RSS

Bienestar

30 Abril 2010

homenaxe a miña nai dende o fondo do corazón +  

Este domingo é o día da nai. Pregúntome ...que nai non se merece mais días de recoñecemento que un?. Eu hoxe non quero falar como nai que son , sinon como filla da nai que por sorte  tiven. Miña nai era entrañable, amorosa, doce ..agradecida, creo que non hai calificativos para expresar como era miña nai, hai 20 meses e unha semana que faltou e aínda sinto e seo calorciño,  dábaslle un bico e delvolvíache cinco, o seo instinto maternal perdurou ata o fin,  no seu leito pouco tempo antes dese fin, si me vía coa cabeza apoiada e pensando que dormía, acochábame....como cando éramos pequenas  e nas noites frías de inverno  sin calefacción, antes de deitarse  viña a acocharnos a miña irmá e a mín. E despois era tan agradecida, sempre nos decía " ogallá teñades tanta sorte co vosos fillos como teño eu con vos".

Miña nai miña naiciña, como miña nai ningunha que me quentou a cariña co calorciño da súa e acochábanos.....

15 Abril 2010

A Santiago que nos vamos... 2  

Este año es año Santo, por eso las mujeres de la asociación “Caselas” nos hemos decidido a peregrinar a Santiago en compañía de nuestras amigas de Ponteareas y Porriño. Eso sí, por motivos de trabajo y familiares haremos un camino un tanto especial, sábado a sábado haremos pequeñas etapas hasta conseguir el objetivo: atravesar la puerta Santa.

A partir de hoy os iremos narrando las aventuras de nuestro peculiar Camino...
 
1ª Etapa: Sábado 10 de Abril.
Salimos de la frontera portuguesa a las 08:20. Llegamos a Orbenlle ( 1º y única area de descanso en ruta pensada en el peregrino) a las 11:00 donde aprovechamos para descansar un rato, tomar algo y de paso poner un sello más a nuestra credencial. Arrancamos y... un poquito pesado el paso por el polígono, llegamos sobre las 13:00 horas a Porriño, habiendo dejado la primera persona del peregrinaje en el camino, con una rodilla hinchada.
 
 
 
 
La 2ª etapa será el próximo Sábado 17 y esperamos llegar a Pontevedra.
Os dejamos alguna foto para que veáis lo preparadas que vamos.
Hasta la próxima semana…

28 Marzo 2010

COGAMI promueve formación y servicios para las mujeres discapacitadas. +  

COGAMI, la Confederación Gallega de Personas con Disacapacidad, difunde estos días las actividades que desarrolla en favor del desarrollo personal y laboral de las mujeres con dispacidad de esta región. El 58% de las 200.000 personas gallegas con discapacidad son mujeres y son muchas las necesidades que tienen para conseguir socializarse, formarse, acceder al mercado laboral o atender a su propia biología. Las mujeres con algún problema físico o psíquico sufren una doble discriminación , especialmente en el ámbito rural, y según Cogami es preciso hacer un esfuerzo por parte de su entorno para dotarlas de instrumentos que incrementen su autoestima y autoconfianza.

06 Novembro 2009

Unha actividade para estar en forma... ximnasia! 3  

 

E tamén nos poñemos en forma! É unha das actividades que se repite outro ano: a ximnasia! Iso é porqué gústanos estar ben por dentro e por fóra, e a saúde é importante. Sen contar o agradable e divertido que é!

 

04 Novembro 2009

CLAUSÚRANSE AS XORNADAS DE PROMOCIÓN DA SAÚDE DA MULLER 5  

A Directiva da asociación “Fraga das Saímas” aposta pola saúde e a mellora da calidade de vida das mulleres de San Andrés e as súas veciñas de Viveiro.

MÁIS DE VINTE MULLERES DE SAN ANDRÉS E VECIÑAS DE VIVEIRO PARTICIPARON NAS XORNADAS DA PROMOCIÓN DA SAÚDE DA MULLER, ORGANIZADAS POLA ASOCIACIÓN “FRAGA DAS SAÍMAS” DURANTE O MES DE OUTUBRO.

