RSS

Ocio y Cultura

17 Fevereiro 2012

ANIMACIÓN A LECTURA 3  

 

VOLTEMOS A LER
 
¡Que nos esquecemos!, vamos a recomendarvos un libro e despois xa sabedes: ¡quedamos para comentar!


El JUEGO DEL ANGEL
Autor: Carlos Ruiz Zafón

Argumento:
Na turbulenta Barcelona dos años 20 un xoven escritor obsesionado cun amor imposible recibe unha oferta dun misterioso editor para escribir un libro, a cambio dunha fortuna e, tal vez, moito mais..........

17 Fevereiro 2012

CANTIGAS RECOLLIDA NO LIBRO "RECORDOS NO TEMPO" 3  

 

CANTIGAS
 
CANTIGAS
(Recollidas na Asoc. Novas Vivenzas)

A vida do carreteiro,
non hai vida como ela,
a semás no camiño
o domingo na taberna.


O ferreiro foi á misa
non soubo decir o credo,
cando tocaron a santos
acordóuselle o martelo.

Canteiros e carpinteiros,
da Vila de Pontevedra
aquí falta unha rapaza,
tendes que dr conta dela.

Un cesteiro anda tras min
eu fuxindo do cesteiro,
ando co feixe das varas
e por non tentar ao demo.

Mariquiña tecedeira
namorada dun galán,
ten un pé na prendedeira
e a lanzadeira na man

17 Fevereiro 2012

Música +  

  A asociación "A Madanela", preparou panxoliñas para este pasado Nadal e cantigas de Reis, unha actividade que non se levaba a cabo na asociación, nin tampouco a nivel parroquial, e na que a asociación de Mulleres abriu o ámbito de participación e os compañeiros tamén entonaron as cantigas.

2883
Ensaio de Música "A Madanela"

 

23 Dezembro 2011

Bo Nadal e Feliz aninovo!!! 1  

2781

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

A Asociación Val da Louriña deséxavos o mellor para o ano 2012.

04 Dezembro 2011

Cea de Nadal 3  

O sábado día 10 de decembro teremos a Cea de Nadal da Asociación Val da Louriña. Este ano será no Restaurante Alfonso I de Tui. Ademais de compartir unha exquisita cea, contaremos cun grupo musical para o baile, e faremos sorteo de agasallos entre as socias. Disporemos dun autobús que percorrerá os puntos de costume. Aínda hai tempo para anotarse ata o mércores día 7. 

 

26 Novembro 2011

Sábado micolóxico 1  

2775
No local repasando o recollido

2773
Amanita muscaria
2771
Macrolepiotas
2767
2763
O gurpo antes de comezar
O pasado sábado, Val da Louriña organizou unha saída micolóxica. Logo de ter levado a cabo varios cursos de micoloxía con moi boa acollida, decidimos facer este ano
2765
Atendendo unha explicación
unha xornada, acompañados dun experto, Anxo Saborido. Percorremos o monte durante a mañá, para rematar no local expondo as diversas especies de cogumelos recollidas e identificando novamente os compoñentes da nosa "colleita". Non houbo cantidade aínda que sí atopamos variedade que nos servíu para aprender un pouco máis a recoñecer os diferentes cogumelos da zona.

 Ao rematar agardábanos unha empanada de Cantarellus, un viño e doces.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

14 Novembro 2011

3ª FESTA DO MAGOSTO 1  

El pasado 5 de noviembre la "Asoc. De Mulleres Rurais de Salvaterra deMiño "Tempo Gañado", ha celebrado su 3ª Fiesta del Magosto.

Ha sido una fiesta muy divertida, donde hemos tenido de todo: castañas, vino, refrescos, agua, rosca, rosquillas acompañadas de chocolate calentito, todo esto ha servido para reponer fuerzas y poder gastar zapatos, ya que hemos tenido una orquestra tocando musica en directo para que todos pudieramos bailar y reír durante una tarde/noche muy especial.

Queremos agradecer a todos los que han colaborado para que se hiciera posible: "La Caixa" , "Concello de Salvaterra de Miño", directiva y vocales de dicha asociación y por supuesto a todos los asistentes.

 

 

2715

 

2717

 

2719

 

10 Novembro 2011

Viaxe a Asturias de Val da Louriña 1  

A viaxe a Asturias que levou a cabo a Asociación Val da Louriña deixou satisfeitas a todas as persoas que participaron; con bo tempo, bonitas paisaxes e boas comidas, os participantes pasaron unha agradable fin de semana.

2641

 

De camiño a Asturias, houbo unha parada na Praia das Catedrais, lugar que sempre vale a pena visitar.

2645

 

 

 

 

 

Ao chegar a Fuente Dé houbo que lle botar valor e montar no teleférico, para poder gozar das vistas que ofrecía o lugar.

2649

 

 

 

 

 

 

 

 

 

E xa nos Picos de Europa as paisaxes que se poden contemplar, e os sendeiros que se poden percorrer, fan que este lugar sexa merecedor da visita.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

06 Novembro 2011

Outono en Val da Louriña 2  

Neste mes de novembro a oferta é moi variada. Ademais das actividades permanentes (pilates, ximnasia, labores, lencería de fogar, teatro, pintura e manualidades), este mes teremos outras novas.

