RSS

valdalourinha

21 December 2009

Nadal na asociación Valdalouriña 5  

Durante o Nadal hai actividades que continúan e outras que se suspenden ata o novo ano. Este ano volveremos a escenificar o Belén vivente na Cabalgata que organiza o Concello de Mos.Dentro das actividades do Nadal encadramos a visita que fixemos o pasado sábado 19 ao centro de acollida dos Irmáns misioneiros dos pobres en Teis. Incluímos algunhas imaxes da visita.

15 December 2009

Uhna tarde de pintura e manualidades en Mos... 4  

Arredor de 20 socias acoden cada venres, de 16h a 20h, ás clases de pintura e manualidades, en dúas tandas de 2 horas cada unha. Entre as técnicas que aprendemos están a pintura en óleo, acrílico, en tela, vidro, etc; decoración de obxetos variados; barnizado e pintura en madeira... Despois de dúas décadas con Josefa como monitora, este ano contamos con Carmen. Durante o Nadal non haberá clases, pois os venres coinciden este ano con días de festa (Nadal e ano novo)

Contacta con nós en:

valdalourinha@gmail.com

Contacta con nós en

valdalourinha@gmail.com

 

  

08 December 2009

A asociación Valdalouriña visitará o Centro dos Irmáns misioneiros dos pobres en Vigo 4  

Dentro da súa faceta social, a asociación realiza visitas cada ano a centros de acollida, asilos, así como un rastrillo benéfico para recadar fondos para distintas asociacións como "Síndrome de Down", contra o cancro, contra os malos tratos, ou para diminuídos físicos e síquicos.  Esta será a segunda visita que realizaremos este ano a este centro coñecido como de "Os Camilos" ou dos "Irmáns misioneiros dos pobres enfermos desamparados". O sábado día 19 de decembro compartiremos merenda coas persoas alí acollidas, e intentaremos que se divirtan coa actuación do grupo de sevillanas da nosa asociación.

28 November 2009

Compartindo a nosa historia e as nosas actividades... +  

 Foi no ano 1996 cando a asociación MMRR Valdalouriña comezou a súa andaina; desde aquela, unha das súas características é a súa constante actividade nos campos da cultura, da muller, do social, do rural, do gastronómico, ... Contamos con 350 socias, na súa maioría do concello de Mos.  Aquí relatamos algunhas das nosas actividades:

  • Cursos e obradoiros permanentes: repuxado en coiro, bolillos, lencería de fogar, , ximnasia, sevillanas, teatro, labores, pintura e manualidades.
  • Cursos subvencionados polas distintas administracións: masaxe, cociña, primeiros auxilios...No Museo Liste de VigoNo paseo dos mirtos en San Simon
  •  
  •  
  •  

 

 

 

 

 

  

  •  Visitas a lugares de interes: Xardíns de Lourizán, Illa de San Simón, Museo do Mar, Museo etnográfico Liste

  Un momento da visita a Lourizán 

 A carón do lago nos xardíns de Lourizán

  •  Viaxes nas que percorremos Galicia, Norte de Portugal, País Vasco, Madrid, Andalucia, ...
  • Charlas sobre temas de interese, sobre todo para mulleres: Saúde e sexualidade, Alzheimer, Celíacos,  Consumo.
  • Xornadas gastronómicas: empanada de millo, doces típicos de antroido.
  • Acto de recoñecemento a mulleres do noso concello, no Día Internacional da muller.
  • Día das Letras galegas, na defensa da nosa lingua, no que contamos con algunha escritora e lembramos a obra do escritor ou escritora ao que se dedica o día.

A escritora Laura Caveiro no Día das Letras galegasDís Internacional da muller

 

 

 

 

 

 

 

 

  •  Rastrillo benéfico para recadar fondos para distintas asociacións: Síndrome de Down, Contra o cancro, Asociación de diminuidos , Rede veciñal contra os malos tratos,...
  • Festa da Empanada de millo, en colaboración co concello de Mos. 

O xurado na festa da empanada de milloPara contactar con nós:  valdalourinha@gmail.com

27 November 2009

Así foi o día contra a violencia de xénero na asociación Valdalouriña 1  

Na charla-coloquio que tivo lugar na nosa asociación participaron varias ducias de persoas, maioritariamente mulleres.

