Reply to comment
DIA DA MULLER RURAL 7
A situación da muller no rural non ten, hoxe en dÃa, nada que ver coa que vivian as nosas nais, nin coa que nós mesmas vivimos hai dúas ou tres décadas. Está claro que houbo unha mellora, pero tamén que queda moitÃsimo por facer. As asociacións, en xeral, e as de mulleres rurais en particular, xogan un papel moi importante, achegando a moitas mulleres unha serie de actividades que doutro xeito lle serÃan moi difÃciles de realizar. A vida no rural mellorou tamén grazas ao uso das novas tecnoloxÃas, que permiten ter información, mercar, ou pedir cita no médico a través de internet, por moi lonxe que esteas da cidade. Establecerse como familia no rural non é doado, sobre todo se estamos acostumados a telo todo a man: as compras, o médico, o cine e o colexio dos nenos. Nos últimos anos xurdiron alternativas varias para poder facer do rural o medio de vida, como a agricultura ecolóxica, o turismo rural... En moitos casos a volta ao rural dase por non poder mercar vivenda na cidade; noutros, por buscar un pouco de tranquilidade ao remate da xornada laboral; algúns, para facer da agricultura, do turismo ou da ganderÃa o seu medio de vida. Para que as pequenas aldeas non desaparezan, é preciso contar cunhas boas comunicacións; cómpre tamén recibir axudas para rehabilitar as vivendas; e como no, axudas tamén para poder establecer pequenas empresas agrÃcolas ou gandeiras. E, finalmente, é imprescindible parar a desfeita que os gobernantes fan dalgunhas zonas rurais, por ese empeño en enchernos o paÃs de asfalto e viaductos, construÃndo autovÃas e autoestradas sen criterio racional. É precisa a colaboración das distintas administracións para pór en valor o rural.
- valdalourinha's blog
- 12410 reads
Reply
User login
RuraisLAB English
RuraisLAB is a user centered virtual laboratory focused on social innovation in the RURAL enviroment, based on WOMEN needs and vision.
Archivo
- February 2018 (1)
- January 2018 (1)
- December 2017 (2)
- September 2017 (3)
- July 2017 (3)
- June 2017 (5)
- May 2017 (1)
- April 2017 (2)
- March 2017 (1)
- January 2017 (1)