  • Viaxe a Cambados, con visita ao conxunto histórico da vila, a o museo do viño, a unha adega e un muíño, subvencionada pola deputación.
  • Curso de 10 horas de arcilla polimérica para facer agasallos para o Nadal (pulseiras, colares, adornos).
  • Charla de saúde: "Primeiros auxilios no fogar e na estrada" impartida por unha doutora do Centro de Saúde de Mos, o xoves 17 de novembro ás 19.30h.
  • Xornada micolóxica, o sábado 19 de novembro pola mañá, que rematará cunha degustación.
  • Tamén estamos preparando a Cea de Nadal, con baile e sorteo de agasallos.

11 Outubro 2011

III Festa do Magosto "Tempo Gañado" +  

O próximo dia 5 de Novembro de 2011, a partir das 19:00hs, no local de Leirado; celebráse a 3ª Festa do Magosto da Asociación das Mulleres Rurais de Salvaterra de Miño "TEMPO GAÑADO".

É gratis para todas as socias que queiran asistir, pero teñen que avisar à sua vocal ou chamar ao teléfono 678 920 510, antes do dia 30 de outubro, para que a directiva poida fazer unha previsión axeitada. 

2577

 

 

Colaboran:

 

2585

 

2589

 

 

02 Outubro 2011

COÑECE A TUA PROVINCIA "DIPUTACION DE PONTEVEDRA" +  

2569
Grupo en el horreo de Poio
Estas son algunas fotos de la excursion de coñece a tua provincia, visitamos el monasterio de Poio,y el de Armenteira,fué precioso, fuimos 55 personas,pues el autobus no tenia más plazas y nos quedo gente sin poder ir.
2725
Horreo de Poio
Las socias quedaron con ganas de mucho más.
2563
parte del grupo en Armenteira
2565
2567
la guia dando explicaciones

26 Setembro 2011

En outubro comezan os cursos en Val da Louriña +  

Debido ao escaso número de participantes para o curso de micoloxía, tivemos que cambialo por un de cociña.

 CURSO DE COCIÑA

 Curso de 20 hora subvencionado polo concello, que comezará o martes 11 de outubro. Se resides en Mos ou pertences a unha asociación do noso concello, aínda estás a tempo para anotarte.

 Ademais, tamén comezan os cursos permanentes : Repuxado en coiro, Pilates, Labores (é de balde), Ximnasia, Bolillos ( que inclúe ganchillo, macramé, vainica e filtiré), Lencería de fogar, Teatro, Pintura e manualidades (con nova monitora).

23 Setembro 2011

Representación teatral da Asoc. Mulleres Rurais "A RUBIDEIRA" +  

O pasado día 2 de septembro a asociación de Mulleres Rurais "A Rubidera" unha das 12 asociacions que pertecen a FEMURO na Comarca de Orcellón, representou no Casino do Carballiño "A segunda Xuventude" e "O regreso do Paulino". 

A asistencia de 170 persoas que puderon disfrutar dun rato de lecer e comprobar o traballo destas mulleres que escribiron, dirixiron e protagonizaron elas mesmas as obras teatrais.

Unha mostra das fotos:

http://youtu.be/5xL5OmIqqV0

06 Setembro 2011

Comeza o "curso" en Val da Louriña 4  

A asociación MMRR Val da Louriña de Mos comeza as súas actividades despois dun mes de agosto de vacacións.

2359
VIAXE A ASTURIAS: Cudillero, Ribadesella, Oviedo, Gijón, Potes, Fuente Dé.  Anotarse o sábado, 10 de setembro, pola tarde, no local .

CURSOS PERMANENTES

Pilates, Repuxado en coiro, Labores, Ximnasia, Encaixe de bolillos, Teatro, Pintura.

ACTUACIÓN DO GRUPO DE TEATRO

O grupo "Mistura", representará unha adaptación da obra "Maribel e a estrana familia", no Chan do Bosque (Sanguiñeda), o día 16 de setembro, ás 21.30h.

2363

 

 

 

 

 

CURSO DE MICOLOXÍA

Curso de 20 h subvencionado polo concello, que comezará no mes de outubro.

05 Setembro 2011

VII FESTA DO OVO ESCALFADO!!! +  

 Hola a tod@s!!

O pasado 31 de xullo celebramos a "VII Festa do ovo escalfado" na parroquia de San Lourenzo de Nogueira.

Alí reunímonos  socias e non socias para pasar un domingo diferente e animado, onde estiveramos xuntos da mellor maneira que sabemos facer en Galicia...¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡COMENDO E BAILANDO!!!!!!!!!     

O tempo portouse ben e Lourenzo acompañounos deixandonos un día de sol do que puidemos disfrutar todos e todas. Comezamos ao mediodía comendo e continuamos a festa toda a tarde con baile, charlas e risas.

Compartimos aquí con vós algunhas fotos que recollen diferentes momentos deste día de diversión.

Un saúdo!!

2345
2347
2349
2351
2353
2355
2357
2341

Siga-nos en...

 Follow RuraisLAB on Twitter   

Iniciar sessão

RuraisLAB Português

Mulleres Rurais e desenvolvemento rural

RuraisLAB é um laboratório virtual centrado nas pessoas para a inovação social no médio rural, baseado nas necessidades e visão da mulher.

 

 

 

 

Mulleres Rurais e desenvolvemento rural

Mujer Rural

Mujer Rural y Desarrollo Rural

Agenda Digital Europeia 20202

Agenda Digital Europeia