valdalourinha
En outubro comezan os cursos en Val da Louriña
Debido ao escaso número de participantes para o curso de micoloxía, tivemos que cambialo por un de cociña.
CURSO DE COCIÑA
Curso de 20 hora subvencionado polo concello, que comezará o martes 11 de outubro. Se resides en Mos ou pertences a unha asociación do noso concello, aínda estás a tempo para anotarte.
Ademais, tamén comezan os cursos permanentes : Repuxado en coiro, Pilates, Labores (é de balde), Ximnasia, Bolillos ( que inclúe ganchillo, macramé, vainica e filtiré), Lencería de fogar, Teatro, Pintura e manualidades (con nova monitora).
- Add new comment
- 10043 reads
Comeza o "curso" en Val da Louriña 4
A asociación MMRR Val da Louriña de Mos comeza as súas actividades despois dun mes de agosto de vacacións.
CURSOS PERMANENTES
Pilates, Repuxado en coiro, Labores, Ximnasia, Encaixe de bolillos, Teatro, Pintura.
ACTUACIÓN DO GRUPO DE TEATRO
O grupo "Mistura", representará unha adaptación da obra "Maribel e a estrana familia", no Chan do Bosque (Sanguiñeda), o día 16 de setembro, ás 21.30h.
CURSO DE MICOLOXÍA
Curso de 20 h subvencionado polo concello, que comezará no mes de outubro.
- 4 comments
- 9012 reads
Vacacións en Val da Louriña
Aproveitarei para presentarvos ás compoñentes actuais: De esquerda á dereita, sentadas, Julia (que se incorporou este ano), Conchi (que nos tivo abandonadas durante un tempo para ser mamá), Mª Carmen (vicesecretaria), Isabel (secretaria), Pilar (vicepresidenta), Flori (tesoureira desde o comezo da asociación); de pé, de esquerda á dereita, Mariví (presidenta), Mucha (vogal) e Alicia( que tamén se incorporou este ano).
Esta xuntanza marcou o inicio dun mes sen ningunha actividade; voltaremos a comezos de setembro cunha viaxe e as actividades cotiás.
Que teñades un bo verán!!!
- Add new comment
- 14288 reads
Excursión a Portugal 2
Unha das últimas actividades da Asociación Val da Louriña, antes dunhas pequenas vacacións de verán, foi unha excursión a Portugal. Foi un percorrido por Amarante, Peñafiel e Caldas de Vizela. Máis de 100 socias e acompañantes compartiron un día de visitas e gastronomía. Nesta excursión a asociación subvencionou o transporte, axudada pola empresa que realizou a viaxe.
Entre as visitas realizadas están a Igrexa e o Convento de San Gonzalo, así como as fontes, en Amarante. Outra das visitas foi ao Parque das Termas, en Caldas de Vizela.
Xa estamos traballando na próxima viaxe, e poderiamos volver a Portugal, pero cunha estancia de varios días.
- 2 comments
- 17639 reads
O papel dos maiores na sociedade 1293
Os nosos maiores teñen un papel moi activo na nosa sociedade: son "canguros" dos nosos fillos, cociñan para eles e tamén para nós, lévanos ao médico, e ata van ás xuntanzas das ANPAS nalgunha ocasión. Cando xa non poden facer estas tarefas, ou os nenos xa medraron, comezan a convertirse nun problema. Non somos quén de intentar facer por eles, un pouco si quera, do que eles fixeron por nós.
É verdade que a sociedade cambiou moito, que a vida de agora non se parece nada á que levaron eles ( nin no bo nin no malo); a sociedade actual aínda non está preparada para atender aos nosos maiores do mesmo xeito que atendemos aos nosos nenos. Desde a incorporación da muller ao mundo laboral sufrimos esa eiva na sociedade; ela coidaba dos pais, dos sogros e dalgún outro parente se era preciso. Todos podemos dispór dunha gardería para os cativos e así poder ir traballar tranquilamente, pero non dispomos de centros de día para os nosos maiores dependientes, e os poucos que hai son tan caros que non pode calquera persoa facerse cargo deste custo. Tampouco hai que esquecer que, ás veces, se converten nun simple negocio para especuladores sen escrúpulos, que os teñen nalgunhas residencias sen as mínimas garantías.
Os maiores son unha referencia para nós, son como libros cheos de experiencias, de moitos valores tan pouco cotizados hoxe en día, e, case sempre, dispostos a dar cariño ... eles que ás veces, tanto o necesitan.
- 1293 comments
- 89730 reads
O Banco de alimentos de Vigo foi o destinatario do recadado no rastrillo benéfico 1
O sábado 18 e domingo 19 tivo lugar o rastrillo da Asociación Val da Louriña para recadar fondos para o Banco de alimentos de Vigo. Ademais de recadar diñeiro pola venda dos traballos expostos, tamén recollemos alimentos. O representante desta fundación recolleu, ao remate do domingo, tanto os alimentos como o importe recadado. Éstas son algunhas imaxes deste acto.
