RSS

Fragadassaimas

01 April 2014

7ª FESTA DO MEDIO NATURAL "FRAGA DAS SAÍMAS" 4  

ÁBRESE O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA PARTICIPAR NA  7ª FESTA DO MEDIO NATURAL DA "FRAGA DAS SAÍMAS" QUE SE CELEBRARA O SÁBADO 26 DE ABRIL NO CENTRO SOCIO-CULTURAL DE SANTO ANDRÉ DO BOIMENTE. 
 
A Directiva da "Fraga das Saímas" convida a todas as súas socias, familiares, veciños e amigas a participar na celebración da súa 7ª edición da Festa do Medio Natural. Unha ocasión inmellorable para darlle todas as persoas amantes da natureza a benvida á primavera a estas terras do rural da Mariña lucense. 
 
Por motivos organizativos é necesario que ANTES do DÍA 20 de ABRIL as socias, familiares e veciños que desexen ASISTIR AO XANTAR deben chamar  para RESERVAR praza.  
 
As persoas que non acudan ao xantar pero queiran asistir ás ACTIVIDADES LÚDICAS que se van a desenvolver logo do xantar (Actuación do mago GOJE e Baile amenizado polo grupo  musical Vivarium) poden facelo. Entrada de balde.

 

01 April 2014

FRAGA DAS SAÍMAS E A SÚA ANDAINA +  

Fraga das Saímas: sete anos de cultura e divertimento

 
Con motivo do sétimo aniversario do colectivo de mulleres “Fraga das Saímas” vimos de botarlle unha ollada á súa andaina, chegando esta case a sorprendernos a nós mesmas ao comprobar as numerosas actividades formativas que, desde a nosa asociación, se desenvolveron ao longo destes anos: charlas sobre saúde, talleres de memoria e risoterapia, cursos de aprendizaxe do uso do móvil, de informática e internet, talleres de manualidades, de arte floral e de cestería artesanal, cursos de baile de salón e de cociña e repostería ao estilo tradicional, etc., ademais de colaborar e participar en diferentes programas e foros da muller, organizados polasadministracións, así como en programas formativos desenvoltos pola comunidade educativa.

No campo da conservación do patrimonio natural e o desenvolvemento sostible do rural,  este colectivo sempre estivo fortemente comprometido e así o demostran as diferentes campañas de sensibilización que levou estes anos, con concursos fotográficos como Fraga das Saímas, Monumento Natural eimaxesRAPAcandaoso, dirixido a todos os aficionados e amantes da natureza maiores de 18 anos; os concursos de debuxo e pintura Descubre a Fraga das Saímas e Paseando pola Fraga das Saímas,  dirixido aos nenos e nenas de Viveiro; o concurso de Ecometraxes Aldeas sustentables. As chaves para un futuro saudable e de calidade; a campaña de deseño e distribución de bolsas ecolóxicas multifuncionais… E, xa neste último ano, o colectivo feminino organizou as súas Iªs Xornadas Micolóxicas nos Montes do Buio e desenvolveu un proxecto experimental de compostaxe caseira, durante o cal tamén se impartiron talleres de reciclaxe de aceites domésticos e de ECOlimpos.

Dentro das actuacións desenvoltas para preservar o patrimonio material, inmaterial e cultural da parroquia, a Directiva deste colectivo amosouse especialmente satisfeita por ter feito realidade unha particular homenaxe ás veciñas e veciños de San Andrés de Boimente a través da edición do Fotolibro e do DVD O Espello das Lembranzas e dunha  exposición fotográfica, co mesmo título, que permanece desde hai tres anos no seu Centro Socio-cultural para goce e disfrute dos visitantes. Así mesmo, Fraga das Saímas, ven de abrir hai uns meses as portas da súa biblioteca veciñal que conta con fondos documentais impresos, audivisuais e unha pequena fonoteca. Tamén está a traballar, en colaboración coa súa socia Luisa Martínez, na recollida da microtoponimia e xenealoxía da parroquia, así como na búsqueda de elementos etnográficos da zona para organizar a montaxe dunha Mostra Etnográfica.

