RSS

Femuro

15 Xaneiro 2011

O futuro está nas nosas mans 1  

734
732

15 Xaneiro 2011

Femuro sensibiliza +  

728
Femuro sensibiliza

07 Xullo 2010

CLUBE DE LECTURA 1  

Efectivamente, chegamos ao final de curso, que non ao final da existencia do club de lectura de FEMURO. E facemos balance que, por suposto, é tremendamente positivo.
Como quen non quere a cousa ao longo do curso fomos lendo e comentando libros que nos aportaron novas historias, fantasías e realidades que pasan á nosa memoria e nos enriquecen.
Pero a aventura de ler non queda só en novas experiencias particulares; O club de lectura serviunos para xuntarnos, para crear lazos, para opinar, descubrir diferentes puntos de vista, discutir, aportar experiencias que viñeron á nosa mente a través das historias lidas nos libros.
Unha vez cada mes xuntámonos para compartir algo que todas temos en común: o gusto pola lectura, o pracer de ler, pero tamén o gusto de vernos, de recitar marabillosa mente poemas de Rosalía de Castro, de ver unha película, de avanzar nos afectos.
Foron moitos os libros que nos axudaron a pasar bos momentos e que nos serviron como pretexto para xuntarnos e falar.
O neno con pixama de raias, Cometas en el cielo, Memorias dun neno labrego, Follas Novas, Cartas de Inverno, Mil soles expléndidos, O lapis do carpinteiro, A perla, El guardián entre el centeno, El beso del Sahara… libros moi diferentes que nos ofreceron temas relacionados con distintas realidades: a problemática da muller afgana, os horrores da guerra, a vida doutras épocas no noso país coas que moitas nos identificamos, e moitos temas máis.
Grazas a todas, por participar nesta aventura, por aportar as vosas experiencias, por darme o voso cariño. Grazas por estar aí e por querer seguir compartindo comigo o entusiasmo pola lectura.
Despedímonos cun pouco de tristeza, pero coa alegría de que en setembro nos volveremos xuntar para retomar a actividade do club e vivir novas historias e compartilas.
Bo verán a todas e felices lecturas a todas.
 

07 Xullo 2010

Conecta Xoven 5  

OS/AS XÓVENES DE VERÍN REÚNENSE EN TOLEDO CON XÓVENES DE TODA ESPAÑA

Como agradecemento o traballo realizado polos/as xóvenes na 5ª etapa do CONECTA XOVEN, un proxecto que involucra directamente á xuventude en tarefas de alfabetización dixital de persoas adultas do seu propio entorno, os días 17, 18 e 19 de Xuño tivo lugar un Encontro Estatal no Centro Ecuestre Montes de Toledo (Cuerva- Toledo) no que participaron xóvenes de 14 entidades que están levando a cabo dito proxecto.

 

07 Xullo 2010

Son Xoan en Laza +  

 

01 Xuño 2010

Intercambio de experiencias en Lisboa +  

 

31 Maio 2010

Se estás desempregada... +  

14 Abril 2010

Femuro organiza o VII Foro da Igualdade 3  

Femuro celebra o seu VII Foro da Igualdade baixo o título "As Mulleres queremos... As Mulleres podemos" os próximos días 16, 17 e 18 de Abril na Residencia de Tempo Libre de Carballiño.

AXENDA:

Venres 16: Recepción ás asociacións e proxección da película : "Las chicas de la Lencería"

Sábado 17: Inaguración das xornadas pola Secretaria Xeral de Igualdade "Marta González Vázquez" .

Pola tarde compañeiras da Rede de Mulleres Veciñais contra os malos tratos de Vigo compartirán algunhas das suas experiencias.

A continuación levaránse a cabo actividades de ocio que permitan as 280 mulleres participantes compartir opinións acerca do tratado ó longo do día.

Domingo 18: Peche das xornadas.

08 Marzo 2010

DIA DA MULLER 4  

86

23 Febreiro 2010

Presentación de Femuro +  

 

01 Febreiro 2010

Femuro con Haití 1  

Femuro, dentro da área da solidaridade, decide poñer en marcha a campaña "Femuro con Haití" para recadar fondos destinados a axudar ás víctimas do terremoto. Para o que convida  a todas as asociacións federadas que leven a cabo esta campaña nas localidades onde teñen ámbito de actuación. As cantidades recadadas ingresaránse nas contas das seguintes ONG´s:

 

Na comarca do Carballiño, en fechas próximas, organizarase un rastrillo solidario, no que as mulleres porán en venta artesanía feita por elas mismas en favor da campaña. 

 

28 Xaneiro 2010

2010 MOTIVOS POLOS QUE SEGUIR TRABALLANDO A PROL DA IGUALDADE 1  

Artigo publicado en "La Región" (15.01.2010)

As mulleres ourensás cobran unha media de 3.600 euros anuales menos que os homes.

Os varóns ourensanos gañaron en 2008 un soldo medio de 18.125 euros, frente aos 14.490 que percibiron as traballadoras da provincia. Esta situación provoca que as prestaciónes por paro e as pensións das féminas sexan tamén menores ás dos homes, según os datos que ofrece un informe de técnicos de Facenda. A causa desta brecha salarial radica na maior presencia das mulleres en postos de menor remuneración, así como en traballos a tiempo parcial.

 

 

21 Xaneiro 2010

Curso de Formación Ocupacional: Monitor/a Sociocultural. 2  

A Federación Provincial de Mulleres Rurais de Ourense, levou a cabo dende o 6 de Outubro ata o 14 de Decembro un curso de "Monitor/a sociocultural", subvencionado pola Consellería de Traballo a través da Dirección Xeral de Formación e Colocación e polo Fondo Social Europeo.

A acción formativa forma parte dos antigos cursos do plan FIP, os cales agora pasan a denominarse: "accións formativas dirixidas prioritariamente aos traballadores e traballadoras desempregadas/os" (AFD). O obxectivo fundamental é mellorar a cualificación e a inserción laboral daquelas persoas que se atopen en situación de desemprego.

O curso de monitor foi impartido polas mañás no local onde se ubica a sede de Femuro en Verín. A duración do curso foi de 330 horas teórico-prácticas, onde se traballaron contidos relativos ás diferentes fases da intervención sociocumunitaria.

Ademáis impartíronse os módulos de Creación de empresas e formación en igualdade, de carácter transversal. Remataron con éxito a formación 13 alumnos/as que recibiron un diploma oficial homologado.

10 Xaneiro 2010

25 de Novembro +  

25NOV. Percorrido silencioso polas rúas de Verín, levando unha pancarta ata a praza maior da vila, ónde se pasou á concentración Contra a Violencia de Xénero. No centro da praza procedeuse á lectura dun manifesto e finalmente levouse a cabo o acto simbólico da partida contra a Violencia de Xénero nun taboleiro xigante.

26NOV. Ciclo de curtametraxes: "Ollando dende a igualdade". Curtometraxes sobre a desigualdade e distintos tipos de violencia que sofre a muller: "Pais e nais" dirixida por Marisa Crespo e Moisés Romera, "Nasija" de Guillermo Riso, "Water Closed", producido por Fundación de Mulleres. Ademáis proxectouse creada e realizada polas/os alumnas/os do curso de Monitor Sociocultural baixo o título: "Deixando atrás a violencia"

28NOV. Marcha polo bo trato. Ruta circular: Pozo do Demo ata Fonte do Sapo, en contra da violencia de xénero. Actividade impulsada polo Centro de Información á Muller de Verín.

25 Novembro 2009

CONCURSO FOTOGRAFICO +