- 1 comment
- 12344 reads
Rastrillo benéfico para o Banco de Alimentos de Vigo 3
A asociación MMRR Val da Louriña de Mos celebra o vindeiro fin de semana, 18 e 19 de xuño, un rastrillo para recadar fondos para o Banco de alimentos de Vigo. Cada ano destinamos o importe recollido a unha asociación sen animo de lucro ou ONG; este ano consideramos que, dadas as dificultades económicas que moitas persoas están padecendo, axudar ao Banco de alimentos sería o máis axeitado. O horario de apertura será: o sábado , de 6 a 9h da noite; o domingo de 11 a 13h e de 6 a 9h da noite. O lugar, como cada ano, será a casa restaurada do Mesón Argentino, en Sanguiñeda, que amablemente nos cede para este fin.
Alí exporánse e venderánse os traballos doados polas socias. Tamén se recollerán alimentos non perecedeiros, no caso de que algunha persoa desexe colaborar deste xeito. Achégate ata alí e colabora.
- 3 comments
- 12501 reads
Festa da empanada de millo en Mos
O domingo, día 5 de xuño, tivo lugar na parroquia de Sanguiñeda (Mos), a XVI edición desta festa gastronómica. A partir das 11h da mañá comezarou a achegarse o público a degustar a empanada, e desde un pouco antes, chegaron as primeiras empanadas para participar no concurso. Ás 12.30h Marta Quintana, cantante e arpista mosense, leu o pregón e ofreceunos algúns das súas cancións. Logo contamos co grupo de pandeiretas e gaitas Celado, de Cela, que amenizaron a degustación das empanadas. Para rematar houbo entrega de premios ás mellores empanadas, tanto de sabor como de presentación. Aquí vos deixamos algunhas imaxes da celebración.
- Add new comment
- 9752 reads
XVI Edición da Festa da empanada de millo
- Add new comment
- 8905 reads
Pintura na Asociación Val da Louriña de Mos
O curso de pintura e debuxo artístico de 30horas, subvencionado pola deputación, xa vai chegando ao seu fin. Aquí vos ofrecemos en imaxes os traballos que estamos a facer.
- Add new comment
- 10584 reads
Apuntamentos e imaxes da Charla sobre prevención do cancro 6
Este xoves día 19 tivo lugar a charla sobre prevención do cancro que organizamos en colaboración coa Xunta local de Mos da Asociación contra o cancro. María de los Ángeles Pereira Roibal, médica especialista da asociación, foi a encargada de expór polo miúdo tanto as causas como o que hai que ter en conta para previr o cancro.
O cancro é unha enfermidade caracterizada por unha división e un crecemento incontrolado das células, as cales teñen a capacidade de invadir o órgano donde nacen e logo moverse polo sangue a outro órgano e medrar alí.
As causas da aparición do cancro son: a) Axentes externos nun 75% (tabaco; alcol; exposición excesiva ao sol e a produtos químicos,...); b) Mutacións xenéticas nun 20%; c)Predisposición xenética nun 5%.
- 6 comments
- 12137 reads
Charla: "O cancro, a súa prevención e os coidados paliativos" 5
A charla terá lugar o xoves día 19 de maio, a partir das 19.30h, no Local social de O Piñeiro. Contaremos coa presenza de Mª de los Ángeles Pereira Roibal, médica especialista da asociación. Convén ter sempre presente que o cancro é unha enfermidade común, polo que temos que estar informadas.
- 5 comments
- 12192 reads
"Maribel e a estraña familia" en imaxes
- Add new comment
- 10557 reads
Estrea da obra de teatro "Maribel e a estraña familia" 2
- 2 comments
- 15011 reads
Recoñecemento a dúas mulleres do Concello de Mos 11
Val da Louriña celebrou o Dia Internacional da Muller o pasado sábado día 12. O acto de recoñecemento a dúas mulleres do noso concello tivo lugar no Centro Cultural de Torroso. María Carrera, Presidenta de ASODIFISI, e María Morgadas, ex Presidenta de AECC en Mos, foron
O acto foi amenizado polos pandeireteiros "Os Tangaraños" e pola Banda de música de Torroso (BOSSEM). Houbo entrega de agasallos, logo dalgunhas referencias ás súas vidas, feitas tanto por elas, como por familiares que quixeron participar.
Ao remate, todas as persoas asitentes ao acto compartimos unha merenda.
- 11 comments
- 15087 reads
User login
Links Val da Louriña
RuraisLAB English
RuraisLAB is a user centered virtual laboratory focused on social innovation in the RURAL enviroment, based on WOMEN needs and vision.
Archivo
- May 2019 (2)
- March 2019 (2)
- February 2019 (1)
- December 2018 (1)
- October 2018 (2)
- September 2018 (2)
- July 2018 (2)
- June 2018 (2)
- May 2018 (3)
- March 2018 (3)