No apartado de actuacións socio-culturais de integración, esta asociación organizou, entre outros, o Programa de sábados de cinema na aldea, a celebración de numerosas edicións da Festa das Letras galegas, do Baile de Farrapulgas, do Día da Socia, da Festa do Medio natural, do Magosto popular e da Festa do Nadal,  así como múltiples actividades conmemorativas polo Día da Muller traballadora e polo Día Internacional contra a violencia machista; desenvolvéndose tamén no marco destas celebracións: Concertos de música con Mini e Mero, Mijail Moriatov, Cánere Son, Tonecho Castelo & Pablo Esqueira, Carmen Rodríguez, Dúo Rosas e Irimia Cantareiras. Representacións teatrais de Axóuxeres, O Bordelo, A Adala e Palimoco Teatro. Espectáculos de maxia co Mago Martín e de títeres con Mircromina e as actuacións de contadores de historias como Avelino Glez, Paula Carballeira, Cándido Pazó ou Pedro Brandariz.

Co Programa Turisteando por Terras lucenses, posto en marcha hai un par de anos por este colectivo, as socias, familiares e amigos de Viveiro visitaron concellos como o de Castro de Rei, Xermade, Outeiro de Rei, A Pontenova ou Ribadeo para profundizar no coñecemento do seu patrimonio industrial, artesanal, histórico e natural. Pero tamén co colectivo  Fraga das Saímas viaxaron ao longo destes anos máis dun cento de persoas  para coñecer as Comarcas de Ribeira Sacra, da Costa da Morte, de Ferrol-Ortegal, das Rías Baixas e mesmo a Comarca da Sidra, o Oviedo histórico Medieval e Portugal.

Moito camiño parece o percorrido, aínda que moito máis camiño é o que queda por andar! e, por iso, toca seguer facendo ese camiño mentras os ánimos e as forzas o permitan e mentras o colectivo Fraga das Saímas sexa quen de transmitir alegría e bo humor á nosa xente.

01 April 2014

CELEBRACIÓN DO DÍA DA MULLER +  

01 April 2014

FRAGA DAS SAÍMAS ASISTE AO PROGRAMA LUAR 3  

MEDIO CENTO DE SOCIAS E AMIGOS DO COLECTIVO “FRAGA DAS SAÍMAS” ACUDIRON AO PROGRAMA DA TVG “LUAR”
 
O colectivo de Mulleres Fraga das Saímas desprazouse este venres ata o plató 100 da TVG, situado en Teo, para participar como público no programa de Luar.
Durante as catro horas de duración do programa as máis de 45 socias, veciños e amigos do colectivo feminino de Santo André de Boimente festexaron o seu particular entroido no Luar onde a festa, a ledicia e a diversión non faltou en ningún momento da noite. Os asistentes disfrutaron con entusiasmo a experiencia de seren eles tamén parte protagonista dun programa televisivo, quedando moi sorprendidos de todo o traballo preparatorio e da labor dos técnicos para a montaxe e a emisión dun programa de variedades como Luar.
Os participantes desta experiencia televisiva bailaron ao ritmo das cancións de Lolita Flores e o grupo Garibaldi, entre outros, e gozaron da música tradicional galega coa Banda de Música de Calo e a agrupación Folclórica Algueirada e do Coro tradicional Cantares do Brión. Tampouco lles faltou o humor do Dr. Bellino e o Sr. Lisardo e do seu paisano de Xove, Roberto Vilar e tamén tiveron ocasión de presenciar o desempate entre os concursantes de Vai de Gaita e os de Tempo de Recantos.
Os cansados pero felices participantes de Luar foron despedidos pola Directiva Fraga das Saímas a súa chegada a Viveiro, pasadas as 4.00 da madrugada, emprazándoos para o Sábado, 8 de marzo no Centro Socio-Cultural de Santo André de Boimente a partir das 17.00 horas para celebrar o Día da Muller Traballadora, durante a cal está prevista unha Maratón de Tute e Brisca e a proxección da película Pan y Rosas.


 

01 April 2014

2ª EDICIÓN DO CURSO DE INFORMÁTICA E INTERNET 6  

"FRAGA DAS SAÍMAS" ABRE O PRAZO DE MATRÍCULA PARA O CURSO DE INFORMÁTICA E INTERNET
 
A Directiva Fraga das Saímas ven de abrir o prazo de matrícula para todas aquelas socias, amigas e veciños de San Andrés que desexen anotarse na nova edición do Curso de Informática e Internet, que vai comezar o martes, 11 de marzo de 2014, desenvolverase ao longo dos meses de marzo, abril e maio.
 
