INAUGURACIÓN BIBLIOTECA VECIÑAL NA FESTA DAS LETRAS GALEGAS DO COLECTIVO FRAGA DAS SAÍMAS

03 Xuño 2013

O COLECTIVO DE MULLERES "FRAGA DAS SAÍMAS" INAUGUROU ESTA FIN DE SEMANA, NO MARCO DA CELEBRACIÓN DA FESTA DAS LETRAS GALEGAS 2013,  A SÚA  BIBLIOTECA VECIÑAL

  

O colectivo de mulleres Fraga das Saímas ven de celebrar na compaña de medio cento de socias e convidados  o Día das Letras Galegas 2013.

            

Os actos comezaron ás 18.00 h coa intervención de Flor Chao, Presidenta da asociación Fraga das Saímas, que exerceu de  mestra de ceremonias da nova Biblioteca veciñal por desexo expreso da súa  Directiva e a cal quixo  que fora a  celebración do Día das Letras Galegas-2013  a data  na que se abriran as portas da Biblioteca Fraga das Saímas por ser o  marco ideal para a súa presentación oficial , según palabras da propia presidenta. Durante a súa intervención, Flor Chao  convidou ás súas socias e veciños de San Andrés de Boimente a facer uso deste novo espazo cultural e animou aos veciños do concello de Viveiro  a facerse socios da recén estreada Biblioteca veciñal.

                                                          

Coa posta en marcha desta Biblioteca veciñal, grazas ás doazóns de fondos bibliográficos da Fundación Pedro Barrié de La Maza, a Fundación Sotavento e as socias Elsa, Flor e Gloria, o colectivo Fraga das Saímas quixo sumarse na defensa do acceso ao coñecemento e á información en igualdade de condicións para todas e todos, na defensa do fortalecemento do hábito lector e na defensa do coñecemento da literatura e o patrimonio cultural.

Logo da inauguración, onde a Directiva agasallou ao medio cento de asistentes cunhas libretas conmemorativas, o grupo de teatro aficionado de Fazouro “A Adala” representou a comedia “Enredos” onde o público non foi quen de parar de rir ata o remate desta peza teatral de Francisco Piñeiro.

 

 

 

 

 

Síganos en...

 Follow RuraisLAB on Twitter   

Iniciar sesión

RuraisLAB Galego

Mulleres Rurais e desenvolvemento rural

RuraisLAB é un laboratorio ciudadán para a innovación social no medio rural, baseado nas necesidades e inquietudes da muller.

 

 

 

 

Mulleres Rurais e desenvolvemento rural

Mujer Rural

Mujer Rural y Desarrollo Rural

Axenda Dixital Europea 20202

Axenda Dixital Europea