RSS

portasabertas

21 January 2010

Susana y Carmen hablan de Portas Abertas +  

 

13 January 2010

COIDANDO DA NOSA SAUDE 1  

Na Asociación Portas Abertas damos comezo o novo ano co propósito de coidarnos mais, polo que para mentalizarnos, imos realizar unhas xornadas dentro do Programa Tempo de Mulleres que cada ano nos ofrece o Servizo Galego de Igualdade para o Home e a Muller.

Titúlanse "POTENCIANDO O NOSO CORPO", e vanse levar a cabo os días 20 e 22 de xaneiro de 16.00 a 1800h, no Centro Cultural e Social do Picouto en Ramirás.

Espero que asistan moitas persoas porque prometen estar interesantes, e ademáis quere dicir que empezamos o ano con enerxías renovadas.

Por suposto, invitamos a todas aquelas que esteades interesadas. Así tamén nos podedes coñecer.

Tamén vos comento, que onte comezamos de novo a actividade de "Ximnasia para a Saúde". As asistentes estan encantadas e notan moita melloría tanto a nivel físico como mental.

Animádevos todas a practicar algúnha actividade física que é boísima!!

 

22 December 2009

OS MELLORES DESEXOS DE NADAL 2  

Queremos desexarvos un feliz Nadal para todas e cada unha das mulleres que formades parte dunha asociación, e que como nós, participades dese sentimento colectivo de que unidas somos mais fortes. As veces caésenos o mundo encima cun problema pensando que so nos pasa a nós, e non vemos a luz por ningures, pero é cando nos xuntamos, cando descubrimos que a veciña pásalle o mesmo, e é compartindo ese pesar cando atopamos alivio.

Polo tanto os meus desexos para o aninovo e que participemos mais das actividades organizadas polas asociacións, porque non só se aprenden cousas novas, senón que o sentimento de pertenza a un grupo é unha verdadeira cura psicolóxica.

E non olvidemos nunca que cada unha de nos e única e irrepetible.

FELIZ NADAL E ANINOVO A TODAS!!!

18 December 2009

Ano novo, novas actividades. 3  

Continúo informándovos das actividades previstas pola Asociación de Mulleres Portas Abertas de Ramirás para o ano novo.

Os días 20 e 22 de xaneiro de 2010 está previsto levar a cabo unhas xornadas que se denominan "Potenciando o noso Corpo". Nelas falaremos da saúde das mulleres e como o podemos mellorar a través do exercicio e a alimentación. Son a partir das 16.00h no Centro Cultural do Picouto (Ramirás)

Logo vamos a organizar unha das actividades favoritas das nosas asociadas: os traballos manuais e artesanais. Esta vez, vai consistir nun Curso de Pintura en Cristal. Aínda non sabemos as datas pero comezamos a anotar as interesadas en xaneiro. Nestes cursos soemos facer dous grupos, porque hai moita demanda. Un grupo no lugar de Vilavidal e outro no Picouto. Así, evitamos parte dos desprazamentos das asistentes.

Xa que estou, coméntovos outras das grandes aficións da nosa asociación: as excursións, como non! Encántanos saír de viaxe. Non nos importa tanto o lexos que esté, senón o ben que o pasamos e o que imos aprender. Somos da provincia de Ourense, e ultimamente estamos a percorrer a nosa propia provincia, que a tiñamos olvidada, e ten sitios preciosos para ver e moita arquitectura que non coñeciamos.

Se vos interesa información para organizar algún viaxe por aqui, non dubidedes en preguntarnos, que somos expertas no tema, e podemos axudarvos.

E tamén se sabedes de excursión que merezan a pena, espero que o digades no blog, porque nos interesa moito. Xa non sabemos onde ir!!! Somos moi viaxeiras.

 Xa vos ensinarei algunha foto para o ano que ven.

18 December 2009

En xaneiro novas actividades na Asociación de Mulleres Rurais Portas Abertas de Ramiras 4  

Ano novo, vida nova! En eso andamos a pensar na Asociación Portas Abertas de Ramirás para comezar o novo ano 2010. E que mellor que porse en forma cun novo curso de Chikung-Taichi. Sona un pouco raro, pero se empezas esta modalidade de ximnasia, non o vas a poder deixar, porque é moi adictiva.

Tratase de ximnasia para a saúde, onde a través de exercicios suaves, respiración e estiramentos, trabállanse tódolos músculos do corpo.

Parece que non estas traballando mentras a practicas, pero o cabo de pouco tempo notas os resultados.

Vaise celebrar a partir do mes de xaneiro os martes e xoves de 18.00 a 19.00h, no Centro de Saúde de Vilavidal (Ramirás). Para anotarse hai que chamar o teléfono 988491523 en horario de mañá.

É para tódolos públicos non importa a idade. Todo o contrario. Na nosa asociación non temos idade para facer todo o que nos apeteza. A forma de pensar é o que marca a idade que tes!

Xa vos ensinaremos unha foto cando empecemos o curso. Por agora estamos na fase de divulgación para que se entere todo o mundo.

14 December 2009

En la Asociación Portas Abertas de Ramiras recuperamos la música tradicional 1  

Os envio unas fotos de nuestra fiesta de la Pontenova, que celebramos todos los años.

En ella nos gusta recuperar viejos usos y costumbres, como vemos en una de las fotos unas pandereteiras nos deleitan con musica gallega. Algunas de ellas son socias. En esta fiesta trabajamos todas las asociadas. Nos da mucho trabajo ya que se apuntan casi 300 personas y tenemos que preparar la comida, servir las mesas... pero nos encanta! No renunciamos a ella.

 

13 November 2009

Hola a todas las asociaciones de mujeres!! 2  

Hola a todas,

Hoy estrenamos blog desde el Concello de Ramirás, un municipio de 1900 habitantes en la provincia de Ourense. Nuestra asociacion cuenta con 174 asociadas y hacemos numerosas actividades ludicas para poder reunirnos y pasarlo bien al tiempo que aprendemos. Ramirás cuenta con más de 40 pueblos con lo que estamos muy dispersas y esta es la forma de poder hacer vida social.

No soliamos (hasta ahora) hacer fotos en los cursos , charlas, excursiones... por eso, voy a subir una de las pocas que tengo, pero muy representativa. Es de nuestra "Fiesta de la Pontenova" , una fiesta campestre que celebramos todos los años. Y ya vamos por la 6º edición.

06 November 2009

La asociación Portas Abertas estrena blog... 1  

La Asociación de Mulleres Rurais de Ramirás está de estreno...Hoy inagura su blog!

Follow us...

 Follow RuraisLAB on Twitter   

User login

RuraisLAB English

Mulleres Rurais e desenvolvemento rural

RuraisLAB is a user centered virtual laboratory focused on social innovation in the RURAL enviroment, based on WOMEN needs and vision.

 

 

 

 

Mulleres Rurais e desenvolvemento rural

Mujer Rural

Mujer Rural y Desarrollo Rural

European Digital Agenda 2020

European Digital Agenda