RSS

Fragadassaimas

02 October 2013

CLAUSURA DA EXPERIENCIA PILOTO DE FABRICACI脫N DE ABONO NATURAL 2  

CLAUSURA DA EXPERIENCIA PILOTO DE FABRICACIÓN DE ABONO NATURAL, A TRAVÉS DA COMPOSTAXE CASEIRA, POSTA EN MARCHA NO MES DE FEBREIRO POLA ASOCIACIÓN FRAGA DAS SAÍMAS
 
O Centro Socio Cultural de Santo André de Boimente acolleu esta fin de semana ás participantes no proxecto experimental do colectivo Fraga das Saímas “Compostaxe Caseira”. Este encontro tivo lugar co fin de desenvolver a IIIª e última Fase deste proxecto de sensibilización e concienciación medioambiental posto a andar pola asociación de mulleres no mês de febreiro.
Esta última fase deu comezo ás cinco da tarde cunha charla da Coordinadora de Programas de Compostaxe de Adega, María Rguez Lafuente, sobre “como diminuir o arsenal químico das nosas vidas”. O obxectivo desta charla era nin máis nin menos que  as presentes tomaran conciencia da multitude de produtos de alta toxicidade que se empregan nos fogares modernos e a grande cantidade de residuos que xeran a súa fabricación e embalaxe. Lafuente recalcou que o perigo non só está ter nos fogares este auténtico arsenal químico senón tamén en que estes produtos rematan nos sumidoiros das casas e nas estacións depuradoras, que non poden tratalos, e polo que rematan entrando directamente no ciclo da auga, co consecuente prexuízo para a saúde de todas e todos.  
Logo dunha hora de debate e de práctica impartida sobre as múltiples fórmulas caseiras para facer limpadores ecolóxicos para o fogar ( para os fornos, para a colada, insecticidas, para o distinxido das prendas, para a colada, para as manchas, para a limpeza de mobles....) e unha vez elaborado, por parte de todas as alumnas,  un Ecolimpo para a limpeza dos chans e os cristais, as participantes acompañadas pola monitora comezaron a visita dos composteiros obxecto de seguimento polo composteiro artesanal e comunal, sito ao pé do Centro Socio-Cultural de Santo André de Boimente.
 
Tra-las visitas aos composteiros ubicados nas parroquias de Santo André de Boimente, Chavín e Vieiro, a Técnica Lafuente deulles as últimas indicacións ás usuarias dos composteiros para a correcta extracción do abono orgánico obtido e procedeu á entrega de diplomas de “Mestras Composteiras”. Durante o acto de clausura Lafuente aproveitou para felicitar a todas as participantes no programa de compostaxe e á Asociación Fraga das Saímas pola súa clara e constante aposta por iniciativas de sensibilización e concienciación medioambiental. A presidenta pechou o acto agradecendo a implicación das alumnas neste proxecto e asegurou que o colectivo Fraga das Saímas “...seguiría a traballar pola mellora do Medio Natural, o uso racional dos seus recursos e a aposta por un rural vivo respectuoso e comprometido coa natureza...”
 
 

26 September 2013

I XORNADAS MICOL脫XICAS E GASTRON脫MICAS DE COGOMELOS NO BUIO - FRAGA DAS SA脥MAS +  

A DIRECTIVA DO COLECTIVO DE MULLERES "FRAGA DAS SAÍMAS" ABRE O PRAZO PARA INSCRIBIRSE NAS Iª XORNADAS MICOLÓXICA E GASTRONÓMICAS DE COGOMELOS NO BUIO.

A Directiva Fraga das Saímas informa a todas as súas socias, veciños e amigas do colectivo  que o prazo para matricularse nas Iª Xornadas Micolóxicas e Gastronómica de Setas no Buio está aberto desde o día de hoxe ata o 13 de outunto de 2013. Durante este periodo as persoas interesadas poderán inscribirse nestas xornadas chamando ao teléfono da Presidente, Flor Chao, 669 250 948.

