Cursos y Formación
CURSOS DAS ASOCIACIONS DE FEMURO NA COMARCA DO CARBALLIÑO 1
- do blogue de conectadasomundo
- 1 comentário
- 14169 leituras
ALFABETIZACION DIXITAL DE ADULTOS/AS 1
A pasada semana deu comezo un novo curso de Alfabetización dixital, no que un grupo de usuarias/os van a recibir formación para o emprego das farramentas de comunicación actuais. Dende FEMURO, animamos a toda a poboacion a iniciarse no manexo das novas tecnoloxias, cunha metodoloxia facil e adaptada.
- do blogue de conectadasomundo
- 1 comentário
- 12516 leituras
Curso de Formación Ocupacional: Monitor/a Sociocultural. 2
A Federación Provincial de Mulleres Rurais de Ourense, levou a cabo dende o 6 de Outubro ata o 14 de Decembro un curso de "Monitor/a sociocultural", subvencionado pola Consellería de Traballo a través da Dirección Xeral de Formación e Colocación e polo Fondo Social Europeo.
A acción formativa forma parte dos antigos cursos do plan FIP, os cales agora pasan a denominarse: "accións formativas dirixidas prioritariamente aos traballadores e traballadoras desempregadas/os" (AFD). O obxectivo fundamental é mellorar a cualificación e a inserción laboral daquelas persoas que se atopen en situación de desemprego.
O curso de monitor foi impartido polas mañás no local onde se ubica a sede de Femuro en Verín. A duración do curso foi de 330 horas teórico-prácticas, onde se traballaron contidos relativos ás diferentes fases da intervención sociocumunitaria.
Ademáis impartíronse os módulos de Creación de empresas e formación en igualdade, de carácter transversal. Remataron con éxito a formación 13 alumnos/as que recibiron un diploma oficial homologado.
- do blogue de Femuro
- 2 comentários
- 14711 leituras
Mostrando nuestro arte
- do blogue de Crecente
- Adicionar novo comentário
- 9556 leituras
Continúa a actividade na asociación Val da Louriña: Encaixe de bolillos 4
Tralo paréntese navideño, comezamos o novo ano retomando os cursos e obradoiros que se interromperan coas pasadas festas. Unha destas actividades é a de encaixe de bolillos, na que, como poderedes apreciar, fan traballos impresionantes.
O curso de bolillos ten lugar todos os mércores pola tarde no local da asociación de veciños, en O Piñeiro (Sanguiñeda). Pastora é a monitora, que xa tén unha máis que probada experiencia neste tema. Amosamos dous dos traballos que están rematando agora.
No referente a outras actividades, xa vos iremos contando en qué andaremos metidas este ano, xa que, ademais de continuar con eses cursos e obradoiros permanentes (pintura e manualidades, ximnasia, labores, teatro, etc), estamos organizando algunha charla sobre a fibromialxia e unha visita ás instalacións da factoría Citroen en Vigo. De todo o que vaiamos facendo xa vos iremos informando.
- do blogue de valdalourinha
- 4 comentários
- 13036 leituras
En xaneiro novas actividades na Asociación de Mulleres Rurais Portas Abertas de Ramiras 4
Ano novo, vida nova! En eso andamos a pensar na Asociación Portas Abertas de Ramirás para comezar o novo ano 2010. E que mellor que porse en forma cun novo curso de Chikung-Taichi. Sona un pouco raro, pero se empezas esta modalidade de ximnasia, non o vas a poder deixar, porque é moi adictiva.
Tratase de ximnasia para a saúde, onde a través de exercicios suaves, respiración e estiramentos, trabállanse tódolos músculos do corpo.
Parece que non estas traballando mentras a practicas, pero o cabo de pouco tempo notas os resultados.
Vaise celebrar a partir do mes de xaneiro os martes e xoves de 18.00 a 19.00h, no Centro de Saúde de Vilavidal (Ramirás). Para anotarse hai que chamar o teléfono 988491523 en horario de mañá.
É para tódolos públicos non importa a idade. Todo o contrario. Na nosa asociación non temos idade para facer todo o que nos apeteza. A forma de pensar é o que marca a idade que tes!
