PROGRAMA DE SAÚDE "SPAbÃlate Muller"
by Fragadassaimas on Tue, 01/04/2014 - 12:49
ARRANCA O CIRCUÍTO TERMAL DO PROGRAMA DE SAÚDE “SPAbílate MULLER” ORGANIZADO POLO COLECTIVO “FRAGA DAS SAÍMAS” NO WELLNESS THALASSO CÁNTABRICO AS SIRENAS.
Doce das vinte participantes no programa de saúde do colectivo feminino “Fraga das Saímas” SPAbílate Muller, déronse cita este domingo 2 de febreiro ás 11.30 h. no Wellness Thalasso Cántabrico As Sirenas.
Durante os meses de febreiro e marzo unha vintena de participantes neste programa terapéutico da asociación de mulleres rurais “Fraga das Saímas” acudirán ao circuíto termal do Wellness Thalasso os venres á tarde e os domingos á mañá onde disfrutarán ao longo dunha hora e media do Circuíto Termal Thalassoterapia.
Este primeiro domingo de febreiro, un grupo de doce mulleres, amantes da saúde e da tranquilidade, inauguraron o programa de Fraga das SaímasSPAbílate Muller, acudindo á súa primeira cita coa Thalassoterapia, onde puideron relaxarse e gozar dun jacuzzi, unha piscina terapéutica con chorros, géiser e camas de hidromasaxe e onde disfrutaron tamén dunha zona de estufas, duha hamam (húmeda), dunha sauna seca, dos contrastes con auga fría e dos pediluvios, e completaron o circuito na zona de relax en tumbonas quentes.
As participantes neste 1º circuito termal Thalassoterapia remataron cansas pero contentas e satisfeitas logo de probar este método de terapia a base de tratamentos con auga mariña e felicitaronse por contar con estas instalacións no municipio, se ben aproveitaron tamén para suxerirlle á dirección do Centro a necesidade de dotar dalgún elemento de seguridade (pasamáns...) o Jacuzzi e a piscina terapéutica para mellorar a accesibilidade das persoas con problemas de equilibrio e dificultade de movementos.
A Directiva Fraga das Saímas aproveita para informarlles ás socias e veciños de Viveiro que só quedan 10 prazas libres para anotarse á viaxe programada por este colectivo para asistir como público, o venres 28 de febreiro, ao programa de LUAR da TVG. As persoas interesadas en acudir a este evento teñen que reservar a súa praza antes do luns 10 de febreiro, podendo facelo vía e-mail ou telefonicamente.
»
- Fragadassaimas's blog
- Add new comment
- 8917 reads
User login
RuraisLAB English
RuraisLAB is a user centered virtual laboratory focused on social innovation in the RURAL enviroment, based on WOMEN needs and vision.
Archivo
- March 2021 (1)
- December 2020 (3)
- July 2020 (2)
- March 2020 (4)
- February 2020 (3)
- December 2019 (1)
- October 2019 (2)
- August 2019 (2)
- July 2019 (1)
- June 2019 (2)