O obxectivo destas I Xornadas Micolóxicas que se celebrarán o sábado, 26 de Outubro de 2013 na parroquia de Santo André de Boimente é dar a coñecer a riqueza micolóxica dos nosos montes xunto ao seu valor ambiental, económico e culinario a través da aprendizaxe das diferentes variedades de setas existentes nesta zona, da forma de recolectalas, seleccionalas e descubrir as súas posibilidades culinarias

O colectivo de mulleres da parroquia de Santo André de Boimente anima a todas as súas socias, amigas e veciños da parroquia e do término municipal de Viveiro a participar desta iniciativa formativa e de ocio, durante a cal as/os asistentes estarán en pleno contacto cunha natureza que non deixará de sorprendelas e durante o cal, ademais, descubrirán  auténtico pracer na degustación de novas texturas e sabores culinarios coas que os van a sorprender as diferentes variedades de cogumelos existentes na zona.

O colectivo Fraga das Saímas recomenda non esperar a o último día porque as prazas para poder asistir son limitadas. Así que só as 20 primeiras persoas que chamen terán unha praza nesta Iª Edición.

 

16 September 2013

FALLO DO CONCURSO DE FOTOGRAF脥A "imaxesRAPAcandaoso2013" 3  

A OBRA A LOITA”, DO SARRIANO JOSÉ  REGUEIRO  GARCÍA,  FOI A GAÑADORA INDISCUTIBLE DO PRIMEIRO PREMIO DO CONCURSO DE FOTOGRAFÍA “imaxesRAPAcandaoso2013”, ORGANIZADO POLA ASOCIACIÓN DE MULLERES RURAIS “FRAGA DAS SAÍMAS”
 
O xurado do Concurso de Fotografía “imaxesRAPAcandaoso2013” que o colectivo de mulleres “Fraga das Saímas” convocara con motivo da celebración da “45ª Edición  Rapa das Bestas do Curro do Candaoso” , reuníuse no Centro Socio-Cultural De Santo André de Boimente este sábado para valorar os 22 traballos presentados por 11 fotógrafos/as que se atreveron a plasmar coas súas cámaras, a través da súa creatividade,  a beleza e os valores culturais, etnográficos e paisaxísticos que se desprenderon na celebración desta festa ancestral de maior arraigo do concello de Viveiro.
 
O xurado calificador estivo composto polas seguintes persoas:
- Flor Chao, Presidenta do colectivo Fraga das Saímas
- Óliver, profesional da Fotografía e propietario da empresa Foto Óliver, empresa con máis de 30 anos de experiencia no sector da Fotografia Profesional e de Aficionado.
- Josefina Casas, propietaria de tenda especializada en material de belas artes (CATÁ)

- David Rodriguez Casas, artista viveirense, graduado en Belas Artes e autor de numerosas obras premiadas en diferentes certames de Artes Plásticas e concursos fotográficos e de pintura.

 
- Xuxa e Adelina, vogais do colectivo Fraga das Saímas
Actuou como secretaria do xurado, con voz pero sen voto, Gloria R. LL.  secretaria da
Asociación de Mulleres Rurais Fraga das Saímas.
Dos 22 traballos, o xurado acordou descalificar dúas obras por non adecuarse ás bases do concurso e logo do estudo das restantes obras o xurado preseleccionou os 15 mellores traballos presentados ao concurso, co obxecto de que formen parte dunha exposición temporal, que poderá ser visitada no Centro Socio-Cultural de Santo André de Boimente.
 
O xurado calificador, logo de rematado o proceso de preselección, procedeu a seleccionar  as obras finalistas e  as gañadoras do concurso, e que despois de máis de hora e media reunidos acordaron por unanimidade fallar o:
 
PRIMEIRO PREMIO.-  consistente en 250 € en metálico a JOSÉ REGUEIRO GARCÍA (Sarria), pola obra titulada “A Loita”.
 
“A Loita” logrou alzarse con este primeiro premio pola súa forza, expresividade e a plasmación da tensión do momento da loita entre o home e o animal que logra  atrapar de xeito imediato ao espectador. O autor consegue captar nunha soa instantánea os elementos esenciais desta festa ancestral cunha creatividade e orixinalidade inusual e que o  xurado valorou moi positivamente, sen olvidarse da gran calidade técnico-artística da obra.
 
SEGUNDO PREMIO.-  consistente en 120 € en metálico a JOSÉ LÓPEZ PÉREZ (Santiago de Compostela), pola serie fotográfica titulada “Rapa e Marcaxe 1_2_3_4”.
 
TERCEIRO PREMIO.-  consistente en 100 € en metálico a MARÍA ÁNGELES LAGO ÁLVAREZ (Asturias), pola serie fotográfica titulada “Y al final, todo es calma...”.
 
