CLAUSÚRANSE AS XORNADAS DE PROMOCIÓN DA SAÚDE DA MULLER

04 Novembro 2009

A Directiva da asociación “Fraga das Saímas” aposta pola saúde e a mellora da calidade de vida das mulleres de San Andrés e as súas veciñas de Viveiro.

MÁIS DE VINTE MULLERES DE SAN ANDRÉS E VECIÑAS DE VIVEIRO PARTICIPARON NAS XORNADAS DA PROMOCIÓN DA SAÚDE DA MULLER, ORGANIZADAS POLA ASOCIACIÓN “FRAGA DAS SAÍMAS” DURANTE O MES DE OUTUBRO.

A Directiva da AMMRR “Fraga das Saímas” ven de clausurar un ciclo de charlas nas que se falou sobre a saúde sexual, a prevención do cancro de mama e útero e de como potenciar o noso corpo a través da actividade física. Estas xornadas celebráronse ao longo do mês de outubro no Centro Socio-Cultural de San Andrés de Boimente.

Nas xornadas “Potenciando o noso corpo” as mulleres que participaron nas mesmas non só aprenderon cales son os beneficios dunha actividade física diaria senón que o puxeron en práctica desenvolvendo unha serie de exercicios dinámicos aerobios, de baixa intensidade e de relaxación e comprobaron como este tipo de exercicios axudan a diminuir a tensión, a ansiedade e incluso a depresión. Ao final destas xornadas se lles entregou ás asistentes un CD con exercicios prácticos e técnicas de relaxación.

Durante as “Xornadas sobre a prevención de cancro de mama e útero” as doutoras Laura Quintás e Noelia explicáronlles as asistentes, entre outros, cales son os factores de risco e de protección deste tipo de cancros, como se pode previlos e en que consiste unha autoexploración mamaria, enseñándolles como se debe facer este tipo de exploracións. Unha vez rematada a exposición as asistentes participaron nun coloquio onde expuxeron as súas experiencias persoais e as súas dúbidas.

A última charla desta programación outonal tratou sobre a Saúde sexual. Nesta falóuselles ás asistentes sobre as verdades e mentiras dos mitos na sexualidade masculina e feminina, sobre a transmisión do VIH, sobre a violencia de xénero e tamén aprenderon as asistentes que para que a saúde sexual se logre e se manteña os dereitos sexuais de todas as persoas deben ser respectados, protexidos e exercidos a plenitude.

Síganos en...

 Follow RuraisLAB on Twitter   

Iniciar sesión

RuraisLAB Galego

Mulleres Rurais e desenvolvemento rural

RuraisLAB é un laboratorio ciudadán para a innovación social no medio rural, baseado nas necesidades e inquietudes da muller.

 

 

 

 

Mulleres Rurais e desenvolvemento rural

Mujer Rural

Mujer Rural y Desarrollo Rural

Axenda Dixital Europea 20202

Axenda Dixital Europea