Este curso correrá por segundo ano consecutivo a cargo da viveirense Natalia González Fernández, Técnica Especialista en Informática de Xestión.
 
 
As persoas interesadas terán de prazo para anotarse nesta actividade ata o  domingo, 2 de marzo de 2014.
 

01 April 2014

PROGRAMA DE REDUCIÓN DE RESIDUOS A TRAVÉS DA COMPOSTAXE CASEIRA 3  

“FRAGA DAS SAÍMAS” ANIMA AO CONCELLO DE VIVEIRO A DARLLE CONTINUIDADE AO PROGRAMA DE COMPOSTAXE CASEIRA POSTO EN MARCHA NO 2013 POLO COLECTIVO FEMININO NA PARROQUIA DE SAN ANDRÉS DE BOIMENTE 

 

A Asociación de Mulleres Rurais “Fraga das Saímas” ven de presentarlle, o pasado 22 de xaneiro, por escrito á alcaldía de Viveiro unha memoria pormenorizada do desenvolvemento do “Proxecto experimental de redución de residuos e compostaxe caseira” posto en marcha no 2013 polo colectivo de mulleres de San Andrés de Boimente dentro da súa campaña anual de sensibilización e concienciación medioambiental. Proxecto este que ten como fin contribuír á redución dos residuos xerados nas casas, transformando o lixo doméstico, resto de podas, céspede cortado e outros residuos agrícolas nun abono orgánico de gran calidade, seguro e rico en nutrientes para o solo e que se coñece como compost, ao mesmo tempo que se intenta concienciar ás socias e veciños da parroquia da necesidade de reducir o volume de residuos depositados nos contedores convencionais e sensibilizalas/os sobre os beneficios ambientais e económicos do emprego desta técnica de compostaxe caseira. 
 
Coa entrega desta memoria á Alcadía de Viveiro, a Directiva Fraga das Saímas, que comprobou a través do desenvolvemento deste proxecto experimental que a compostaxe caseira é unha práctica moi sinxela e viable na que pode participar todos os membros da familia e onde os beneficios e ventaxas son todas e as desventaxas non existen, quixo aproveitar para animar e propoñer á alcadía de Viveiro estender este Proxecto de Compostaxe Caseira ao resto das parroquias do municipio viveirense, de xeito que todas aquelas familias interesadas en reducir os residuos que xeneran nas súas casas e que van directamente aos contedores convencionais podan solicitar un composteiro familiar e aprender a facer bo uso del a través dun curso de compostaxe.
 
 Ao mesmo tempo a Directiva solicitoulle axuda á rexidora de Viveiro para dotar de composteiros ás veciñas que participaron neste proxecto e que a asociación non lles puido facilitar máis que a tres das catorce mestras composteiras debido a falta de colaboración que se lle solicitara a Sogama, negándose esta a facilitarlles ningún composteiro por tratarse a peticionaria, según esta empresa, dunha asociación e non dunha administración local. 

01 April 2014

PROGRAMA DE SAÚDE "SPAbílate Muller" +  

ARRANCA O CIRCUÍTO TERMAL DO PROGRAMA DE SAÚDE “SPAbílate MULLER” ORGANIZADO POLO COLECTIVO “FRAGA DAS SAÍMAS” NO WELLNESS THALASSO CÁNTABRICO AS SIRENAS.
Doce das vinte participantes no programa de saúde  do colectivo feminino “Fraga das Saímas” SPAbílate Muller, déronse cita este domingo 2 de febreiro ás 11.30 h. no Wellness Thalasso Cántabrico As Sirenas.
 
Durante os meses de febreiro e marzo unha vintena de participantes neste programa terapéutico da asociación de mulleres rurais “Fraga das Saímas” acudirán ao circuíto termal do Wellness Thalasso os venres á tarde  e os domingos á mañá onde disfrutarán ao longo  dunha hora e media do Circuíto Termal Thalassoterapia.
 
