VIII FORO DA IGUALDADE

20 Diciembre 2011

VIII FORO DA IGUALDADE.
Panxón, 5 e 6 novembro



Os días 5 e 6 de novembro de 2011, a Federación Provincial de MM.RR de Ourense (FEMURO) organizou a oitava edición do Foro da Igualdade, que este ano tivo lugar na Residencia de Tempo Libre de Panxón (Xunta de Galicia), e aglutina un total de 150 participantes das asociacions de Mulleres Rurais.
Como cada ano, este foro pretendeu ser un espazo de reunión entre as mulleres rurais da provincia de Ourense, e tivo como finalidade visibilizar e reforzar o traballo que veñen realizando as entidades a favor da igualdade de mulleres e homes, así como mostrar e impulsar iniciativas que favorezan a igualdade real, xa que a aportación das mulleres, neste senso é imprescindible para que a igualde sexa un feito palpable.

Este ano, o seu eixe central baseabase na temática “Muller rural e violencia”, coa conferencia a cargo de Purificación Álvarez Villamarín da “Unidade contra a Violencia contra a muller”

Así mesmo, conxugaronse dinámicas grupais de debate sobre este tema, onde as 150 participantes coñeceranse e reflexionarán sobre o traballado durante o día. Pola noite levouse a cabo unha velada de confraternidade e degustación de productos da terra, na que as socias participantes foron as únicas protagonistas e actoras.

O domingo 6 disfrutamos da representación teatral da obra: “Xenitais” protagonizada polo grupo Zarabanda, moi acordo co tema tratado no foro.

Síguenos en...

 Follow RuraisLAB on Twitter   

Inicio de sesión

RuraisLAB

Mulleres Rurais e desenvolvemento rural

RuraisLAB es un laboratorio ciudadano para la innovación social en el medio rural, basado en las necesidades e inquietudes de la mujer.

 

 

 

 

Mulleres Rurais e desenvolvemento rural

Mujer Rural

Mujer Rural y Desarrollo Rural

Agenda Digital Europea 20202

Agenda Digital Europea