Xa vos ensinaremos unha foto cando empecemos o curso. Por agora estamos na fase de divulgación para que se entere todo o mundo.
- do blogue de portasabertas
- 4 comentários
- 11073 leituras
Remate do curso de patchwork 1
Na nosa asociación de Chorima rematamos o pasado xoves o curso de patchwork que estabamos realizando os xoves pola tarde. Aprendemos a facer un montón de cousas moi útiles como veredes nas fotos que publicamos a continuación, a ver si vos animades a facelo.
- do blogue de chorima
- 1 comentário
- 13058 leituras
Uhna tarde de pintura e manualidades en Mos... 5
Arredor de 20 socias acoden cada venres, de 16h a 20h, ás clases de pintura e manualidades, en dúas tandas de 2 horas cada unha. Entre as técnicas que aprendemos están a pintura en óleo, acrílico, en tela, vidro, etc; decoración de obxetos variados; barnizado e pintura en madeira... Despois de dúas décadas con Josefa como monitora, este ano contamos con Carmen. Durante o Nadal non haberá clases, pois os venres coinciden este ano con días de festa (Nadal e ano novo)
Contacta con nós en:
Contacta con nós en
- do blogue de valdalourinha
- 5 comentários
- 16660 leituras
Bordando los Jueves 1
Los Jueves de 19.30 a 21.30 horas hay curso de bordado, ahora mismo solo asisten 6 socias así que las que esteis interesadas no dudeis en inscribiros!!!
- do blogue de lores
- 1 comentário
- 9327 leituras
Nos mantenemos en forma...
CON PILATES!
Todos los Lunes y los Miércoles de 19 a 20 horas tenemos curso en la casa de cultura de Lores. Asisten unas 14 personas entre socias y sus maridos...
Es una actividad estupenda, nos ayuda a cuidarnos y mantenernos en forma.
- do blogue de lores
- Adicionar novo comentário
- 9464 leituras
CONCURSO FOTOGRAFICO
- do blogue de Femuro
- Adicionar novo comentário
- 10161 leituras
CURSOS EN MARCHA
Seguimos co noso curso de manualidades e nas proximas semanas esperamos dar comezo ó de labores, asi que todas aquelas socias que estedes interesadas xa sabedes, animadevos que de seguro que vos gustan!!!!
- do blogue de mulleresnogueira
- Adicionar novo comentário
- 18319 leituras
¡Xa temos todos os cursos e obradorios en marcha! 2
A asociación Valdalouriña xa ten todos os cursos e obradoiros en marcha: encaixe de bolillos, ximnasia, labores, teatro, lencería de fogar, pintura e manualidades, sevillanas... Ademais, organiza visitas a lugares de interese, así como viaxes turísticos para coñecer Galicia, Portugal, País Vasco, Andalucía ou Madrid. Xa vos iremos amosando fotos destas actividades.
- do blogue de valdalourinha
- 2 comentários
- 19149 leituras
Curso de pintura... que ben llo pasan! 1
Un ano máis estase a facer o curso de pintura ao óleo, carbón e lapis. Ás mulleres gústalles moito e xa é o terceiro ano.
Esperemos que estea moitos máis!!
- do blogue de ledicia
- 1 comentário
- 20798 leituras
Visita a Fátima
Cada año visitamos Fátima en Portugal, y siempre es un éxito!!! Este año fuimos el 23, 24 y 25 de Octubre... ya os enseñaremos alguna foto...
- do blogue de lores
- Adicionar novo comentário
- 10265 leituras
Iniciar sessão
RuraisLAB Português
RuraisLAB é um laboratório virtual centrado nas pessoas para a inovação social no médio rural, baseado nas necessidades e visão da mulher.
Archivo
- Junho 2011 (30)
- Maio 2011 (70)
- Abril 2011 (73)
- Março 2011 (77)
- Fevereiro 2011 (37)
- Janeiro 2011 (34)
- Dezembro 2010 (18)
- Novembro 2010 (28)
- Outubro 2010 (39)
- Setembro 2010 (22)