Responder ó comentario

19 Novembro 2009

II EDICIÓN DO MAGOSTO DA FRAGA DAS SAÍMAS "TOMA CASTAÑAS!" 1  

A ACTRIZ PAULA CARBALLEIRA CAUTIVOU COA SÚA ACTUACIÓN E SIMPATÍA AOS ASISTENTES Á IIª EDICIÓN DO MAGOSTO “TOMA CASTAÑAS!” ORGANIZADA POLA ASOCIACIÓN DE MULLERES RURAIS “FRAGA DAS SAÍMAS”


 
O sábado, 14 de novembro a Asociación de mulleres rurais “Fraga das Saímas” celebrou con éxito a súa IIª Festa do Magosto Toma Castañas! . Esta segunda edición celebrouse no seu Centro Socio-Cultural de San Andrés de Boimente.

 
Este magosto da Fraga das Saímas comezou ás 18:30 horas co saúdo de benvida de Flor Chao, Presidenta da Asociación MMRR Fraga das Saímas .

 
A Presidenta agradeceu a presenza de todos os presentes e a participación de toda a comunidade veciñal nesta II edición do Magosto, destacando a homenaxe que nesta ocasión a directiva quixo facer ao Samaín coa decoración de cabazas para a celebración deste evento e que representa unha pequena mostra dunha antiquísima tradición transmitida polos antepasados celtas.

 
Feito o saúdo, a Presidenta deu paso á secretaria da asociación, a cal comezou a súa intervención asegurando que coa celebración do 2º Magosto da Fraga das Saímas e coa presencia de todos os convidados estábase a dar, entre todos, unha mostra colectiva do mellor facer da cultura de base a través da consolidación dun dos rituais sociais de maior tradición entre os maiores. Por outra banda, Gloria destacou quea directiva desta asociación espera potenciar pouco a pouco e cada ano máis esta singular, vella e rica costume dos magostos, porque desde a Asociación da Fraga das Saímas estase a traballar na recuperación das nosas tradicións, da nosa historia, en definitiva, das nosas raíces.
 
Rematada a intervención da secretaria, os asistentes puideron disfrutar coa actuación de Paula Carballeira (actriz, autora de diversas obras de teatro e libros infantiles, guionista, e excelente narradora de contos) que coas súas historias e simpatía arrancou risas e calurosos aplausos dun público totalmente entregado e onde as seguidoras e admiradoras da actriz aproveitaron a ocasión para fotografiarse xunto a ela.
 
Despois de hora e media de risas cos contos de Paula Carballeira os máis de cen veciños que acudiron a pasar esta tarde-noite de troula coas súas familias e amigos deron boa conta das Castañas asadas (o produto estrela), chourizos, lacón e outros produtos da tempada.
 
Xa entrada a noite nenos e maiores cantaron e bailaron ao son da música do Grupo Dúo Suso, cumprindo así cun dos rituais sagrados destas festas ancestrais. Esta celebración en homenaxe á filla do Castiñeiro e ás noites de Samaín rematou cando xa pasaba da media noite.

Responder

Image CAPTCHA
Enter the characters shown in the image.
To prevent automated spam submissions leave this field empty.

Síganos en...

 Follow RuraisLAB on Twitter   

Iniciar sesión

RuraisLAB Galego

Mulleres Rurais e desenvolvemento rural

RuraisLAB é un laboratorio ciudadán para a innovación social no medio rural, baseado nas necesidades e inquietudes da muller.

 

 

 

 

Mulleres Rurais e desenvolvemento rural

Mujer Rural

Mujer Rural y Desarrollo Rural

Axenda Dixital Europea 20202

Axenda Dixital Europea