RSS

valdalourinha

07 Marzo 2011

Día da Muller Traballadora +  

A orixe desta celebración foi en 1910, cando nunha Conferencia Mundial de Mulleres, Clara Zetkin, do Sindicato de Obreiras da confección, propuxo celebrar anualmente un día polos dereitos da paz e do progreso social das mulleres. Pero non foi ata 1952 cando a Organización de Naciones Unidas (ONU) instituíu o día 8 de marzo como o Día Internacional da Muller.
Este día é para lembrar datas históricas na loita das mulleres polos seus dereitos, como a loita das traballadoras estadounidenses da industria textil polas pésimas condicións laborais; ou a protesta de obreras da confección en 1908, que ocuparon unha fábrica en Nueva York, para reclamar xornadas laborais de 10 horas, en vez das 16h diarias, e que morreron queimadas no interior da fábrica a mans dos donos da empresa.
Val da Louriña celebra cada ano un acto de recoñecemento a dúas mulleres do noso concello, que representan a moitas outras mulleres merecedoras tamén de recoñecemento. Este ano as representantes de todas esas mulleres son: María Carrera, presidenta de ASODIFISI e María Morgadas, ex presidenta da AECC.
Xa pasaron uns 20 anos desde que María Carrera, de Louredo, e con fillos discapacitados, comentara cos seus viciños a necesidade dunha asociación como ASODIFISI. A idea tamén interesou á veciñanza doutras parroquias como Pereiras, Torroso. E foi nesta parroquia donde a Comunidade de montes lles cedeu un local para iniciar a súa actividade. María é a presidenta da asociación.
María Morgadas, de Torroso, non estivo nos primeiros pasos da Xunta local de Mos da Asociación contra o cancro, pero xa van uns 15 anos dedicados á asociación. A súa experiencia na Comisión de festas foi o que fixo que as primeiras persoas que se xuntaron para formar o grupo en Mos, acudiran a ela para pedir a súa colaboración. Ocupou os cargos de vocal, tesoureira e presidenta.
O acto terá lugar o sábado día 12 de marzo no Centro Cultural de Torroso, e contaremos tamén coa actuación do grupo de pandeireteiros "Os Tangaraños" e a Minibanda da Escola municipal de música.

04 Marzo 2011

CURSO DE PINTURA E DEBUXO ARTÍSTICO 1  

1074

 

A asociación Val da Louriña vai levar a cabo un curso de pintura e debuxo artístico subvencionado pola deputación. O curso terá unha duración de 30 horas, e necesitamos un mínimo de 10 alumnas para poder realizalo. Farémolo no noso local (Barrio Monte) os venres de 17h a 19h. Anímádevos!.

Esta é a foto dun óleo pintado nun curso anterior.

31 Xaneiro 2011

VISITA AO SHOW DE CHRISTIAN 1  

A asociación de MMRR Val da Louriña de Mos asistirá o vindeiro día 18 de febreiro ao espectáculo de transformismo de Christian, en Samil. Xa pasaron varios anos desde a última vez que presenciamos outro espectáculo, e decidimos facer esta proposta novamente ás nosas socias. Xa vos contaremos polo miúdo en qué consitiu o espectáculo.

Estamos preparando tamén unha viaxe para o mes de marzo, sen esquecer o Día Internacional da Muller, no que adoitamos facer un acto de recoñecemento a dúas mulleres do noso concello.

22 Decembro 2010

Bo Nadal !!! +  

634

12 Decembro 2010

Novos cursos na Asociación MMRR Val da Louriña 2  

 

CURSO DE PILATES

Logo de rematar o curso subvencionado, decidimos incluilo nos cursos permanentes da asociación.

Data inicio: 17 de decembro        Hora: 19.30 a 20.30h        Días: Luns e venres

Lugar: Local veciñal O Piñeiro (Sanguiñeda)      Prezo: 18€

 

CURSO DE INFORMÁTICA E USO DE NOVAS TECNOLOXÍAS

Formaremos dous grupos con dous niveis diferentes: un para aquelas persoas que están iniciándose ou teñen poucos coñecementos, e outro para as persoas que xa usan a informática a cotío. Cada grupo se comporá dun mínimo de 10 persoas.

