RSS

lolitatrigo

30 May 2010

Reunión das asociacións da nosa Parroquia +  

Por iniciativa da Asociación de Mulleres Rurais Lolita Trigo, celebrouse unha reunión con distintas asociacións da parroquia. As asociacións aqui reunidas coa directiva da nosa asociación foron ANPA do C.P. Viñagrande, Unión Deportiva San Miguel de Deiro e Amigos da Música de San Miguel. O principal tema a tratar foi a solicitude o Concello de Vilanova de Arousa o derribo das ruinas sitas no Monte Da Lomba, entre as instalacións do colexio público, o pabillón de deportes e o campo de futbol.

Estas ruinas levan ali xa mais de 20 anos donde se iva a ubicar a casa de cultura, dita casa de cultura nunca se chegou a facer, pero ali quedaron o que hoxe son as ruinas. A zona esta moi descoidada, chea de maleza (o cal podedes ver nas fotos); na cal temos constancia que nos ultimos dias estan aparecendo reptis de grande tamaño, e sendo lugar de reunión para botellóns e incluso mozos q ali trafican con droga. Creemos que é un perigo que siga iso ahi, especialmente para os nenos usuarios das ditas instalacións.

O acordo principal foi facer un escrito de solicitude o Concello para q derriben ditas ruinas, limpien a zona e a acondiciones cun parque infantil.

Ademaís cabe destacar que nesta reunión tamén acordamos estar máis unidos para futuros proxectos xuntos, como poden ser solicitudes para a parroquia ou a organización de actos coa participación das catro asociacións.

23 April 2010

Representación teatral do Grupo de Teatro " A Prixela" 3  

Despois de moito tempo sen ter noticias nosas, queremos invitámosvos a todas á representación que vai interpretar o GRUPO DE TEATRO A PRIXELA da obra teatral "O ACHADO DO CASTRO" que se represantará o próximo sábado 24 no Auditorio Municipal de A Illa de Arousa as 21:00 horas. Esperamos vervos ali a todas.

22 December 2009

FELICITACIÓN NAVIDEÑA de LOLITA TRIGO 1  

Coma tódolos anos, enviamoslles nosas socias una Felicitación de Nadal, e pra vos todas fixemos esta outra. Esperamos que vos guste. Feliz Nadal a todas e Feliz año 2010.

20 November 2009

DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO. 25 NOVEMBRO 2  

¿Ides facer algo para conmemora-lo día 25?
En principio non.
¿Mantedes contacto con algunha asociación de axuda a muller maltratada?
Non especialmente.
¿Creedes que a sociedade está realmente concienciada ante este problema?
Non.
¿Onde creedes que radica a actitude violenta dalgúns homes hacia as mulleres?
Na educación sexista, na relixión, nas ideas que transmiten algúns partidos políticos... E en gran medida na propia muller que non educa ós seus fillos na igualdade, que non se valoran e na dependencia económica na que se atopan.
¿Creedes que os nenos e xóvenes que se educan nesta sociedade están concienciados?
Nunha parte moi pequena.
76
¿Cales son os pequenos actos diarios que hai que cambiar para solucionar este tema?
Ante todo educar en igualdade a nenos e nenas, e que non se quede en palabras...So se fai de "boquilla"
¿Pensades que a lei debía de ser máis dura ante estos feitos?
Sí, e que se dispoña de medios, para que se cumpran as ordes de alonxamento. E que sexa o home maltratador o que teña que abandoar o seu entorno e non o revés.
 

19 November 2009

HISTORIA DA ASOCIACION DE MMRR "LOLITA TRIGO" DE SAN MIGUEL DE DEIRO 4  

 

A Asociación de MMRR "Lolita Trigo" de San Miguel de Deiro en Vilanova de Arousa foi creada no ano 1995, sendo a A Acta de Constitucion do día 12 de setembro do mesmo ano. Este nome púxose na honra da mestra que fai 20 anos loitou por conseguir un obxectivo similiar: organizar un colectivo femenino na parroquia.

 

A idea asi como a creación da Asociacón debese a unión de antigas alumnas de Lolita Trigo, así como a posterior unión das mulleres da parroquia que pronto apoiaron este proxecto.

O obxectivo da Asociación e fomenta- lo desenrolo da muller para mellorar o seu entorno as súas condicions de vida.

En estes 14 anos fixeronse todo tipo de cursos: informatica, corte e confección, bolillos, pandereta e canto tradicional, manualidades, pintura, resturación, confección do traxe rexional, tapiceria, relaxación, aerobic, bailes de salón, calceta, labores, entre moitisimos outros. Asi como as viaxes que se organizaron por a xeografía galega e Portugal.

Procuramos tamén facer festivais tanto de Nadal como para a celebración do Día das Letras Galegas. Pertencen a Asocición o grupo de Teatro "Prixela" e un grupo de pandereteiras, dos que falaremos en otros apartados.

Queremos destacar que tamén somos socias colaboradoras da Fundación Vicente Ferrer  de axuda ás mulleres da India.

 

18 November 2009

As Navidades están a chegar... 2  

Outra vez a buscar a Virxe, o neno....

Se alguén se anima a axudar a monta-lo Belén estas Navidades que se poña en contacto coa directiva...Cantos máis mellor....

10 November 2009

Benvidos o blog de "Lolita Trigo" 2  

A asociación de mulleres Rurais "Lolita Trigo" de Vilanova estrea hoxe o seu blog. Adaptándose así os novos tempos e ás novas tecnoloxías.

Dende aquí publicaremos as novas da asociación!

01 November 2009

¿Apetécevos cociñar? 1  

Como cada ano este inverno organizaremos o curso de cociña...

A ver se así innovamos en Noiteboa....

01 October 2009

Verdadera artesanía... 2  

A verdade é que do curso de bolillos saen verdadeiras obras de arte!!

Deixámosvos algunhas fotos para que vexades as artesanías de Lolita Trigo!

28 September 2009

Representación do grupo de teatro... 1  

Recordando, recordando atopamos estas fotos de teatro!!!

Míraos a todos que guapiños!

No diredes que non temos unha boa "posta en escena"...

Tivemos que liar os nosos maridos!! ¿E o ben que o fixeron?

22 September 2009

Portugal... 1  

E aí estamos en Santa Lucía, Portugal...

Votándolle un ollo a estas fotos doume conta de que temos que sacarnos algunhas máis actuais!!

20 September 2009

Habrá que volver a organizar algunha viaxe ¿non? 2  

 

Buscando entre fotos vellas atopei esta en Vigo! E xa fai tempo eh? Así que habrá que organizar algunha excursión para sair un pouco da casa... ¿quén se anima?

Follow us...

 Follow RuraisLAB on Twitter   

User login

RuraisLAB English

Mulleres Rurais e desenvolvemento rural

RuraisLAB is a user centered virtual laboratory focused on social innovation in the RURAL enviroment, based on WOMEN needs and vision.

 

 

 

 

Mulleres Rurais e desenvolvemento rural

Mujer Rural

Mujer Rural y Desarrollo Rural

European Digital Agenda 2020

European Digital Agenda