VISITA AOS COMPOSTEIROS DO PROXECTO EXPERIMENTAL DE COMPOSTAXE CASEIRA
AS MULLERES PARTICIPANTES NO PROXECTO DE COMPOSTAXE CASEIRA VISITARON OS CATRO COMPOSTEIROS OBXECTO DE SEGUIMENTO DO PROXECTO EXPERIMENTAL DO COLECTIVO “FRAGA DAS SAÍMAS” ACOMPAÑADAS POLA TÉCNICA DE ADEGA RESPONSABLE DO MESMO
O Centro Socio Cultural de Santo André de Boimente serviu esta fin de semana de punto de encontro das participantes no proxecto experimental do colectivo Fraga das Saímas “Compostaxe Caseira” coa técnica da Asociación na Defensa Ecolóxica de Galicia, María Rodríguez Lafuente. Encontro que tivo lugar co fin de desenvolver a 2ª Fase deste proxecto de sensibilización e concienciación medioambiental.
Antes de comezar a visita dos catro composteiros obxecto de seguimento no proceso de desenvolvemento deste proxecto experimental, a Técnica de ADEGA, seguindo indicacións da Directiva Fraga das Saímas, aproveitou para dar unha charla-coloquio sobre a importancia da Reciclaxe de aceites domésticos usados e levou a cabo unha demostración práctica, axudada polas súas alumnas, de como podiamos elaborar facilmente xabóns a partir de restos dos aceites usados a través dun proceso frío, ou o que se chama sen fonte calorífica externa. Proceso que é o que se emprega para elaborar xabóns duros de hidróxido sódico ou sosa cáustica.
Durante as visitas aos composteiros ubicados nas parroquias de Santo André de Boimente, Chavín e Vieiro, a Técnica Lafuente deulles unhas breves indicacións ás usuarias dos composteiros co fin de correxir pequenas deficiencias no seu uso e felicitou as futuras mestres composteiras pola boa marcha do proxecto, indicándolles que de seguir na mesma liña de uso dos composteiros no mes de setembro xa se podería facer a 3ª visita durante a cal se extraería o abono orgánico e se completaría así o proceso experimental de reciclaxe dos residuos caseiros.
- Fragadassaimas's blog
- Add new comment
- 10857 reads
User login
RuraisLAB English
RuraisLAB is a user centered virtual laboratory focused on social innovation in the RURAL enviroment, based on WOMEN needs and vision.
Archivo
- December 2016 (2)
- October 2016 (2)
- August 2016 (1)
- June 2016 (2)
- May 2016 (2)
- February 2016 (3)
- January 2016 (1)
- December 2015 (1)
- September 2015 (1)
- August 2015 (1)