Responder ó comentario

07 Marzo 2011

Día da Muller Traballadora +  

e-opina
A orixe desta celebración foi en 1910, cando nunha Conferencia Mundial de Mulleres, Clara Zetkin, do Sindicato de Obreiras da confección, propuxo celebrar anualmente un día polos dereitos da paz e do progreso social das mulleres. Pero non foi ata 1952 cando a Organización de Naciones Unidas (ONU) instituíu o día 8 de marzo como o Día Internacional da Muller.
Este día é para lembrar datas históricas na loita das mulleres polos seus dereitos, como a loita das traballadoras estadounidenses da industria textil polas pésimas condicións laborais; ou a protesta de obreras da confección en 1908, que ocuparon unha fábrica en Nueva York, para reclamar xornadas laborais de 10 horas, en vez das 16h diarias, e que morreron queimadas no interior da fábrica a mans dos donos da empresa.
Val da Louriña celebra cada ano un acto de recoñecemento a dúas mulleres do noso concello, que representan a moitas outras mulleres merecedoras tamén de recoñecemento. Este ano as representantes de todas esas mulleres son: María Carrera, presidenta de ASODIFISI e María Morgadas, ex presidenta da AECC.
Xa pasaron uns 20 anos desde que María Carrera, de Louredo, e con fillos discapacitados, comentara cos seus viciños a necesidade dunha asociación como ASODIFISI. A idea tamén interesou á veciñanza doutras parroquias como Pereiras, Torroso. E foi nesta parroquia donde a Comunidade de montes lles cedeu un local para iniciar a súa actividade. María Ã© a presidenta da asociación.
María Morgadas, de Torroso, non estivo nos primeiros pasos da Xunta local de Mos da Asociación contra o cancro, pero xa van uns 15 anos dedicados á asociación. A súa experiencia na Comisión de festas foi o que fixo que as primeiras persoas que se xuntaron para formar o grupo en Mos, acudiran a ela para pedir a súa colaboración. Ocupou os cargos de vocal, tesoureira e presidenta.
O acto terá lugar o sábado día 12 de marzo no Centro Cultural de Torroso, e contaremos tamén coa actuación do grupo de pandeireteiros "Os Tangaraños" e a Minibanda da Escola municipal de música.

Responder

Image CAPTCHA
Enter the characters shown in the image.
To prevent automated spam submissions leave this field empty.

Síganos en...

 Follow RuraisLAB on Twitter   

Iniciar sesión

RuraisLAB Galego

Mulleres Rurais e desenvolvemento rural

RuraisLAB é un laboratorio ciudadán para a innovación social no medio rural, baseado nas necesidades e inquietudes da muller.

 

 

 

 

Mulleres Rurais e desenvolvemento rural

Mujer Rural

Mujer Rural y Desarrollo Rural

Axenda Dixital Europea 20202

Axenda Dixital Europea