Responder ó comentario

01 Decembro 2014

CELEBRACIÓN DE XORNADAS MICOLÓXICAS E GASTRONÓMICAS DE COGOMELOS-2014 1  

UNHA VEINTENA  DE AMANTES  DO MUNDO  DA MICOLOXÍA PARTICIPARON NA IIª EDICIÓN DAS XORNADAS MICOLÓXICAS E GASTRONÓMICAS DE COGOMELOS ORGANIZADAS POLO COLECTIVO DE MULLERES FRAGA DAS SAÍMAS

 
O Centro Socio-cultural de Santo André de Boimente ven de acoller con grande éxito de participación  as  Xornadas Micolóxicas e Gastronómicas de Cogomelos no Buio que organizou por segundo ano consecutivo o colectivo feminino Fraga das Saímas. Para a organización destas xornadas contaron coa colaboración do enxeñeiro agrónomo, Marcos Besada,  titular da tenda agroecolóxica Estruga.
 

As xornadas, que se celebraron durante todo o día do sábado 25 de outubro, deron comezo ás 10.00 horas no Centro Socio-cultural de Santo André de Boimente, onde se citaron alum@s e técnicos. Logo de dar, por parte da secretaria do colectivo organizador, a benvida a tod@s e entregarlles as bases do concurso de cestas e composición de

setas, ao cal se sumaron máis de dez participantes,  a Micóloga e Licenciada en Ciencias Ambientais (Rita Cid) impartiu unha charla onde deu unhas nocións básicas sobre algunhas das 165 diferentes especies de cogomelos e champiñóns existentes en Galicia. Durante a mesma @s asistentes aproveitaron para resolver dúbidas e facerlle todo tipo de consultas. Ao remate desta charla-debate a Presidenta da asociación procedeu a sortear entre @s asistentes un exemplar da Guía Micolóxica dos ecosistemas galegos, recaendo nas mans da afortunada Merche, socia do colectivo Fraga das Saímas.

 Rematada a charla o grupo partiu cara aos montes do Buio e Lerín para poñer en práctica o aprendido e coñecer  de primeira man a riqueza micolóxica  e valor ambiental dos montes veciñais en man común de Santo André de Boimente.

 
Logo de estar recorrendo durante máis de catro horas diferentes veredas dos Montes do Buio, así como da propia Fraga das Saímas, cunha pequena parada para xantar no Refuxio do Candaoso, o grupo de aficionados á Micoloxía voltaron ao Centro Socio-Cultural para, un grupo dos participantes e da man da Micóloga Rita Cid, seleccionar as variedades recollidas e proceder á limpeza, mentras as participantes do concurso de cestas e composición de setas decoraban as súas cestas e dábanlles os últimos retoques antes de que o xurado se reunirá para emitir un veredito. Ao mesmo tempo, o multifacético Marcos Besada, acompañado do seu equipo, preparou diversos pratos (revoltos de níscalos, arroz con boletus e mazás, etc…) elaborados a base de boletus edulis e Bayo, Macrolepiotas, Cantarelas e Níscalos, para a degustación culinaria onde cerca de trinta comensales deron boa conta de todos os pratos, incluído postre e café.
 
As gañadoras do concurso de Cestas e composición de setas, ao que se presentaron once maravillosas cestas, segundo o veredito unánime dos membros do xurado calificador foron as irmás, Inés e Luisa, que se levaron como premio unha cesta composta dun lote de produtos ecolóxicos galegos de tempada (Queixo arqueixal, As Maruxas de Nata, Crema Marrón Glassé, Cervexa artesanal Aloumiña, Sidra Maeloc, tostas de pan Mariñeiras con algas, etc.), pechando así con grande éxito e satisfacción por parte dos asistentes e do colectivo organizador as IIª Xornadas Micolóxicas e gastronómicas de cogomelos.
 

Por último, cabe resaltar que a Directiva Fraga das Saímas celebra sempre a visita aos montes do Buio de todas as  persoas amantes do mundo da micoloxía, posto que saben que son respetuosas coa natureza e o  patrimonio veciñal, mais expresan o seu profundo rexeitamento á entrada masiva, que vimos constatando nos últimos anos, de persoas alleas á comunidade veciñal cuxo único fin seu é a recollida incontrolada de cogomelos, esquilmando os recursos naturais do monte e coa consecuente perda dunha fonte de riqueza  extraordinariamente importante para os nosos ecosistemas.

Responder

Image CAPTCHA
Enter the characters shown in the image.
To prevent automated spam submissions leave this field empty.

Síganos en...

 Follow RuraisLAB on Twitter   

Iniciar sesión

RuraisLAB Galego

Mulleres Rurais e desenvolvemento rural

RuraisLAB é un laboratorio ciudadán para a innovación social no medio rural, baseado nas necesidades e inquietudes da muller.

 

 

 

 

Mulleres Rurais e desenvolvemento rural

Mujer Rural

Mujer Rural y Desarrollo Rural

Axenda Dixital Europea 20202

Axenda Dixital Europea