O xurado destacou destas dúas obras a  súa creatividade e calidade na execución, que fan visible a beleza e os valores culturais, etnográficos e paisaxísticos (que conforma a paraxe natural dos Montes do Buio e a Fraga das
Saímas)  que se desprenden durante a celebración desta festa tradicional e que incita aos viaxeiros/as a descobrir esta contorna natural e a gozar desta festa tradicional. Os autores destas obras lograron convencer ao xurado para facerse co 2º e 3º premio empregando a conxunción necesaria de tres elementos fundamentais: a súa creatividade e orixinalidade, a súa harmonía na composición das series e a súa calidade técnico-artística.
 
Os autores das obras fotográficas que gañaron os accésits dotados con 30 € cada un son:
1º Finalista: Francisco López López coa obra titulada “ Colección de selas”
2º Finalista: Germán Paleo Navarro, coa obra titulada “ Medíndose”
 
A entrega de diplomas, aos cinco gañadores deste certame fotográfico, xunto coa inauguración da exposición temporal dos 15 mellores traballos fotográficos, realizarase nun acto público no Centro Socio-Cultural de Santo André de Boimente e cuxa data está pendente de concretar por parte do colectivo Fraga das Saímas pero que será comunicada coa suficiente antelación ás persoas premiadas, sócias, veciños e medios de comunicación.
 
A Directiva da AMMRR “Fraga das Saímas” quere expresar publicamente o seu agradecimento pola súa colaboración a todas aquelas institucións públicas,  medios de comunicación e asociacións que colaboraron na divulgación desta ilusionante iniciativa e dun xeito especial a todas aquelas persoas que participaron  neste certame fotográfico, así como ao profesional da fotografía  Oliver,  a Josefina Casas  (CATÁ) e ao artista David Rodríguez, que de forma desinteresada aceptaron formar parte do Xurado Calificador e que sen a súa axuda a resolución deste concurso non sería o mesmo.

16 September 2013

INAUGURACI脫N DAS CLASES DE INFORM脕TICA E INTRODUCI脫N 脕 INTERNET 4  

O COLECTIVO DE MULLERES FRAGA DAS SAÍMAS COMEZA O SEU PROGRAMA FORMATIVO 2013-2014 CO “CURSO DE INTRODUCION Á INFORMÁTICA E INTERNET”, UN DOS MÁIS DEMANDADOS POLAS SÚAS SOCIAS.

A Directiva do colectivo Fraga das Saímas, logo de salvar algún que outro problemas técnico  grazas á colaboración recibida por parte da concelleira responsable dos Centros Socioculturais do Concello de Viveiro, Isabel Rodríguez e a empresa adxudicataria da xestión da Rede de Telecentros, Intermax, ven de poñer en marcha o Curso de Introdución á informática e  Internet.

O Centro Socio-Cultural de Santo André de Boimente acolle con grande éxito ás catorce alumnas/os inscritas nas clases de Informática que están a ser impartidas pola Técnica especialista en informática de Xestión, Natalia González.

 As clases serán impartidas os luns e xoves de 16.00  ás 19.00 horas, durante o mes de setembro e os luns, no mesmo horario, a partir do mes de outubro.

A Directiva considera que é un grande êxito poder poñer en marcha este curso e así satisfacer as peticións continuas de moitas das súas socias e veciños durante os dous últimos anos e logo das reiteradas demandas presentadas por parte desta Directiva ás diferentes administracións locais para  dotar de conexión a internet á Aula informática – pertencente á rede de Telecentros- do Centro Socio-Cultural de Santo André de Boimente.

Outras actividades formativas do colectivo Fraga das Saímas, que se impartiran no Centro Socio-Cultural de Santo André de Boimente  no último trimestre do 2013, son: o Taller de Manualides, que desenvolverá ao longo dos meses de outubro a decembro,  3ª Fase do Proxecto experimental de Compostaxe Caseira,  que terá lugar a comezos de outubro e as Iª Xornadas Micolóxicas, que se celebrarán o último sábado do mes de outubro.

