FESTA DA LINGUA GALEGA. EDICIÓN 2014

13 May 2014

MEDIO CENTO DE SOCIAS E VECIÑOS CELEBRARON A FESTA DAS LETRAS GALEGAS, CO COLECTIVO FRAGA DAS SAÍMAS, GOZANDO DO TEATRO DE “ÁRDORA” E O FOTOCOL DE “GÚSTAME O GALEGO”
  
O colectivo Fraga das Saímas ven de celebrar, no Centro Socio-Cultural de Sto. André de Boimente, a súa Festa das Letras Galegas 2014 a pasada tarde-noite do sábado, 10 de maio, e cuxo Día das Letras se lle adica este ano ao poeta dos Vilares de Parga,  X. M. Díaz Castro.
 
 Os actos de homenaxe ás Letras Galegas e á nosa lingua deron comezo ás 18.00 horas coa benvida da presidenta, Flor Chao, previo reparto entre os asistentes dun folleto sobre a obra e vida de Díaz Castro e de escoitar a grabación musicada e cantada por Quenlla de Penélope, o poema máis famoso e dos máis traducidos do poeta lugués.
 
Fotocol do Grupo de teatro ÁRDORA
Logo do discurso de benvida da presidenta, onde resaltou o importante papel das veciñas e veciños como motores dinamizadores e orgullosos defensores da súa lingua no día e día das súas vidas, o público asistente tivo a oportunidade de disfrutar coa nova peza teatral do profesor Francisco Piñeiro, “Xustiza de Lei”, interpretada polo grupo de teatro Árdora, e cuxa actuación foi recibida con grande entusiasmou polo público asistente.
 
Rematado o teatro, o medio cento de convidados sumáronse ao Fotocol da campaña de fomento da lingua “Gustame o Galego” (desenvolta pola CTNL e gañadora do premio Xoán Manuel Pintos-2013) para  axudar a transmitir unha mensaxe positiva a prol do galego facendo visible o seu apoio individual e colectivo ao uso da lingua galega fotografándose con frases como “Gústame o galego ata no carné de identidade”, “Gústame que se faga xustiza co galego”, “que me digan qrt” m8 ;-), “ que me entren en galego ;-)”, “xogar en galego, etc. e que forman parte dos 30 lemas incluídos nesta campaña.
 
Fotocol dun grupo de asistentes á Festa das Letras2014

 

Follow us...

 Follow RuraisLAB on Twitter   

User login

RuraisLAB English

Mulleres Rurais e desenvolvemento rural

RuraisLAB is a user centered virtual laboratory focused on social innovation in the RURAL enviroment, based on WOMEN needs and vision.

 

 

 

 

Mulleres Rurais e desenvolvemento rural

Mujer Rural

Mujer Rural y Desarrollo Rural

European Digital Agenda 2020

European Digital Agenda