Reply to comment

23 September 2014

TURISTEANDO POR TERRAS LUCENSES-2014 +  

A CIDADE DE LUCUS AUGUSTI  ABREU AS SÚAS PORTAS AS/OS VIAXEIRAS/OS DO COLECTIVO FRAGA DAS SAÍMAS “TURISTEANDO POR TERRAS LUCENSES”
 
Esta fin de semana medio cento de persoas embarcáronse co colectivo de mulleres Fraga das Saímas nunha nova aventura do programa Turisteando por Terras Lucenses.
 
Nesta ocasión os aventureiros viaxaron ata o Concello de Castro de Rei para coñecer o Aeródromo de Rozas, que foi construído durante a 2ª guerra mundial polos alemáns e o cal no ano 1949 convertiuse no aeroporto central de Galicia, mentras se construía o aeroporto de Lavacolla. Durante a súa estadía  visitaron  o exterior da Torre de control e as instalacións ((hangar, plataforma das aeronaves, etc.) do Real Aero Club  de Lugo, que está a xestionar este aérodromo   desde os anos 60.
 
Satisfeita a curiosidade do grupo de viaxeir@s  continuaron a ruta  ata o Concello de Palas de Rei, onde visitaron a Granxa de Ecoagroturismo Arqueixal para descubrir os segredos deste novidoso negocio familiar que non so se dedica á produción de queixo , iogur  e leite fresco ecolóxico senón que promoven un estilo de vida que é o reflexo fiel do seu amor á terra, e están na procura de valorizar as prácticas ancestrais e promover un desenvolvemento rural sustentábel, demostrativo é didáctico a través de múltiples actividades culturais como é as exitosas xornadas teatrais Son d´Aldea, que xa van pola súa cuarta edición.  Durante a visita guiada polas súas instalacións  tiveron ocasión de coñecer o modelo de  granxa desenvolvido por Arqueixal nos últimos anos,  así  como o proxecto de recuperación dun conxunto de casas rurais (A Palleira, a Casa do Muiñeiro, a Caseta das Andoriñas e o Pallar das Ameixeiras), seguindo os principios de arquitectura ecolóxica e técnicas de bioconstrución, que adican ao turismo rural. No edificio, coñecido como O Parladoiro puideron ver un audiovisual sobre a elaboración artesanal do afamado queixo con denominación de orixe  Arzúa-Ulloa, visitaron a Casa da Rebordela (unha casa de labranza galega de tempos preindustriais) e participaron dunha degustación de iogur e queixo fresco ecolóxico.
 
Logo de despedirse da familia de Arqueixal puxeron rumbo ao restaurante Terras do Miño enclavado en pleno paseo do Río Rato,  e instalado no que foi un vello muíño, onde as e @s viaxeir@s  repuxeron as  forzas coa súa excelente cociña. 
 

Unha vez rematados os postres @s viaxeir@s  desprazáronse ata o Hotel-Balneario de Lugo para visitar os restos das famosas Termas Romanas, unha obra de enxeñeiría dos arquitectos romanos construídas  para o disfrute e a saúde corporal. E de aí ao Casco histórico da cidade de Lucus Augusti para coñecer a súa historia paseando da man dunha guía local pola Praza Maior, a Praza de Santa María e a Praza do Campo e visitando  a Catedral e o Centro de Interpretación da Muralla. Pero tampouco podía faltar o paseo de rigor, ao que se apuntaron os máis andaríns, polo adarve da Muralla de Lugo, Patrimonio da Humanidade.

 
@s viaxeir@s, antes de voltar para a Mariña,  remataron a aventura de Turisteando por Terras Lucenses disfrutando das  terrazas e bares da capital.  Xa no autobús de  volta a Directiva agradece a participación neste programa ás 52 persoas e infórmalles que a próxima actividade de Fraga das Saímas será a celebración da 2ª Edición das Xornadas Micolóxicas e Gastronómicas de Cogomelos que se desenvolverán no mes de outubro.


 

Reply

Image CAPTCHA
Enter the characters shown in the image.
To prevent automated spam submissions leave this field empty.

Follow us...

 Follow RuraisLAB on Twitter   

User login

RuraisLAB English

Mulleres Rurais e desenvolvemento rural

RuraisLAB is a user centered virtual laboratory focused on social innovation in the RURAL enviroment, based on WOMEN needs and vision.

 

 

 

 

Mulleres Rurais e desenvolvemento rural

Mujer Rural

Mujer Rural y Desarrollo Rural

European Digital Agenda 2020

European Digital Agenda