 

 

 

09 September 2013

TURISTEANDO POR TERRAS LUCENSES. A PONTENOVA E RIBADEO 1  

TURISTEANDO POR TERRAS LUCENSES. A PONTENOVA E RIBADEO

 
A DIRECTIVA "FRAGA DAS SAÍMAS" ABRE O PRAZO PARA PARTICIPAR NA EDICIÓN 2013 DO PROGRAMA "TURISTEANDO POLAS TERRAS LUCENSES: A PONTENOVA E RIBADEO"
 
Na Pontenova:
visitaremos
- Os Fornos
- Santuario de Conforto
- Taller de Artesán de Navallas (José. Mª Rodil)
- Ruta de sendeirismo Vía Verde (6 km. dificultade: baixa) e ou paseo pola Pontenova
 
 
En Ribadeo :
pasearemos en Barco pola ría de Ribadeo-Asturias. Visitaremos: 
- O Mirador  O Cargadeiro
- A Illa Pancha...E se quedan folgos pasearemos pola Praza de España e o seu Casco histórico declarado Ben de Interese Cultural.
 
Se queredes compartir con nós o sábado 21 de setembro podedes apuntarvos antes do día 10 de setembro. Chamade ao teléfono 669250948 para reservar praza

 

09 September 2013

CURSO DE INFORM脕TICA E INTRODUCI脫N A INTERNET 3  

"FRAGA DAS SAÍMAS" ABRE O PRAZO PARA ANOTARSE AO CURSO DE INFORMÁTICA E INTERNET QUE COMEZARÁ A PARTIR DO LUNS, 9 DE SETEMBRO DE 2013.
 
A Directiva "Fraga das Saímas" comunica as súas socias, veciños e amigos do colectivo de mulleres de Santo André de Boimente que acaba de abrirse o prazo para matricularse no CURSO DE INTRODUCIÓN Á INFORMÁTICA E INTERNET. Esta edición comezará o luns 9 de setembro no Centro Socio Cultural de Santo André de Boimente e será impartido pola Técnica especialista en informática de Xestión,  Natalia González.
 
Queres poñerte ao día coas novas ferramentas informáticas? chama á Presidenta, Flor Chao, ao teléfono 669250948 e apúntate xa!

14 June 2013

FIN DE SEMANA EN VIANA DO CASTELO- R脥AS BAIXAS 2  

VIANA DO CASTELO E AS RÍAS BAIXAS FORON ELEXIDAS POLO COLECTIVO “FRAGA DAS SAÍMAS” COMO DESTINO TURÍSTICO PARA DISFRUTAR DUNHA FIN DE SEMANA DE OCIO E TEMPO LIBRE.

 A asociación de mulleres rurais “Fraga das Saímas” ven de organizar esta fin de semana unha viaxe a terras portuguesas e as Rías Baixas. Unha das múltiples actividades socio-culturais programadas para o 1º semestre do ano 2013 polo colectivo de mulleres de Santo André de Boimente.

O grupo de viaxeiros do colectivo “Fraga das Saímas”, formado por máis de corenta socias, veciñas e amigos, viaxou con Viajes Lucus durante catro horas ata chegar a Vila Nova de Cerveira, onde fixeron a súa primeira parada para repoñer forzas cun xantar típico portugués. Logo deste descanso visitaron o Castelo de Vila Nova de Cerveira, construído sobre outro derruído no século XV,  pasearon á beira do Minho e “perdéronse” no famoso mercadillo desta tranquila cidade, un dos maiores de toda a península. Xa a tardiña continuaron a ruta ata o alto do monte de Santa Luzia para admirar a beleza da súa famosa Basílica construída a comezos do século XX copiada do Sacré Couer de Montmartre en París. Mais, a pesares de subiren á cúpula da Basílica, a densa néboa impedíulle ao grupo de viaxeiras/os poder gozar da extraordinaria vista  que un día despexado,  desde ali, se pode observar sobre o estuario do río Lima, a cidade e o mar.

        

Á noite as viaxeiras e viaxeiros achegáronse á Quinta de Santoinho para cear neste famoso e turístico  restaurante rexional, xunto a outras 1500 persoas, onde foron agasallados cunha sesión de folclore minhoto, unha demostración da malhada, marchas, música para bailar e onde ademais de cear, bailar e divertirse puideron tamén gozar da exposición permanente dunha variada colección de alfaias e utensilios do campo, de tanques, lagares, pías e figuras en granito, de espigueiros origixinarios, dunha adega rexional, de antigas viaturas de transporte, carros de bois e de cabalos, así como de autocarros, automóviles, ou unha locomotora do século XIX, entre outros elementos etnográficos.