Este primeiro domingo de febreiro,  un grupo de doce mulleres,  amantes da saúde e da tranquilidade, inauguraron o programa de Fraga das SaímasSPAbílate Muller, acudindo á súa primeira cita coa Thalassoterapia, onde puideron relaxarse e gozar dun jacuzzi, unha piscina terapéutica con chorros, géiser e camas de hidromasaxe e onde disfrutaron tamén dunha zona de estufas, duha hamam (húmeda), dunha sauna seca, dos contrastes con auga fría e dos pediluvios, e completaron o circuito na zona de relax en tumbonas quentes.
 
As participantes neste 1º circuito termal Thalassoterapia remataron cansas pero contentas e satisfeitas logo de probar este método de terapia a base de tratamentos con auga mariña e felicitaronse por contar con estas instalacións no municipio, se ben aproveitaron tamén  para suxerirlle á dirección do Centro a necesidade de dotar dalgún elemento de seguridade (pasamáns...) o Jacuzzi  e a piscina terapéutica para mellorar a accesibilidade das persoas con problemas de equilibrio e dificultade de movementos.
 
A Directiva Fraga das Saímas aproveita para informarlles ás socias e veciños de Viveiro que só quedan 10 prazas libres para anotarse á viaxe programada por este colectivo para asistir como público, o venres 28 de febreiro, ao programa de LUAR da TVG. As persoas interesadas en acudir a este evento teñen que reservar a súa praza antes do luns 10 de febreiro, podendo facelo vía e-mail ou telefonicamente. 

27 January 2014

PLANO DE ACTUACIÓNS APROBADA POLA ASEMBLEA DE FRAGA DAS SAÍMAS PARA O 2014 3  

PLAN DE ACTUACIÓNS A DESENVOLVER NO 2014 POLO COLECTIVO "FRAGA DAS SAÍMAS"

 
A Asemblea Xeral das mulleres do colectivo “Fraga das Saímas” acorda, entre outras iniciativas, poñer en marcha o Programa SPAbílate Muller, a montaxe dunha Mostra de Patrimonio Etnográfico Material,  a exposición itinerante imaxesRAPAcandaoso2013 e a Maratón NÓSxogamos. Tres proxectos que apostan pola saúde das mulleres, a conservación do Patrimonio, o turismo de natureza e o fomento da participación veciñal a través da creación de espazos lúcidos.
 
AS SOCIAS DO COLECTIVO “FRAGA DAS SAÍMAS” APROBAN POR UNANIMIDADE NA SÚA ASEMBLEA XERAL ANUAL O PROGRAMA DE ACTIVIDADES 2014 E DAN O SEU VISTO BO AO INFORME DE XESTIÓN E AO ESTADO DE CONTAS DO ANO 2013 DA ENTIDADE.


A asociación de mulleres rurais “Fraga das Saímas” ven de celebrar a súa asemblea xeral anual a tarde do sábado, 25  de xaneiro, no seu Centro Socio-Cultural de Santo André de Boimente.

 

Nesta reunión, tras dar conta a secretaria da asociación do estado de ingresos e gastos do ano 2013, as socias aprobaron por unanimidade as contas do exercicio 2013 así como o seu Programa de Actuacións e Investimentos a  desenvolver ao longo deste ano 2014.

O Programa de Actividades da asociación Fraga das Saímas para o 2014, cuxo orzamento ascende a 25.420 euros, desenvolverase dentro de cinco liñas de traballo principais:
- Área de Formación/información, destacando dentro desta área a organización da 2ª edición das Xornadas Micolóxicas nos Montes do Buio e do Curso de Informática e Internet.
 
- Actividades Socio-culturais de integración, dentro das cales se aprobaron, entre outras, a exposición itinerante ImaxesRAPAcandaoso2013, como parte da campaña de sensibilización do Medio Natural e aposta polo Rural galego e o turismo de natureza. Así como a posta en marcha do Programa SPAbílate Muller, a través do cal as socias e convidadas da asociación poderán participar durante dous meses nun circuíto termal no Thalasso Cantábrico.
 
- Actuacións para preservar o noso patrimonio Material e Inmaterial. Nesta área de traballo continuarase   a desenvolver o proxecto Raíces Vivas e porase en marcha a montaxe da infraestrutura que acollerá unha Mostra do Patrimonio Etnográfico da zona.
 
