Reply to comment
FRAGA DAS SAÍMAS ASISTE AO PROGRAMA LUAR 3
MEDIO CENTO DE SOCIAS E AMIGOS DO COLECTIVO “FRAGA DAS SAÍMAS” ACUDIRON AO PROGRAMA DA TVG “LUAR”
O colectivo de Mulleres Fraga das Saímas desprazouse este venres ata o plató 100 da TVG, situado en Teo, para participar como público no programa de Luar.
Durante as catro horas de duración do programa as máis de 45 socias, veciños e amigos do colectivo feminino de Santo André de Boimente festexaron o seu particular entroido no Luar onde a festa, a ledicia e a diversión non faltou en ningún momento da noite. Os asistentes disfrutaron con entusiasmo a experiencia de seren eles tamén parte protagonista dun programa televisivo, quedando moi sorprendidos de todo o traballo preparatorio e da labor dos técnicos para a montaxe e a emisión dun programa de variedades como Luar.
Os participantes desta experiencia televisiva bailaron ao ritmo das cancións de Lolita Flores e o grupo Garibaldi, entre outros, e gozaron da música tradicional galega coa Banda de Música de Calo e a agrupación Folclórica Algueirada e do Coro tradicional Cantares do Brión. Tampouco lles faltou o humor do Dr. Bellino e o Sr. Lisardo e do seu paisano de Xove, Roberto Vilar e tamén tiveron ocasión de presenciar o desempate entre os concursantes de Vai de Gaita e os de Tempo de Recantos.
Os cansados pero felices participantes de Luar foron despedidos pola Directiva Fraga das Saímas a súa chegada a Viveiro, pasadas as 4.00 da madrugada, emprazándoos para o Sábado, 8 de marzo no Centro Socio-Cultural de Santo André de Boimente a partir das 17.00 horas para celebrar o Día da Muller Traballadora, durante a cal está prevista unha Maratón de Tute e Brisca e a proxección da película Pan y Rosas.
»
- Fragadassaimas's blog
- Add new comment
- 8213 reads
Reply
User login
RuraisLAB English
RuraisLAB is a user centered virtual laboratory focused on social innovation in the RURAL enviroment, based on WOMEN needs and vision.
Archivo
- March 2013 (8)
- February 2013 (8)
- January 2013 (1)
- December 2012 (2)
- November 2012 (31)
- October 2012 (11)
- September 2012 (7)
- August 2012 (5)
- July 2012 (1)
- June 2012 (2)