O domingo as viaxeiras/os  amenceron nas Rías Baixas, onde visitaron durante a mañá  Sanxenxo, as súas praias e achegáronse ata o seu principal núcleo urbano, a vila mariñeira  de Portonovo, para pasear polas súas rúas, visitar a súa lonxa, a Capela de Santa Catalina e o seu mirador.

Esta fin de semana de ocio e tempo libre clausurárona cunha mariscada, queimada e baile no hotel Galicia Sun.

NOTA Se queredes ver ou descargar máis fotos podedes ir ao Album de fotos de Viajes Lucus

 

03 June 2013

CONCURSO FOTOGRAF脥A imaxesRAPAcandaoso2013 +  

A DIRECTIVA DE MULLERES "FRAGA DAS SAÍMAS" PON A ANDAR A ORGANIZACIÓN DO CONCURSO FOTOGRÁFICO  imaxesRAPAcandaoso-2013”  CO OBXECTO DE CONTRIBUÍR AO FOMENTO E Á PROMOCIÓN DA RAPA DAS BESTAS DO CURRO DO CANDAOSO QUE SE CELEBRARÁ O 1º DOMINGO DE XULLO DE 2013.

 

No marco da celebración,  na parroquia de Santo André de Boimente,  da súa XLV  edición da “Rapa das Bestas do Curro do Candaoso a Asociación de Mulleres Rurais “Fraga das Saímas” convoca o Concurso de Fotografía baixo o lema imaxesRAPAcandaoso-2013”.

Con esta iniciativa preténdese contribuír ao fomento e á promoción da Rapa das Bestas do Curro do Candaoso, na parroquia de Santo André de Boimente. Unha das festas de interese turístico  máis ancestrais e de maior arraigo do Concello de Viveiro que celebrará a súa XLV edición, como é costume,  o primeiro domingo do mes de xullo de 2013.

Desde a asociación Fraga das Saímas inténtase  poñer en valor o patrimonio paisaxístico que conforma a paraxe  natural da Fraga das Saímas e os Montes do Buio como fonte de riqueza ambiental, cultural e turística promovendo unha cultura de ocio saudable a través de iniciativas coma a organización deste certame fotográfico

Se queres ver a programación da 44ª edición da Rapa das Bestas do curro do Candaoso-2012 podes picar neste enlace:

Rapa das Bestas 2012

A continuación e de xeito resumido detallamos algúns dos principais aspectos das bases da convocatoria do concurso imaxesRAPAcandaoso-2013”:

BASES

 

TEMA

A temática  única do concurso  é o reflexo máis completo e descritivo posible da celebración da Rapa das Bestas do Curro do Candaoso-2013 e cuxo lema leva por título imaxesRAPAcandaoso-2013”. As organizadoras deste certame deixan total liberdade para que cada participante exprese a súa creatividade  e amose, a través desta, a beleza e os valores culturais, etnográficos e paisaxísticos que se desprenden durante a celebración desta festa tradicional, ao obxecto de incitar aos potenciais viaxeiros a descubrir lugares con encanto na Mariña Lucense como son os Montes do Buio ou a Fraga das Saímas .

As fotografías téñense que realizar en xullo, durante a celebración da XLV edición da Rapa das bestas do Curro do Candaoso (Montes do Buio). Parroquia de Sto André de Boimente (Viveiro).

 

PARTICIPANTES

Este concurso vai dirixido a todas aquelas persoas maiores de 18 anos afeccionadas ou profesionais da fotografía e amantes da natureza.

 

OBRA

As fotografías presentadas ao concurso deberán ser orixinais, inéditas (que non foron expostas en público con anterioridade á data de presentación, nin publicadas en catálogos, revistas ou calquera outro medio xa sexa gráfico, audiovisual ou interactivo), que non foran premiadas con anterioridade e de propiedade do/a autor/a. Non se poderán ter explotado comercialmente, xa sexa con fins xornalísticos, publicitarios ou calquera outro.

NÚMERO DE OBRAS

Cada participante poderá presentar un máximo de DÚAS fotografías ou DÚAS series fotográficas. As fotografías só poderán ser presentadas polos seus propios autores.

