Responder ó comentario

10 Xuño 2014

VIAXE A TERRAS CÁNTABRAS 2  

A CUEVA DEL SOPLAO E A PENÍNSULA DA MAGDALENA, ENTRE OS DESTINOS TURÍSTICOS ELEXIDOS POLO COLECTIVO FRAGA DAS SAÍMAS DURANTE A SÚA VISITA A TERRAS CÁNTABRAS.

Máis de medio cento de persoas veñen de gozar coa asociación Fraga das Saímas  dunha fin de semana de ocio, tempo libre e cultura por terras cántabras organizada polo colectivo feminino en colaboración con viaxes Lucus.

O pasado sábado, 7 de xuño, o colectivo de San Andrés de Boimente partiu cara a terras cántabras, acompañado dun nutrido grupo amantes da aventura. Logo dunha  parada en Cudillero, na que os viaxeiras/os pasearon e disfrutaron da beleza desta pequena vila mariñeira, a expedición desembarcou en Santillana del Mar para visitar o Museo Nacional de Altamira, Centro para a conservación, investigación e difusión da Cueva de Altamira, onde tamén tiveron ocasión de coñecer a exposición permanente “Los tiempos de Altamira” e a Neocueva, unha réplica artificial case perfecta das covas orixinais. Xa pola tarde, arribaron en Santander, onde gozaron dunha visita panorámica guiada pola cidade e unha ruta a pé polo centro,  achegándose ao interior das dúas igrexas que conforman a singular  Catedral da Nosa Señora da Asunción. Logo deste recorrido polo casco da cidade os excursionistas desprazáronse ata a Península da Magdalena para disfrutar da beleza da súa contorna, do Real Pazo da Magdalena (monumento declarado monumento histórico-artístico no 1982) e dos pingüíns, focas, leóns mariños e patos que alberga o mini ZOO. O grupo clausurou este intenso e apaixoante día disfrutando dunha espléndida cea servida no hotel Viadero e paseando pola encantadora vila de Noja.

O Domingo a mañá, o grupo trasladouse á vila mariñeira de Santoña, onde coñeceron de primeira man o proceso de limpeza, envasado e comercialización das famosas anchoas durante a visita a unha das súas fábricas conserveiras tradicionais de anchoas. A mediodía e cun clima inmellorable o grupo embarcou no Villa-Fuica para disfrutar durante unha hora da ruta 3 mares. Marismas, Bahía e Acantilados. Antes de abandoar esta vila de profunda vocación mariñeira, o grupo tivo ocasión de falar co activista francés pola paz, Joel Butón, o cal recordaba con cariño o seu paso por Viveiro. Joel leva máis de 14 anos viaxando por todo o continente europeo reclamando a eliminación das minas antipersoas.

Logo do xantar o grupo colleu rumbo a Rionansa para adentrarse na Cueva de El Soplao ou tamén coñecida como a Capilla Sixtina da xeoloxía, un excepcional patrimonio de arqueoloxía mineira de algo máis de 30 kms. de galería, planos inclinados ou castilletes e onde o grupo de aventureiras/os tiveron unha oportunidade única para admirar a abundante e complexa diversidade de formacións excéntricas que atesoura esta cavidade.

Xa de camiño a casa, e antes de despedir ao grupo, a Presidenta da asociación Fraga das Saímas deilles as grazas por acompañar nesta aventura cántabra ao colectivo feminino e a súa confianza amosada na entidade de San Andrés, e prometeu que o colectivo intentaría seguir  programando novas viaxes e sorpresas “para todos aqueles e aquelas que gocen acompañándonos na nosa andaina viaxeira”. 

Responder

Image CAPTCHA
Enter the characters shown in the image.
To prevent automated spam submissions leave this field empty.

Síganos en...

 Follow RuraisLAB on Twitter   

Iniciar sesión

RuraisLAB Galego

Mulleres Rurais e desenvolvemento rural

RuraisLAB é un laboratorio ciudadán para a innovación social no medio rural, baseado nas necesidades e inquietudes da muller.

 

 

 

 

Mulleres Rurais e desenvolvemento rural

Mujer Rural

Mujer Rural y Desarrollo Rural

Axenda Dixital Europea 20202

Axenda Dixital Europea