Reply to comment

02 May 2013

VISITA AOS COMPOSTEIROS DO PROXECTO EXPERIMENTAL DE COMPOSTAXE CASEIRA +  

AS MULLERES PARTICIPANTES NO PROXECTO DE COMPOSTAXE CASEIRA VISITARON OS CATRO COMPOSTEIROS OBXECTO DE SEGUIMENTO DO PROXECTO EXPERIMENTAL DO COLECTIVO “FRAGA  DAS SAÍMAS” ACOMPAÑADAS POLA TÉCNICA DE ADEGA RESPONSABLE  DO MESMO

O Centro Socio Cultural de Santo André de Boimente serviu esta fin de semana de punto de encontro das participantes no proxecto experimental do colectivo Fraga das Saímas “Compostaxe Caseira” coa técnica da Asociación na Defensa Ecolóxica de Galicia, María Rodríguez Lafuente. Encontro que tivo lugar co fin de desenvolver a 2ª Fase deste proxecto de sensibilización e concienciación medioambiental.

 

Antes de comezar a visita dos catro composteiros obxecto de seguimento no proceso de desenvolvemento deste proxecto experimental, a Técnica de ADEGA, seguindo indicacións da Directiva Fraga das Saímas, aproveitou para dar unha charla-coloquio sobre a importancia da Reciclaxe de aceites domésticos usados e levou a cabo unha demostración práctica, axudada polas súas alumnas, de como podiamos elaborar facilmente xabóns a partir de restos dos aceites usados a través dun proceso frío, ou o que se chama sen fonte calorífica externa. Proceso que é o que se emprega para elaborar xabóns duros de hidróxido sódico ou sosa cáustica.

Logo de dúas horas de debate e da práctica impartida sobre as múltiples alternativas de reciclaxe de aceites e unha vez elaboradas máis de 20 pezas de xabón de lavar, as participantes acompañadas pola monitora comezaron a visita dos composteiros obxecto de seguimento polo composteiro artesanal e comunal, sito ao pé do Centro Socio-Cultural de Santo André de Boimente.

 

    

Durante as visitas aos composteiros ubicados nas parroquias de Santo André de Boimente, Chavín e Vieiro, a Técnica Lafuente deulles unhas breves indicacións ás usuarias dos composteiros co fin de  correxir pequenas deficiencias no seu uso e felicitou as futuras mestres composteiras pola boa marcha do proxecto, indicándolles que de seguir na mesma liña de uso dos composteiros no mes de setembro xa se podería facer a 3ª visita durante a cal se extraería o abono orgánico e se completaría así o proceso experimental de reciclaxe dos residuos caseiros.

 

Reply

Image CAPTCHA
Enter the characters shown in the image.
To prevent automated spam submissions leave this field empty.

Follow us...

 Follow RuraisLAB on Twitter   

User login

RuraisLAB English

Mulleres Rurais e desenvolvemento rural

RuraisLAB is a user centered virtual laboratory focused on social innovation in the RURAL enviroment, based on WOMEN needs and vision.

 

 

 

 

Mulleres Rurais e desenvolvemento rural

Mujer Rural

Mujer Rural y Desarrollo Rural

European Digital Agenda 2020

European Digital Agenda