FORMATO E TÉCNICA

Formato e tamaño: TIFF ou JPEG en calidade máxima. Tamaño mínimo de 600 píxeles de lado maior.

As fotografías poderán presentarse en cor, branco e negro e en todas as súas técnicas, incluso dixital.

As fotografías poderán ser individuais ou compor unha serie máximo de 4 imaxes. Podendo ser estas do mesmo momento e temática ou de momentos e actividades distintas (subida ao monte, xunta das bestas, loita de garañóns, rapa e solta cara o monte, descanso das bestas, xantar dos romeiros, carreiras de cabalos, etc.)

Os traballos poderán presentarse por  correo postal ou correo electrónico e sempre atendendo aos requisitos  establecidos  nas claúsulas 3 e 4 das bases do concurso.

 

PRESENTACIÓN

A presentación da obra  por correo postal farase ao domicilio social da Asociación Fraga das Saímas e enviarase en dous formatos:

- Impresa en papel fotográfico (mínimo de 18x24 cm. e o máximo de 30x40 cm.)

- Gravada nun CD, en formato dixital (preferentemente .TIF ou no seu caso .JPG), cun mínimo de tamaño de 600 píxeles de lado  maior.

 

2)    A presentación por correo electrónico farase enviando  cada traballo fotográfico  por separado á seguinte dirección fragadassaimas@gmail.com

 

 

PREMIOS E EXPOSICIÓN

PREMIOS

Primeiro premio dotado con 250 euros en metálico

Segundo premio dotado con 120 euros en metálico

Terceiro premio dotado con 100 euros en metálico

Dous accésits dotados cada un con 30 euros en metálico ás dúas fotografías/ou serie fotográfica non premiadas anteriormente.

 

EXPOSICIÓN DAS OBRAS SELECCIONADAS

Unha vez outorgados os premios levarase a cabo una exposición  no Centro Socio-Cultural de Santo André de Boimente das obras gañadoras xunto coas fotografías finalistas seleccionadas polo xurado do concurso.

 

ENTREGA DE PREMIOS

A entrega de premios poderase efectuar  nun acto público na data que determine o colectivo Fraga das Saímas e que será comunicada con suficiente antelación ás persoas premiadas. Os autores dos traballos premiados deberán estar presentes neste acto ou no seu defecto deberá acudir un representante debidamente autorizado.

 

PRAZO PARA ENTREGAR OS TRABALLOS FOTOGRÁFICOS

A data límite para a recepción dos traballos será o 31 de AGOSTO de 2013.

 

ACEPTACIÓN

A presentación das fotografías ao concurso implica a aceptación de todas e cada unha das presentes BASES E CONDICIÓNS e da decisión inapelable do xurado.

 

Para obter máis información podes descargar as bases do concurso na seguinte dirección http://mulleresfragadassaimas.blogspot.com (na carpeta de  documentos), solicitalas ao correo electrónico fragadassaimas@gmail.com ou ben  poñerte en contacto coa entidade organizadora. Teléfonos 669 250 948 (Flor) ou 610 00 77 46 (Gloria)

 

 

03 June 2013

INAUGURACI脫N BIBLIOTECA VECI脩AL NA FESTA DAS LETRAS GALEGAS DO COLECTIVO FRAGA DAS SA脥MAS +  

O COLECTIVO DE MULLERES "FRAGA DAS SAÍMAS" INAUGUROU ESTA FIN DE SEMANA, NO MARCO DA CELEBRACIÓN DA FESTA DAS LETRAS GALEGAS 2013,  A SÚA  BIBLIOTECA VECIÑAL

  

O colectivo de mulleres Fraga das Saímas ven de celebrar na compaña de medio cento de socias e convidados  o Día das Letras Galegas 2013.

            

Os actos comezaron ás 18.00 h coa intervención de Flor Chao, Presidenta da asociación Fraga das Saímas, que exerceu de  mestra de ceremonias da nova Biblioteca veciñal por desexo expreso da súa  Directiva e a cal quixo  que fora a  celebración do Día das Letras Galegas-2013  a data  na que se abriran as portas da Biblioteca Fraga das Saímas por ser o  marco ideal para a súa presentación oficial , según palabras da propia presidenta. Durante a súa intervención, Flor Chao  convidou ás súas socias e veciños de San Andrés de Boimente a facer uso deste novo espazo cultural e animou aos veciños do concello de Viveiro  a facerse socios da recén estreada Biblioteca veciñal.

