XV Festa da empanada de millo en Mos
Este pasado domingo, día 6 de xuño, tivo lugar en Mos a XV edición da Festa da empanada de millo. Desde as 11h da mañá fóronse achegando ata a carpa instalada en Sanguiñeda grupos de persoas a degustar a tradicional empanada de millo e os seus variados recheos. Asi mesmo, as persoas participantes no concurso , tamén foron entregando as súas empanadas, algunhas delas cun gran traballo detrás pola presentación que ofrecían.
Aquí mostramos unha foto da gañadora do 1º premio á mellor presentación, merecedora como podedes comprobar.
Tamén houbo premios ao mellor sabor, e o 1º premio foi para unha clásica, a de bacallao con pasas. O segundo premio nesta categoría foi para unha empanada de chocos.
A charanga "Vaite xa" de Valadares, foi a encargada de amenizar a degustación das empanadas.
Como toda festa que se precie ten que ter un pregoeiro ou pregoeira que eloxie, neste caso, o produto obxecto da celebración, á organización, e todo o que se lle ocurra. Nós contamos cun pregoeiro de luxo, que, ademais entende moito de gastronomía, e que fixo dela a súa profesión: o restaurador mosense Esteban, dono do restaurante do mesmo nome. Baixo estas liñas, un momento do seu pregón.
Tal e como acontece cada ano, arredor das 14.30h xa vai de remate a empanada, e aínda que algúns chegan a esa hora na procura dalgún anaco da sabrosa empanada, teñen que agardar ata o vindeiro ano, e achegarse ata aquí un pouquiño antes.
Ofrécémosvos, xa para rematar, algunhas imaxes máis da festa, agardando que a compartades con nós nalgunha das vindeiras edicións.



- valdalourinha's blog
- Add new comment
- 41 reads
Val da Louriña (Mos)
RuraisLAB
RuraisLAB es un laboratorio ciudadano para la innovación social en el medio rural, basado en las necesidades e inquietudes de la mujer.
RuraisLAB GALICIA miembro de la Red ENOLL
Día Internacional de la mujer en RuraisLAB
25 de Noviembre de 2009
Día internacional contra la violencia de género




