Responder ao comentário
DÃa da Muller Traballadora
A orixe desta celebración foi en 1910, cando nunha Conferencia Mundial de Mulleres, Clara Zetkin, do Sindicato de Obreiras da confección, propuxo celebrar anualmente un dÃa polos dereitos da paz e do progreso social das mulleres. Pero non foi ata 1952 cando a Organización de Naciones Unidas (ONU) instituÃu o dÃa 8 de marzo como o DÃa Internacional da Muller.
Este dÃa é para lembrar datas históricas na loita das mulleres polos seus dereitos, como a loita das traballadoras estadounidenses da industria textil polas pésimas condicións laborais; ou a protesta de obreras da confección en 1908, que ocuparon unha fábrica en Nueva York, para reclamar xornadas laborais de 10 horas, en vez das 16h diarias, e que morreron queimadas no interior da fábrica a mans dos donos da empresa.
Val da Louriña celebra cada ano un acto de recoñecemento a dúas mulleres do noso concello, que representan a moitas outras mulleres merecedoras tamén de recoñecemento. Este ano as representantes de todas esas mulleres son: MarÃa Carrera, presidenta de ASODIFISI e MarÃa Morgadas, ex presidenta da AECC.
Xa pasaron uns 20 anos desde que MarÃa Carrera, de Louredo, e con fillos discapacitados, comentara cos seus viciños a necesidade dunha asociación como ASODIFISI. A idea tamén interesou á veciñanza doutras parroquias como Pereiras, Torroso. E foi nesta parroquia donde a Comunidade de montes lles cedeu un local para iniciar a súa actividade. MarÃa é a presidenta da asociación.
MarÃa Morgadas, de Torroso, non estivo nos primeiros pasos da Xunta local de Mos da Asociación contra o cancro, pero xa van uns 15 anos dedicados á asociación. A súa experiencia na Comisión de festas foi o que fixo que as primeiras persoas que se xuntaron para formar o grupo en Mos, acudiran a ela para pedir a súa colaboración. Ocupou os cargos de vocal, tesoureira e presidenta.
O acto terá lugar o sábado dÃa 12 de marzo no Centro Cultural de Torroso, e contaremos tamén coa actuación do grupo de pandeireteiros "Os Tangaraños" e a Minibanda da Escola municipal de música.
»
- do blogue de valdalourinha
- 15280 leituras
Responder
Iniciar sessão
RuraisLAB Português
RuraisLAB é um laboratório virtual centrado nas pessoas para a inovação social no médio rural, baseado nas necessidades e visão da mulher.
Archivo
- Março 2021 (1)
- Dezembro 2020 (3)
- Julho 2020 (2)
- Março 2020 (4)
- Fevereiro 2020 (3)
- Dezembro 2019 (1)
- Outubro 2019 (2)
- Agosto 2019 (2)
- Julho 2019 (1)
- Junho 2019 (2)