                                                          

Coa posta en marcha desta Biblioteca veciñal, grazas ás doazóns de fondos bibliográficos da Fundación Pedro Barrié de La Maza, a Fundación Sotavento e as socias Elsa, Flor e Gloria, o colectivo Fraga das Saímas quixo sumarse na defensa do acceso ao coñecemento e á información en igualdade de condicións para todas e todos, na defensa do fortalecemento do hábito lector e na defensa do coñecemento da literatura e o patrimonio cultural.

Logo da inauguración, onde a Directiva agasallou ao medio cento de asistentes cunhas libretas conmemorativas, o grupo de teatro aficionado de Fazouro “A Adala” representou a comedia “Enredos” onde o público non foi quen de parar de rir ata o remate desta peza teatral de Francisco Piñeiro.

 

 

 

 

 

02 May 2013

FESTA DAS LETRAS GALEGAS-2013 3  

A Directiva Fraga das Saímas anima a todas as socias, amigas  e veciños de Viveiro a asistir á celebración da Festa das Letras Galegas-2013, no marco da cal a Asociación de Mulleres, creada no ano 2007, terá o gran pracer de inaugurar ante as súas socias, veciños e amigos  a súa Biblioteca. Unha pequena biblioteca, cuxosfondos bibliográficos foron doados pola Fundación Pedro Barrié de La Maza, Fundación Sotavento e varias socias, entre elas Elisa e Gloria. Unha biblioteca da cal poderán ser socias todas as mulleres integradas no colectivo Fraga das Saímas e Así como todas  aquelas persoas que soliciten o carnet de socio da biblioteca.

As persoas interesadas en participar desta Festa das Letras poderán contactar coa Directiva no teléfono 669250948 (Flor).

Esperamos contar coa presenza de todas e todos os amantes dos libros e da nosa lingua viva.

02 May 2013

FIN DE SEMANA EN VIANA DO CASTELO E CAMBADOS 4  

ABERTO O PRAZO PARA PARTICIPAR CO COLECTIVO "FRAGA DAS SAÍMAS" NA VIAXE A VIANA DO CASTELO E CAMBADO. FIN DE SEMANA DO 8 E 9 DE XUÑO DE 2013.

A Directiva "Fraga das Saímas" informa ás súas socias, amigas e veciños que o prazo para anotarse á Viaxe de fin de semana que realizará o colectivo de mulleres o vindeiro 8 e 9 de xuño ás cidades de Viana do Castelo e Cambados remata o mércores, 22 de maio. As persoas interesadas poden chamar ao teléfono 669250948. O pago realizarase antes do 8 de xuño.

02 April 2013

CLAUSURA DO CURSO DE CESTER脥A TRADICIONAL "FRAGA DAS SA脥MAS" 3  

 

“ O colectivo “Fraga das Saímas” fomenta entre as súas socias a aprendizaxe da arte dos Artesáns cesteiros lucenses e aposta polo uso de materiais 100% ecolóxicos propios da zona, como é por excelencia o vimbio” manifestou a súa Presidenta durante a clausura do IIº Curso de cestería tradicional..

CLAUSURA DO CURSO DE CESTERÍA TRADICIONAL IMPARTIDO POLO MESTRE ARTESÁN ÓSCAR PRIETO.

O Centro Socio-Cultural de Santo André de Boimente acolleu esta última semana de marzo a IIª edición do curso de Cestería tradicional, organizado polo colectivo de mulleres rurais “Fraga das Saímas”.

Un dos obxectivos que persegue a Asociación con este tipo de iniciativas é contribuír a impulsar a recuperación, a conservación e o mantemento dos ofícios tradicionais da nosa terra que conforman un rico patrimonio artesanal de Galicia.

 

Este curso de Cestería Tradicional, impartido polo cesteiro mariñán Oscar Prieto, é o segundo curso que organiza o Colectivo de Mulleres Fraga das Saímas. O primeiro tivo lugar no ano 2010, e naquela ocasión o taller tiña por obxecto aprender as técnicas básicas do oficio de cestería e para o cal se empregara médula de roten, de orixe asiático que pola súa versatilidade facilitáballes aos iniciados neste oficio o seu manexo. Nesta 2ª Edición a finalidade deste curso práctico de cestería en vimbio era ensinar e recuperar as técnicas de entrecruzado de fibras vexetais flexibles como o vimbio para formar cestas, cestos e demais formas creativas con este material, como antigamente elaboraban os cesteiros da Mariña Lucense.