Data inicio: 11 de xaneiro     Hora: 17 a 19h;  19.15 a 21.15h     Días: martes e xoves

Lugar: CDL en Puxeiros.     Subvencionado pola Xunta de Galicia.

Prezo único: 51€ por persoa (3 meses de formación)

Para participar en calquera destes cursos pórse en contacto coa directiva da asociación.

28 Novembro 2010

Día Internacional contra a violencia de xénero +  

618
O pasado día 25 de novembro levouse a cabo no local da asociación Val da Louriña unha charla-coloquio sobre a violencia doméstica. Foi un acto moi interesante, aínda que con esacasa asistencia de público.

Contamos coa presenza de Pilar Lagos, especialista da Garda civil en mulleres e nenos maltratados (EMUMES) de Pontevedra, que fixo un percorrido polo miúdo sobre actuación deste grupo de especialistas diante dun caso de maltrato. Aínda que se avanzou moito na loita contra esta lacra, queda moi claro que se precisan máis recursos humanos e económicos, así como un cambio na mentalidade da sociedade (nalgúns casos de xuices e policias á hora de se enfrontar a unha muller que foi agredida ou violada).

 

606

A continuación, Rosa Fontaíña da Rede Veciñal contra os malos tratos de Vigo, mostróunos unha cara aínda máis dura da violencia de xénero: ás veces, a vítima non só ten que loitar contra o seu agresor, senon tamén xustificarse diante dalgún policía ou dalgún xuíz, que adoitan tratalas como sospeitosas en vez de como vítimas.

É imprescindible educar en igualdade para acabar con esta lacra que xa levou consigo a case setenta mulleres no que vai de ano. Iso sen contar aquelas que morren logo de pasar días no hospital ou as que xa non soportan máis a situación e deciden pór fin á súa vida.

Aínda que o problema do maltrato é grave na nosa sociedade, non podemos esquecer a situación da muller noutros países como Nicaragua, México, etc, donde nenas que non chegan aos dez anos son violadas por membros da súa familia ( pai, avó, tío) ou veciños. Nalgúns casos son asasinadas para que non delaten aos seus agresores; ademais, no caso de quedar embarazadas, non poden someterse a un aborto terapéutico por estar penalizado.

Non cales, se te trata mal, maltrátate!

22 Novembro 2010

Visita a Psa Peugeot Citroen 1  

598
Esta tarde a asociación Val da Louriña de Mos levou a cabo unha visita guiada ás instalacións da fábrica de coches Citroen en Vigo. O percorrido levounos case 3 horas e comezou cun video que daba algúns apuntamentos sobre a evolución na producción de coches, a súa distribución mundial, así como sobre a importancia da industria auxiliar que lle suministra os distintos compoñentes.

 

 A continuación,     percorremos as distintas  naves donde se desenvolven os distintos procesos de producción: embutición (cortar e dar forma as distintas partes da carrocería), montaxe, etc.

O proceso está totalmente automatizado, sendo miles de robots os que se encargan da producción, controlados moi perto por persoal encargado do seu mantemento. 

18 Novembro 2010

Día Internacional contra a violencia de xénero 2  

 

A asociación  de MMRR Val da Louriña de Mos organiza para o día 25 de novembro, Día Internacional contra a violencia de xénero, unha charla-coloquio.

Intervirán: Rosa Fontaína, da Rede Veciñal contra os malos tratos de Vigo, e Pilar Lagos Alonso, Garda civil especialista en mulleres e nenos maltratados (EMUMES) de Pontevedra. Este acto terá lugar no noso local (Bº Monte) ás 19 h.

 

 

08 Novembro 2010

Pilates na asociación Val da Louriña 6  

A asociación Val da Louriña de Mos, dentro das súas actividades, dedica un espazo á saúde en forma de exercicio: un curso de Pilates

490

A este curso asisten 15 persoas, dous días á semana; é un curso de 20 horas  subvencionado polo concello.

