II Curso Formativo-Preparatorio de Competencias Clave

23 Setembro 2011

 A Federación Provincial de Mulleres Rurais de Ourense (FEMURO), comeza  o PROGRAMA Formativo-Preparatorio para a obtención de Competencias Clave de nivel 2.

A Federación Provincial de Mulleres Rurais de Ourense dende os seus comezos ten entre os seus fundamentos a loita contra a Exclusión. Na busca de mellorar a situación das persoas e obter a formación axeitada; se realiza de novo, o curso formativo que da acceso os distintos certificados de profesionalidade.

Esta formación busca a preparación dos usuarios/as nas distintas areas das probas convocadas pola Consellería de Traballado e Benestar  que se desenvolven en datas sinaladas, no recinto feiral de Silleda, e que dan acceso os certificados de nivel II ou III (según sexa o caso), demostrando coa calificación de Apto o nivel obtido en cada competencia.

O programa formativo,  se vai levar a  cabo no Centro Comarcal do  Carballiño dende o  día 3 de outubro ata o 9 de decembro,  e na aula Conectad@s ó mundo de

2469
 en horario matinal; está subvencionado polo Fondo Social Europeo e a Xunta de Galicia (Consellería de Traballo e Benestar) dentro II Plan de Inclusión Social de Galicia en coordinación coa equipa comarcal.

O proxecto é a segunda experiencia de FEMURO na vila de Carballiño, en canto a formación de Competencias;  no ano 2010  os alumnos/as realizaron a formación e pasaron  as probas pertinentes a comezos do 2011, obtendo cualificacións de aptos e accedendo os distintos certificados de profesionalidade ou formacións de nivel II.

O programa  que se vai a desenvolver foi adaptado os contidos nas competencias clave de:

Lingua Castelá, Lingua Galega, Matemáticas, Dixital e Tecnoloxía.

Siga-nos en...

 Follow RuraisLAB on Twitter   

Iniciar sessão

RuraisLAB Português

Mulleres Rurais e desenvolvemento rural

RuraisLAB é um laboratório virtual centrado nas pessoas para a inovação social no médio rural, baseado nas necessidades e visão da mulher.

 

 

 

 

Mulleres Rurais e desenvolvemento rural

Mujer Rural

Mujer Rural y Desarrollo Rural

Agenda Digital Europeia 20202

Agenda Digital Europeia