Responder ó comentario

31 Outubro 2010

Actividades +  

Como  chegou o outono, a colleita está feita, os días son mais pequenos e as noites mais longas, é o tempo de empezar as nosas actividades como tódolos anos. Este ano, nun principio témola axenda bastante saturada, pois mirade: de 20,00horas a 22,00, luns e xoves temos informática, martes encaixe de bolillos, mércores canastilla; a partires das 22,00 horas, sábados baile de salón e por si nos  fora pouco, a maior parte das activistas destes cursos forman parte dun coro "Asoc. cult. Coro Parroquial San Juan de Meaño"que como xa vos daredes conta ensaia os venres, aproveito a ocasión para decirvos que cantan como os anxos;  para que vexades que, as mulleres de Meaño non teñen tempo para  ir a psicólogo porque a verdade e que non lles fai falta, non collen depresión pois sóbralles presión. Con toda esta parrafada quero decirvos, que vos animedes en participar nas actividades ou cursos, hai que votarlle imaxinación,( porque sabedes que axudas institucionales, cada vez menos, facemos pouco ruido e téñenos olvidadas) pois a relación, participación, intercambio e o apredizaxe enriquece a nosa autoestima e fainos sentirnos ben. Ánimo compañeiras do rural.

Responder

Image CAPTCHA
Enter the characters shown in the image.
To prevent automated spam submissions leave this field empty.

Síganos en...

 Follow RuraisLAB on Twitter   

Iniciar sesión

RuraisLAB Galego

Mulleres Rurais e desenvolvemento rural

RuraisLAB é un laboratorio ciudadán para a innovación social no medio rural, baseado nas necesidades e inquietudes da muller.

 

 

 

 

Mulleres Rurais e desenvolvemento rural

Mujer Rural

Mujer Rural y Desarrollo Rural

Axenda Dixital Europea 20202

Axenda Dixital Europea