 

Nas imaxes ofrecémovos distintos exercicios levados a cabo na última clase de Pilates.

 

492

 

 

494

22 Outubro 2010

Apuntamentos da charla sobre a fibromialxia +  

Este xoves día 21 de outubro, tivo lugar unha interesante charla sobre a fibromialxia, organizada pola asociación de MMRR Val da Louriña de Mos, coa colaboración da Asociación Galega de fibromialxia e o Centro de Saúde de Mos. O numeroso público que asistíu dá idea da cantidade de doentes que a padecen.

398

Á dereita aparecen, de esquerda a dereita, a Presidenta da Asociación (Mariví Ben Ledo), a Presidenta de Agafi (Dolores Bermúdez) e o Xerente do Centro de Saúde de Mos (Justo G. Ballesta).

O primeiro en intervir foi o doctor Ballesta, que deu uns apuntamentos sobre esta enfermidade caracterizada por un cansazo crónico, un sono leve, dor persistente, rixidez de músculos e tendóns, dor de cabeza ou problemas de memoria. Afecta máis a mulleres en idade reprodutiva, e a causa exacta é descoñecida. Todo apunta a que se trata dun proceso multifactorial.

 Pola súa banda, a Presidenta de Agafi suliñou a dificultade de chegar a un diagnóstico, antes do cal o doente está condeado a unha procesión de especialista en especialista; este proceso chega a durar varios anos. Aconsella non abusar dos medicamentos, usalos sólo cando se producen brotes. En canto a posibles factores que suavicen os síntomas, citou o exercicio físico moderado, alimentación sá e adecuada , controlar o peso, a balnoterapia.

En canto ás funcións que realiza esta asociación, ademais de charlas: Dispoñen dun médico e un psicólogo; loitan polo recoñecemento desta enfermidade; esixen máis investigación sobre esta doenza. En canto ao recoñecemento desta enfermidade, xa conseguiron que, a instancias do BNG, se levase esta proposta ao Parlamento galego, donde foi aprobada por unanimidade. Agora agardan que no Parlamento español corra a mesma sorte.

14 Outubro 2010

Día da Muller Rural +  

302
O feito de que se celebre un Día da Muller Rural dá idea do moito que aínda queda por camiñar neste campo. En Galiza sempre existíu un marcado "matriarcado", sempre foron a muller do rural, a muller do mariñeiro, as encargadas de levar a casa adiante: a educación dos fillos, as tarefas da casa, o traballo no campo. Pero este traballo non sempre foi valorado, nunha sociedade machista donde o poder económico o tiveron sempre os homes.

Aínda que a situación mellorou bastante, queda moito por facer. Evitar o despoboamento do rural pasa por facer del un modo de vida, xa sexa cultivando a terra a través de cooperativas, xa fomentando o turismo rural tan demandado hoxe en día. Para levar isto a bo termo , as administracións teñen que se implicar e pór en valor o rural como modo de vida, con axudas a aquelas persoas que aínda viven no rural ou a aquelas que están dispostas a irse alí a vivir.

As vantaxes de vivir no medio rural son moitas: vida saudable en contacto coa natureza, e unha experiencia para os nenos; cultivar os propios alimentos e criar animales para o uso familiar; evítar o despoboamento destas zonas ao tempo que se coida a natureza.

Non cabe dúbida de que tamén hai problemas na vida diaria no rural: A falta de transportes públicos; a falta dunCentro de saúde, Colexios, tendas e lugares de ocio cerca; a falta de boas comunciacións en moitas destas zonas sen acceso rápido á cidade, teléfono, internet; a educación  e a formación tanto de nenos como dos adultos resulta complicada; para rematar, nos núcleos rurais galegos é fundamental a existencia dun local social para fomentar a relación entre a veciñanza, así como para ter momentos de troula.

UN DESEXO PARA O 2011:

QUE O RURAL EN GALIZA SEXA VALORADO COMO DEBE E QUE TODA PERSOA QUE QUEIRA VIVIR NEL E DEL, POIDA FACELO.