Unha psicóloga, Marcela d´Ambrosio, e varias mediadoras da rede contra os malos tratos , compartiron coas persoas asistentes a súa experiencia e coñecementos fronte a esta lacra da sociedade que é o maltrato.

Estableceuse un diálogo moi interesante entre as persoas da mesa  e o público asistente.

 Momento da intervención das mediadoras

 

25 November 2009

25 de novembro: hoxe pode ser un gran día...!!! +  

O día no que lle digas " ata aquí chegamos, non me porás máis a man enriba!"

O día no que lle digas "basta xa de insultarme, de menosprezarme ... non eres máis  ca min!"

O día no que deixes de pechar os ollos cando vés a túa nai, a túa irmá ou a túa filla con sinais de maltrato...

O día no que deixes de mirar para outro lado cando a túa amiga, viciña ou compañeira leva o medo debuxado na cara...

O día no que deixes de tapar os oídos cando escoitas cómo o teu viciño, o teu irmán ou o teu fillo malla e insulta a súa muller, noiva ...

Anímate e fai que hoxe sexa un gran día!!!

NON Á VIOLENCIA MACHISTA!!!

21 November 2009

25 de novembro, día contra a violencia de xénero 3  

 ¿ Ides facer algunha actividade especial para celebrar o día 25?
  Haberá unha mesa redonda na que participarán unha psicóloga experta en temas de violencia de xénero e mediadoras contra os malos tratos de Vigo. Este acto está organizado en colaboración co concello de Mos. 
 
¿Mantedes contacto con algunha asociación de axuda á muller maltratada?
 
Colaboramos puntualmente coa Rede Veciñal contra os malos tratos de Vigo, recadando e achegándolles os fondos dun dos rastrillos benéficos que organizamos.
 
¿Credes que a sociedade está realmente concienciada diante deste problema?
 
Aínda que avanzamos moito en poucas décadas, queda moitísimo máis que mellorar: apoio ás vítimas, animar a denunciar os malos tratos…
 
¿Onde pensades que radica a actitude violenta dalgúns homes para coas mulleres?
 
Son moitos os factores que inflúen: a educación recibida, os patróns sociais e culturais machistas moi establecidos, o sentido de posesión  que teñen sobre elas…
 
¿Credes que os nenos e mozos que medran nesta sociedade están concienciados?
 
Non, aínda queda moito que facer neste campo.
 
¿Cales son as pequenas cousas diarias que credes que hai que cambiar para solucionar este tema?
 
Hai que eliminar pequenos xestos e actitudes machistas e discriminatorias dos comportamentos da sociedade; certas expresións da nosa linguaxe son patrimonio de tempos pasados. Un ambiente familiar e escolar de respecto e convivencia en igualdade axudará a previr situacións de maltrato.
 
¿Pensades que a lei debería ser máis dura diante des feitos?
 
Sen ningunha dúbida: as penas para os maltratadotes deberían endurecerse; deberían se afastados das súas vitimas; e éstas precisan contar con máis protección e apoio diante dun caso de agresión e denuncia.
 
VIOLENCIA = COVARDÍA
 
 
 
Compoñentes da directiva sostendo o cartel co lema escollido para o día

18 November 2009

Valdalouriña xa está organizando a cea de Nadal! 3  

A asociación Valdalouriña de Mos xa están organizando a cea de Nadal; será o venres día 11 de decembro nun restaurante da zona; unha noite de compartir mesa, baile e agasallos. Anímate!  Aínda que non sexas socia podes acompañarnos...

13 November 2009

Charla no Día contra a violencia de xénero 3  

O día 25 de novembro, no local da asociación Valdalouriña, farase unha charla para celebrar o Dia internacional contra a violencia de xénero.

Charla sobre temas de muller organizada pola asociación

Esta charla, organizada en colaboración co concello, será impartida por Marcela d´Ambrosio, psicóloga experta en temas de violencia, ás 19 h.

07 November 2009

¡Xa temos todos os cursos e obradorios en marcha! 2  

Pintura en óleo coa técnica de craquelado

A asociación Valdalouriña xa ten todos os cursos e obradoiros en marcha: encaixe de bolillos, ximnasia, labores, teatro, lencería de fogar, pintura e manualidades, sevillanas... Ademais, organiza visitas a lugares de interese, así como viaxes turísticos para coñecer Galicia, Portugal, País Vasco, Andalucía ou Madrid. Xa vos iremos  amosando fotos destas actividades.

