE ESTÁN A PARTICIPAR NO PROXECTO EXPERIMENTAL DE COMPOSTAXE DOMÉSTICA, POSTO EN MARCHA POLO COLECTIVO “FRAGA DAS SAÍMAS”, REUNÍRONSE NO CENTRO SOCIO-CULTURAL DE STO. ANDRÉ DE BOIMENTE PARA PARTICIPAR NUNHA XORNADA TÉCNICA DE COMPOSTAXE.
O Centro Socio Cultural de Santo André de Boimente acolleu esta fin de semana unha Xornada Técnica sobre a Compostaxe Doméstica impartida pola técnica da Asociación na Defensa Ecolóxica de Galicia, María Rodríguez Lafuente.
Esta Xornada, que forma parte dun proxecto experimental de compostaxe doméstica posto en marcha na parroquia de Santo André de Boimente polo Colectivo de Mulleres Rurais Fraga das Saímas, desenvolveuse ao longo de tres horas durante a tarde do sábado, 23 de febreiro. Unha xornada que contou coa presenza de 16 persoas (socias e veciños do concello de Viveiro) interesadas en participar neste proxecto experimental de reciclaxe de residuos, pioneiro no Concello viveirense, e que se amosaron convencidas de poder acadar ao remate do mesmo o diploma de Mestras/es composteiras.
Logo de falar da problemática dos residuos domésticos, da súa xestión e de explicar en detalle o Programa de Compostaxe Doméstica e Comunitaria posto en marcha en Galicia fai máis dunha década, a técnica de ADEGA e os participantes neste proxecto construíron un composteiro artesán comunitario, que colocaron no aparcadoiro do Centro Socio-Cultural de San Andrés, ao obxecto de que as veciñas/os dos lugares máis cercanas ao Centro poidan depositar no mesmo o seu lixo doméstico e o resto de podas, céspede e outros resíduos agrícolas para convertilo nun abono orgánico de gran calidade, rico en nutrientes e que se coñece como "compost".
Ao Final desta Xornada a Directiva Fraga das Saímas repartiu entre as/os asistentes un Manual sobre o proceso de compostaxe doméstico e sorteou os 3 composteiros que serán obxecto de seguimento durante todo o proceso deste proxecto experimental. As persoas agraciadas foron: Xuxa Rouco da parroquia de San Andrés de Boimente, Dolores Trasancos da parroquia de Vieiro e Olimpia Rouco da parroquia de Chavín.
Este grupo de futuras Mestres Composteiras volverán a reuniranse a finais de abril para visitar aos tres composteiros de Chavín, San Andrés e Vieiro, así como o Composteiro Comunitario do Centro Socio Cultural e recibir o asesoramento necesario para o correcto uso dos mesmos e ou correxir posibles deficiencias ocurridas durante o proceso de compostaxe.
A Directiva do colectivo de mulleres aproveita para animar as súas socias e veciños a asistir ao Concerto do Dúo Rosas que está a organizar con motivo da celebración do Día Internacional da Muller Traballadora e que vai ter lugar no Centro Socio-Cultural de Santo André de Boimente o sábado, 9 de Marzo, a partir das 18.00 h. e recórdalles que os interesados poden chamar á Presidenta ou membros da Directiva para comunicarlles o seu interese en participar nesta xornada de celebración.
- blog de Fragadassaimas
- Añadir nuevo comentario
- 9604 lecturas
Inicio de sesión
RuraisLAB
RuraisLAB es un laboratorio ciudadano para la innovación social en el medio rural, basado en las necesidades e inquietudes de la mujer.
Archivo
- Julio 2015 (1)
- Junio 2015 (3)
- Abril 2015 (1)
- Marzo 2015 (2)
- Diciembre 2014 (6)
- Octubre 2014 (1)
- Septiembre 2014 (4)
- Julio 2014 (4)
- Junio 2014 (2)
- Mayo 2014 (4)
- « primera
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- siguiente ›
- última »