- Actividades Lúdico-culturais (Cultura e divertimento). Dentro deste área, entre outras moitas actuacións, aprobouse a organización dunha Maratón de xogos de Mesa (programa NÓSxogamos) e a participación no programa LUAR da TVG, onde as sócias, amigas e veciños de Viveiro poderán asistir como público o 28 de febreiro ao famoso programa da TVG.
 
- Área de fomento do coñecemento do patrimonio natural, histórico e artístico de Galicia-Cantabria. Dentro desta área de traballo Fraga das Saímas organizará unha viaxe de fin de semana a Cantabria o 7 e 8 de xuño e desenvolverá o programa Turisteando por terras lucenses (de Samos á Cidade das Murallas, Patrimonio da Humanidade) no mes de setembro.
 
Unha vez rematada a asemblea as asistentes participaron nunha nova modalidade de xogo de mesa  impulsado pola Directiva, onde non se coñecerá a gañadora  antes de rematar o mes de febreiro.

27 January 2014

CURSO DE INICIACIÓN Á PODA 12  

CURSO DE INICIACIÓN Á PODA ORGANIZADO POR ESPAZO AGROECOLÓXICO ESTRUGA

 

 

 
O CENTRO SOCIO-CULTURAL DE STO. ANDRÉ DE BOIMENTE ACOLLEU ESTA FIN DE SEMANA O CURSO DE INICIACIÓN Á PODA ORGANIZADO POR ESPAZO AGROECOLÓXICO “ESTRUGA”, COA COLABORACIÓN DA ASOCIACIÓN DE MULLERES “FRAGA DAS SAÍMAS”
 

O espazo agroecolóxico ESTRUGA ven de organizar por terceiro ano consecutivo un Curso de Iniciación á Poda.
 
Logo de desenvolver este curso, en anos anteriores, nas parroquias de Valcarria e Galdo, o espazo agroecolóxico Estruga elixiu a parroquia de Santo André de Boimente para organizar a súa 3ª edición coa colaboración do colectivo de mulleres da Fraga das Saímas, que puxo a disposición de Estruga o salón de actos do seu Centro Socio-Cultural, onde se impartiu a parte teórica deste curso de iniciación á poda.
 
 

 

Este curso, que se impartiu o sábado 18 de xaneiro, deu comezo ás 9.30 horas. Durante dúas horas as dezaoito persoas asistentes aprenderon de maneira moi didáctica e sinxela que tipos de poda existen, que época é a mellor para lévala a cabo, os tipos de útiles de poda e o seu mantemento, tendo ocasión tamén de facer todo tipo de consultas e plantexar as súas dúbidas ao monitor deste curso, o enxeñeiro agrónomo de Viveiros Daplanta, que aproveitou para darles algúns consellos prácticos moi útiles e algún que outra “receita caseira” para o coidado das árbores froiteiras.

 

Logo dunha pausa café as/os alumnas/os visitaron a finca de Adelina Lorenzo, vogal da Directiva Fraga das Saímas, e do noso veciño Manolo da Lama que moi amablemente puxeron as súas froiteiras a disposición de Estruga e seu monitor para que  puideran explicarar sobre terreo como se debe facer a poda de árbores froiteiras como maciñeiras, pereiras, moreiras, figueiras, cerolleiros, claudieiras, laranxeiras, limoeiros,  caquis, nísperos, entre outras. Esta visita, na que o monitor do curso aproveitou para  dar tamén unhas referencia básicas sobre algunhas técnicas de enxerto nas diferentes variedades de froiteiras,  rematou pasadas as 14.00 horas

27 January 2014

Programa SPAbílate Muller 2  

PROGRAMA SPAbílate MULLER

 

A DIRECTIVA "FRAGA DAS SAÍMAS" ABRE O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA PARTICIPAR NO PROGRAMA SPAbílate Muller 
 
A Directiva pon en coñecemento das  socias do colectivo de mulleres "Fraga das Saímas" o propósito de poñer en marcha no mes de febreiro o Programa SPAbílate Muller, para o cal precisa saber o número de mulleres e, por que non? homes tamén, que desexan participar neste programa. 
 
