Bienestar
homenaxe a miña nai dende o fondo do corazón
Este domingo é o día da nai. Pregúntome ...que nai non se merece mais días de recoñecemento que un?. Eu hoxe non quero falar como nai que son , sinon como filla da nai que por sorte tiven. Miña nai era entrañable, amorosa, doce ..agradecida, creo que non hai calificativos para expresar como era miña nai, hai 20 meses e unha semana que faltou e aínda sinto e seo calorciño, dábaslle un bico e delvolvíache cinco, o seo instinto maternal perdurou ata o fin, no seu leito pouco tempo antes dese fin, si me vía coa cabeza apoiada e pensando que dormía, acochábame....como cando éramos pequenas e nas noites frías de inverno sin calefacción, antes de deitarse viña a acocharnos a miña irmá e a mín. E despois era tan agradecida, sempre nos decía " ogallá teñades tanta sorte co vosos fillos como teño eu con vos".
Miña nai miña naiciña, como miña nai ningunha que me quentou a cariña co calorciño da súa e acochábanos.....
- blogue de ocorazondosalnes
- Engadir novo comentario.
- 12183 lecturas
A Santiago que nos vamos... 2
Este año es año Santo, por eso las mujeres de la asociación “Caselas” nos hemos decidido a peregrinar a Santiago en compañía de nuestras amigas de Ponteareas y Porriño. Eso sí, por motivos de trabajo y familiares haremos un camino un tanto especial, sábado a sábado haremos pequeñas etapas hasta conseguir el objetivo: atravesar la puerta Santa.
- blogue de caselas
- 2 comentarios
- 16062 lecturas
COGAMI promueve formación y servicios para las mujeres discapacitadas.
COGAMI, la Confederación Gallega de Personas con Disacapacidad, difunde estos días las actividades que desarrolla en favor del desarrollo personal y laboral de las mujeres con dispacidad de esta región. El 58% de las 200.000 personas gallegas con discapacidad son mujeres y son muchas las necesidades que tienen para conseguir socializarse, formarse, acceder al mercado laboral o atender a su propia biología. Las mujeres con algún problema físico o psíquico sufren una doble discriminación , especialmente en el ámbito rural, y según Cogami es preciso hacer un esfuerzo por parte de su entorno para dotarlas de instrumentos que incrementen su autoestima y autoconfianza.
- blogue de Innovacion Rural
- Engadir novo comentario.
- 11532 lecturas
Unha actividade para estar en forma... ximnasia! 3
E tamén nos poñemos en forma! É unha das actividades que se repite outro ano: a ximnasia! Iso é porqué gústanos estar ben por dentro e por fóra, e a saúde é importante. Sen contar o agradable e divertido que é!
- blogue de ledicia
- 3 comentarios
- 23448 lecturas
CLAUSÚRANSE AS XORNADAS DE PROMOCIÓN DA SAÚDE DA MULLER 5
MÁIS DE VINTE MULLERES DE SAN ANDRÉS E VECIÑAS DE VIVEIRO PARTICIPARON NAS XORNADAS DA PROMOCIÓN DA SAÚDE DA MULLER, ORGANIZADAS POLA ASOCIACIÓN “FRAGA DAS SAÍMAS” DURANTE O MES DE OUTUBRO.
A Directiva da AMMRR “Fraga das Saímas” ven de clausurar un ciclo de charlas nas que se falou sobre a saúde sexual, a prevención do cancro de mama e útero e de como potenciar o noso corpo a través da actividade física. Estas xornadas celebráronse ao longo do mês de outubro no Centro Socio-Cultural de San Andrés de Boimente.
Nas xornadas “Potenciando o noso corpo” as mulleres que participaron nas mesmas non só aprenderon cales son os beneficios dunha actividade física diaria senón que o puxeron en práctica desenvolvendo unha serie de exercicios dinámicos aerobios, de baixa intensidade e de relaxación e comprobaron como este tipo de exercicios axudan a diminuir a tensión, a ansiedade e incluso a depresión. Ao final destas xornadas se lles entregou ás asistentes un CD con exercicios prácticos e técnicas de relaxación.
Durante as “Xornadas sobre a prevención de cancro de mama e útero” as doutoras Laura Quintás e Noelia explicáronlles as asistentes, entre outros, cales son os factores de risco e de protección deste tipo de cancros, como se pode previlos e en que consiste unha autoexploración mamaria, enseñándolles como se debe facer este tipo de exploracións. Unha vez rematada a exposición as asistentes participaron nun coloquio onde expuxeron as súas experiencias persoais e as súas dúbidas.
A última charla desta programación outonal tratou sobre a Saúde sexual. Nesta falóuselles ás asistentes sobre as verdades e mentiras dos mitos na sexualidade masculina e feminina, sobre a transmisión do VIH, sobre a violencia de xénero e tamén aprenderon as asistentes que para que a saúde sexual se logre e se manteña os dereitos sexuais de todas as persoas deben ser respectados, protexidos e exercidos a plenitude.
- blogue de Fragadassaimas
- 5 comentarios
- 10859 lecturas
15 de Outubro: Día Internacional da Muller Rural 3
O próximo 15 de Outubro celebrarase o Día Internacional da Muller Rural.
As mulleres rurais, viven nun entorno tradicionalmente moi masculinizado, realizan o seu traballo dentro e fora do fogar, pero carecen de remuneración e dereitos sociais.
A escasa valoración da sua contribución ó desenvolvemento rural é a principal fonte de marxinación.
Na loita pola Igualdade da muller, a aposta máis forte debe ser pola mujer do ámbito rural, inda que na actualidade fóronse suprimindo algúns obstáculos para o acceso das mulleres ós distintos sectores da sociedade como pode selo educativo, laboral, profesional...éste proceso de cambio estase producindo a un ritmo insuficiente.
O nivel educativo das mulleres xóvenes mellorou moito, se ben é certo que o medio rural non se beneficiou diso. Actualmente en moitas zonas de España está tendo lugar unha crisis demográfica debido o despoboamento das zonas rurais por parte das/dos xóvenes da zona.
O Día Internacional da Muller Rural ten coma principal finalidade recordarlle á sociedade que en moitos países as mulleres rurais viven na pobreza extrema, sen acceso ós servizos básicos e con enormes cargas de traballo. E recordarlle ós gobernos que a necesidade de políticas públicas encaminadas a potencialas suas capacidades e mellora-la sua calidade de vida é xa unha obriga.
- blogue de valdalourinha
- 3 comentarios
- 24579 lecturas
Iniciar sesión
RuraisLAB Galego
RuraisLAB é un laboratorio ciudadán para a innovación social no medio rural, baseado nas necesidades e inquietudes da muller.
Archivo
- Agosto 2010 (8)
- Xullo 2010 (16)
- Xuño 2010 (24)
- Maio 2010 (27)
- Abril 2010 (31)
- Marzo 2010 (25)
- Febreiro 2010 (24)
- Xaneiro 2010 (28)
- Decembro 2009 (35)
- Novembro 2009 (57)
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- seguinte ›
- última »