Reply to comment

26 January 2010

Solidariedade con Haití 6  

Desgraciadamente hai cousas que non podemos evitar. O drama que se está a vivir en Haití é unha delas e sacude as nosas conciencias; pero ¿podemos facer algo para axudar?. Tras un desastre natural, como o ocasionado polo terremoto que acaba de asolar Haití, a axuda internacional é clave durante os primeiros días. Pero a situación en Haití xa era preocupante con anterioridade, varias ONG´s traballan desde hai anos en pro de superar a terrible situación de pobreza, violencia e inxustiza social, por iso a continuidade coas axudas é moi importante neste caso.

É doado nestes casos caer na demagoxia barata. Os paises ricos acaban de reunirse e nin sequera se puxeron de acordo para condoar a débeda a Haití. Nós vemos tódolos días de forma secuencial inxusticias dramáticas na televisión e chega un momento que nos acostumamos.

¿Cal é a causa verdadeira desta traxedia? Realmente a causa é a pobreza extrema e as inxusticias sociais que fan que determinadas rexions e cidadáns sexan máis vulnerables ás catástrofes naturais, ás crises económicas, etc. O mesmo desastre natural acontecido nun pais rico non tería esas consecuencias. Vivimos nun mundo no que todo vai tan rápido que case nin temos tempo para pensar nelo.

Desde RuraisLab poderiamos aportar o noso grao de area, publicando toda a información da que dispoñemos sobre as iniciativas que se están levando a cabo, sobre todo desde Galicia, para difundir as accións coas que neste caso os haitianos poidan volver de certa forma Ã¡ “normalidade” (din que tardarán entre 5 e 10 anos). As axudas neste momento son básicas para o principio da súa recuperación, pero é iso, só o principio.
 
Deberiamos ir máis lonxe e intentar impulsar no noso contorno a concienciación das iniciativas solidarias en xeral e intentar fomentar a participación cidadana nelas así como o compromiso da nosa sociedade. Moitas veces as inxusticias sociais están moito máis preto de nós do que pensamos...
 
Que coñezamos, estas son as iniciativas que se están a realizar desde Galicia neste caso de Haití:

     

Se sabedes de máis iniciativas, penso que é un bo momento para comparti-las e pensar qué cousas podemos facer entre todos para axudar a mellorar a nosa sociedade...

 

Internet  e o uso da rede2.0 tamén permite acceder á información das accións realizadas en Haití polas principais ONG´s a nivel español:

     

 

 

Reply

Image CAPTCHA
Enter the characters shown in the image.
To prevent automated spam submissions leave this field empty.

Follow us...

 Follow RuraisLAB on Twitter   

User login

RuraisLAB English

Mulleres Rurais e desenvolvemento rural

RuraisLAB is a user centered virtual laboratory focused on social innovation in the RURAL enviroment, based on WOMEN needs and vision.

 

 

 

 

Mulleres Rurais e desenvolvemento rural

Mujer Rural

Mujer Rural y Desarrollo Rural

European Digital Agenda 2020

European Digital Agenda