A Directiva da AMMRR “Fraga das Saímas” ven de clausurar un ciclo de charlas nas que se falou sobre a saúde sexual, a prevención do cancro de mama e útero e de como potenciar o noso corpo a través da actividade física. Estas xornadas celebráronse ao longo do mês de outubro no Centro Socio-Cultural de San Andrés de Boimente.

Nas xornadas “Potenciando o noso corpo” as mulleres que participaron nas mesmas non só aprenderon cales son os beneficios dunha actividade física diaria senón que o puxeron en práctica desenvolvendo unha serie de exercicios dinámicos aerobios, de baixa intensidade e de relaxación e comprobaron como este tipo de exercicios axudan a diminuir a tensión, a ansiedade e incluso a depresión. Ao final destas xornadas se lles entregou ás asistentes un CD con exercicios prácticos e técnicas de relaxación.

Durante as “Xornadas sobre a prevención de cancro de mama e útero” as doutoras Laura Quintás e Noelia explicáronlles as asistentes, entre outros, cales son os factores de risco e de protección deste tipo de cancros, como se pode previlos e en que consiste unha autoexploración mamaria, enseñándolles como se debe facer este tipo de exploracións. Unha vez rematada a exposición as asistentes participaron nun coloquio onde expuxeron as súas experiencias persoais e as súas dúbidas.

A última charla desta programación outonal tratou sobre a Saúde sexual. Nesta falóuselles ás asistentes sobre as verdades e mentiras dos mitos na sexualidade masculina e feminina, sobre a transmisión do VIH, sobre a violencia de xénero e tamén aprenderon as asistentes que para que a saúde sexual se logre e se manteña os dereitos sexuais de todas as persoas deben ser respectados, protexidos e exercidos a plenitude.

30 Septembro 2009

15 de Outubro: Día Internacional da Muller Rural 3  

Cartel del día Internacional de las Mujeres Rurales de 2008O próximo 15 de Outubro celebrarase o Día Internacional da Muller Rural.
As mulleres rurais, viven nun entorno tradicionalmente moi masculinizado, realizan o seu traballo dentro e fora do fogar, pero carecen de remuneración e dereitos sociais.
A escasa valoración da sua contribución ó desenvolvemento rural é a principal fonte de marxinación.

Na loita pola Igualdade da muller, a aposta máis forte debe ser pola mujer do ámbito rural, inda que na actualidade fóronse suprimindo algúns obstáculos para o acceso das mulleres ós distintos sectores da sociedade como pode selo educativo, laboral, profesional...éste proceso de cambio estase producindo a un ritmo insuficiente.

O nivel educativo das mulleres xóvenes mellorou moito, se ben é certo que o medio rural non se beneficiou diso. Actualmente en moitas zonas de España está tendo lugar unha crisis demográfica debido o despoboamento das zonas rurais por parte das/dos xóvenes da zona.

O Día Internacional da Muller Rural ten coma principal finalidade recordarlle á sociedade que en moitos países as mulleres rurais viven na pobreza extrema, sen acceso ós servizos básicos e con enormes cargas de traballo. E recordarlle ós gobernos que a necesidade de políticas públicas encaminadas a potencialas suas capacidades e mellora-la sua calidade de vida é xa unha obriga.

Síganos en...

 Follow RuraisLAB on Twitter   

Iniciar sesión

RuraisLAB Galego

Mulleres Rurais e desenvolvemento rural

RuraisLAB é un laboratorio ciudadán para a innovación social no medio rural, baseado nas necesidades e inquietudes da muller.

 

 

 

 

Mulleres Rurais e desenvolvemento rural

Mujer Rural

Mujer Rural y Desarrollo Rural

Axenda Dixital Europea 20202

Axenda Dixital Europea