10 Outubro 2010

Charla en Mos sobre a Fibromialxia 2  

264

09 Outubro 2010

Acto de homenaxe ás mulleres leiteiras de Mos +  

 Esta tarde tivo lugar a homenaxe a aquelas mulleres que decidiron "andar co leite" como  modo de se gañar a vida e sacar adiante ás súas familias. Unhas trinta mulleres xuntáronse neste acto no que, ademais de serlle entregado un agasallo a cada unha, tamén viron colocadas unhas esculturas na rotonda de Bos Aires, lugar no que collían o transporte público maior número de leiteiras. A cercanía de Vigo fixo que buscaran nesta profisión o seu modo de vida.   

 

 

282

 

 

A idea desta homenaxe partíu da asociación de veciños de Dornelas, lugar ao que pertencen a maioría destas mulleres, e quixeron contar coa nosa asociación para levar a cabo este acto.

 

 

280
Grupo de mulleres homenaxeadas

Na foto aparecen o presidente da asociación de veciños e a presidenta da nosa asociación, coas leiteiras e con autoridades do concello e da deputación, que colaboraron neste acto.

 

 

Tamén houbo unha lembranza a aquelas que xa non están con nós, coa

286
celebración dunha misacelebración dunha misa.

 

Unha pequena exposición mostrábanos algún material do empregado por estas mulleres na súa profisión: carro no que levaban as calderetas aquelas mulleres que repartían a pé; bidóns de varios tamaños; "medidas " do leite.

 

 

Para rematar o acto, e non perder os bos costumes, houbo chocolate e rosca.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

01 Septembro 2010

Val da Louriña comeza as súas actividades 2  

Con este caluroso verán a piques de rematar, a asociación Val da Louriña en Mos retoma a súa actividade. Esta mesma semana continuará o curso de informática que quedou iniciado antes do verán. Ademais, no mes de setembro que xa comeza, faremos unha viaxe á cidade de A Coruña, para visitar novamente o seu acuario, a torre de Hércules, subir no ascensor panorámico e facer unha visita panorámica da cidade, sen deixar atrás a fermosa Praza de María Pita.

Xa no mes de outubro, comezará un curso de pilates subvencionado polo concello, e darán comezo tamén as actividades e cursos permanentes: artesanía en coiro, labores, ximnasia, bolillos, sevillanas, teatro, pintura e manualidades..

 

11 Xullo 2010

Vacacións de verán na asociación Val da Louriña 11  

Tradicionalmente, os meses de xullo e agosto son de descanso na asociación: os cursos paran ata outubro, e as excursións e visitas culturais tamén; son meses que a directiva aproveita para desconectar e descansar; son meses tamén de moito calor, que non son os mellores para facer excursións, sobre todo, porque as socias que participan nestas viaxes son maioritariamente de edades avanzadas. Aínda así, este mes de xullo realizaremos a visita organizada pola deputación, e visitaremos Lalín, o museo etnográfico e a finca Mouriscade.

A continuación ofrecémosvos fotos da cea que cada ano celebramos coas socias e acompañantes que nos axudan no día da Festa de empanada de millo, que tén lugar o primeiro domingo de xuño.

    

    

Cada edición da festa contamos coa imprescindible axuda dunhas vintecinco socias, sen as cales non poderiamos organizar esta festa gastronómica.

Esta semana, a modo de despedida durante o verán, as compoñentes da directiva nos xuntaremos para cear, e con toda seguridade falar dos próximos proxectos .

QUE TEÑADES TODAS AS MULLERES DE RURAISLAB UN BO VERÁN!!!!

 

Síganos en...

 Follow RuraisLAB on Twitter   

Iniciar sesión

RuraisLAB Galego

Mulleres Rurais e desenvolvemento rural

RuraisLAB é un laboratorio ciudadán para a innovación social no medio rural, baseado nas necesidades e inquietudes da muller.

 

 

 

 

Mulleres Rurais e desenvolvemento rural

Mujer Rural

Mujer Rural y Desarrollo Rural

Axenda Dixital Europea 20202

Axenda Dixital Europea

CONTACTA CON NOS