Durante a 1ª hora do curso foi dedicada polo artesán cesteiro a ensinarlles polo miúdo ás 10 alumnas participantes neste curso todo o proceso de recollida das ramas da vimbieira e a súa preparación.

As dez discípulas dedicáronse durante as oito horas que durou este taller, a aprender a arte de trenzar vimbio, material ecolóxico 100% e que nace abundantemente nas beiras dos ríos e regatos desta zona, ao obxecto de elaborar uns pequenos canastillos e para os cales necesitaron tanta maña e destreza como forza pola dificultade que entraña traballar cos vimbios.

A clausura do curso de cestería, celebrada o pasado 26 de marzo ás 20.30 h no Centro Socio-Cultural de San Andrés, estivo a cargo da Presidenta da Asociación Fraga das Saímas. Durante o acto Flor Chao agradeceu a asistencia das alumnas e alabou a capacidade de aprendizaxe de todas elas, así como a maestría do Cesteiro Oscar.

A presidenta aproveitou para informarlles ás socias presentes que a Directiva Fraga das Saímas está á espera de que o goberno municipal de Viveiro contrate, segundo a noticia publicada no Progreso o pasado 14 de marzo, cun operador de telecomunicacións o servizo de Internet de banda ancha para, entre outros, o Telecentro do Centro Socio-Cultural de Santo André de Boimente,  momento a partir do cal a Directiva poñerá en marcha a organización  do curso de iniciación  a Internet, aprobado na súa Asamblea xeral anual. 

19 March 2013

V EDICI脫N FESTA DO MEDIO NATURAL +  

ÁBRESE O PRAZO PARA ANOTARSE NA Vª EDICIÓN DA FESTA DO MEDIO NATURAL DO COLECTIVO "FRAGA DAS SAÍMAS" NO QUE SE PRESENTARÁ O ESPÉCTACULO DE TÍTERES DA COMPAÑÍA MINDONENSE "MIRCROMINA".

 
A Directiva "Fraga das Saímas" abre o prazo para anotarse  á V Edición da  Festa do  Medio Natural,  que ven de organizar este colectivo os últimos catro anos  con motivo da celebración do Día Internacional do Medio Natural e a entrada na  primavera.

Nesta Vª edición, o Centro Sociocultural de Santo André de Boimente acollerá por primeira vez un espectáculo de TÍTERES, durante o cal poderán gozar tantos as nenas e nenos como os  maiores da obra Vacacións no Mar que representará a compañía mindonense MIRCROMINA.
 
Logo dun suculento xantar, servido polo Restaurante O,Val do Naseiro, as socias, familiares e convidados terá a oportunidade de disfrutar coas voces do Dúo MARACUYÁ  e bailar ao son da música destes ferroláns.
 

As persoas que desexen disfrutar dunha fin de semana de festa e alegría poden contactar coa Directiva nos seguintes Tfos. de Flor 669250948 ou Tfo de Gloria 610007746.

O prazo para anotarse é ata o sábado 20 de abril.

 

 

 

 

 

 

12 March 2013

CURSO DE CESTER脥A TRADICIONAL 3  

ABERTO O PRAZO PARA A INSCRICIÓN NO CURSO DE CESTERÍA TRADICIONAL ORGANIZADO POLO COLECTIVO DE MULLERES "FRAGA DAS SAÍMAS"

Este curso vai dirixido a todas as mulleres e homes que teñan gañas e curiosidade por aprender a elaborar algúns dos cestos típicos na cestería galega de mimbre, utilizando as técnicas dos nosos vellos cesteiros.

O prazo para a inscrición remata o 20 de marzo ou cando se completen o número de prazas máximas por edición.


 

Follow us...

 Follow RuraisLAB on Twitter   

User login

RuraisLAB English

Mulleres Rurais e desenvolvemento rural

RuraisLAB is a user centered virtual laboratory focused on social innovation in the RURAL enviroment, based on WOMEN needs and vision.

 

 

 

 

Mulleres Rurais e desenvolvemento rural

Mujer Rural

Mujer Rural y Desarrollo Rural

European Digital Agenda 2020

European Digital Agenda