Traballos das alumnas expostos no Rastrillo benéfico

29 October 2009

Viaxe de MMRR Valdalouriña a Segovia e Ávila 3  

 

A asociación MMRR Valdalourinha de Mos visitou Segovia  do día 23 ao 25 de outubro. Coñeceron a zona vella da cidade, o acueducto e pasearon polos xardíns da Granxa de San Idelfonso. De volta á casa, pararon en Ávila para contemplar as súas murallas e percorrer a parte vella. Foi unha actividade moi satisfactoria tanto para a organización como para as persoas participantes.

 Un momento da viaxe

17 October 2009

Teatro en Mos! 14  

O grupo de teatro "Mistura" formado na sua maioría por mulleres da asociación Val da Louriña representaron hoxe sábado a súa adaptación da obra "O enfermo imaxinario", no centro cultural Abrente.

Esta foi a súa quinta representación, a primeira foi a estrea, alá polo mes de Maio, no pazo de Mos; seguida do centro cultural de Cela, Herville...

O público que asistiu o acto saliu encantado, sobre todo pola profesionalidade mostrada no escenario por estas mulleres de Mos.

06 October 2009

Rastrillo benéfico en Sanguiñeda 1  

A pasada fin de semana tivo lugar o Rastrillo Benéfico que organizamos cada ano. Nesta ocasión tódolos beneficios obtidos foron destinados á reparación da casa da familia de Dorotea, que sufriu un incendio fai uns meses.

Como cada ano o Mesón Argentino cedeunos a casa que posuen ó lado do restaurante para monta-la exposición.

Esperamos ter sido de axuda para Dorotea e a sua familia.

06 October 2009

XIV edición da "Festa da Empanada" en Sanguiñeda 1  

O pasado Domingo día 7 celebramos en Sanguiñeda a XIV edición da "Festa da empanada", que organizamos cada ano en colaboración co Concello de Mos.

Baixo a carpa que situamos na explanada que se atopa entre o novo parque e o Colexio Mestre Valverde Mayo, vendemos a un prezo moi económico as racións de empanada.

Recibimos a visita de moitos veciños e amigos, que sempre aproveitan a ocasión para reunirse e charlar.

Grazas a todos e a todas pola colaboración.

30 September 2009

15 de Outubro: Día Internacional da Muller Rural 3  

Cartel del día Internacional de las Mujeres Rurales de 2008O próximo 15 de Outubro celebrarase o Día Internacional da Muller Rural.
As mulleres rurais, viven nun entorno tradicionalmente moi masculinizado, realizan o seu traballo dentro e fora do fogar, pero carecen de remuneración e dereitos sociais.
A escasa valoración da sua contribución ó desenvolvemento rural é a principal fonte de marxinación.

Na loita pola Igualdade da muller, a aposta máis forte debe ser pola mujer do ámbito rural, inda que na actualidade fóronse suprimindo algúns obstáculos para o acceso das mulleres ós distintos sectores da sociedade como pode selo educativo, laboral, profesional...éste proceso de cambio estase producindo a un ritmo insuficiente.

O nivel educativo das mulleres xóvenes mellorou moito, se ben é certo que o medio rural non se beneficiou diso. Actualmente en moitas zonas de España está tendo lugar unha crisis demográfica debido o despoboamento das zonas rurais por parte das/dos xóvenes da zona.

O Día Internacional da Muller Rural ten coma principal finalidade recordarlle á sociedade que en moitos países as mulleres rurais viven na pobreza extrema, sen acceso ós servizos básicos e con enormes cargas de traballo. E recordarlle ós gobernos que a necesidade de políticas públicas encaminadas a potencialas suas capacidades e mellora-la sua calidade de vida é xa unha obriga.

Follow us...

 Follow RuraisLAB on Twitter   

User login

RuraisLAB English

Mulleres Rurais e desenvolvemento rural

RuraisLAB is a user centered virtual laboratory focused on social innovation in the RURAL enviroment, based on WOMEN needs and vision.

 

 

 

 

Mulleres Rurais e desenvolvemento rural

Mujer Rural

Mujer Rural y Desarrollo Rural

European Digital Agenda 2020

European Digital Agenda

CONTACTA CON NOS