A historia de "Os Rosais"
Para que nos coñezades un pouco máis decidimos contarvos un pouco da nosa historia, quenes somos e de onde vimos...
Fai máis de 25 anos que comenzou a nosa andaina, aquilo que comezou de xeito casual mentres un grupo de amigas esperaban polos fillos á saÃda das actividades extraescolares é hoxe unha asociación con más de 500 persoas asociadas.
No 1984 construir unha asociación e levala adiante non era sinxelo, por iso nos servimos do apoio e a experiencia dunha asociación maior xa constituida como era a Asociación de Consumidores e de Amas de Casa RÃas Baixas da que formamos parte ata o 2004.
Comenzamos con 80 socias, do Porriño e Mos, e as actividades realizábanse polas tardes para non interromper a rutina cotiá da casa e o coidado dos seus.
Durante todos estes anos ademáis de crecer en número de socios conseguimos un local máis amplo onde levar a cabo as nosas actividades, pero non so nos adicamos a ocupar o noso tempo libre con manualidades e demáis, tamén loitamos polos nosos dereitos como Consumidoras, traballamos en colaboración moi estreita coa oficina Municipal de Información ó Consumidor e loitamos a reo para solucionar os problemas que nos afectan como consumidoras.
Pouco a pouco falarémosvos do que facemos e un pouco máis de quenes somos...
- osrosais's blog
- Add new comment
- 11410 reads
User login
RuraisLAB English
RuraisLAB is a user centered virtual laboratory focused on social innovation in the RURAL enviroment, based on WOMEN needs and vision.
Archivo
- March 2021 (1)
- December 2020 (3)
- July 2020 (2)
- March 2020 (4)
- February 2020 (3)
- December 2019 (1)
- October 2019 (2)
- August 2019 (2)
- July 2019 (1)
- June 2019 (2)