Estás interesada na túa saúde? Participa con nós Programa SPAbílate nunhas instalacións, onde o único  obxectivo e que as/os amantes da tranquilidade, da posta en forma e da preocupación pola súa saúde gocen dun circuíto termal de auga mariña e se deleiten os seus sentidos rodeados dun marco incomparable xunto ao mar.
 
  
 

DÍAS DA ACTIVIDADE: VENRES ÁS 18.00 HORAS E DOMINGOS ÁS 11.30 HORAS!
 
 

27 January 2014

ANIVERSARIO DA NOSA SOCIA DE HONOR +  

104 ANIVERSARIO DA NOSA SOCIA DE HONOR, XULIA VIDAL BALSEIRO

 
DONA XULIA VIDAL BALSEIRO, SOCIA DE HONOR DA ASOCIACIÓN DE MULLERES RURAIS “FRAGA DAS SAÍMAS, CELEBROU OS SEUS 104 ANOS ACOMPAÑADA DAS SÚAS BIZNETAS, NETOS E NORA NA SÚA CASA DOS LEÁS.
 
O colectivo “Fraga das Saímas” e todas as súas socias espertaron este martes 7 xaneiro coa boa nova do 104 aniversario da súa veciña e socia de honor, Dona Xulia Vidal. Cumpreanos que celebrou o día de Reis na súa casa dos Leás acompañada polos seus familiares máis cercanos e queridos (as súas biznetas Lorena e Yanira, a súa neta política Merche, o seu neto Luis e a súa nora Marisa).
 
Autora da fotocomposición: Lorena Díaz, bizneta de Xulia Vidal
A nosa centenaria dona Xulia, traballadora infatigable, sempre demostrou unha grande fortaleza e valor ao longo da súa vida, loitando día a día polos seus seres máis queridos e mantendo ese profundo sentimento de amor pola terra. Unha muller digna de ser admirada e todo un exemplo a seguir polas novas xeracións de galegas e galegos.
 
Mulleres coma Dona Xulia son as que poñen en valor o papel que desempeñaron as nosas labregas a través da súa entrega ao traballo no campo e a loita pola súa propia existencia e dignidade.
 
As mulleres do colectivo Fraga das Saímas, desde a nosa máis profunda admiración e cariño, desexámoslle a Dona Xulia todo o o mellor neste día e felicitamos a súa familia por continuar disfrutando do seu máis prezado regalo.
 
 
FELICIDADES, DONA XULIA!

27 January 2014

FESTIVAL DE NADAL 2013 "FRAGA DAS SAÍMAS" 2  

FRAGA DAS SAÍMAS CELEBRA O SEU 6º FESTIVAL DE NADAL

 
As cestas de nadal valoradas en máis de 200 € e sorteadas na Festa navideña que clausurou as actividades organizadas ao longo do 2013 polo colectivo de mulleres “Fraga das Saímas” foron parar ás mans de Natalia e Dolores, socias do colectivo feminino, e as de convidada Eva e os veciños Brais e Pepe de Chao.
O FESTIVAL DE NADAL “FRAGA DAS SAÍMAS” PUXO O BROCHE DE OURO ÁS ACTIVIDADES DO 2013 ORGANIZADAS POR ESTE COLECTIVO COA ACTUACIÓN ESTELAR DA CANTAUTORA RIBADENSE CARMEN RODRÍGUEZ NO SEU CONCERTO ESPECIAL DE NADAL.
 
O sábado 20 de decembro o Centro Socio-Cultural de San Andrés de Boimente abriu as súas portas, un ano máis, para celebrar a 6ª edición do Festival Fraga das Saímas, organizado polo colectivo de mulleres de Santo André de Boimente.
 Esta cita de “obrigado cumprimento”, á que acudiron uns noventa invitados, entre socias, familiares, amigos e veciños da parroquia, deu comezo ás 19.30 horas co concerto especial de Nadal ofrecido pola xovencísima cantautora ribadense Carmen Rodríguez Rodríguez que durante a súa actuación estelar interpretou, entre outros, temas propios como “O mundo a medias”, temas de Guns and Roses como “Sweet Child O´Mine” e temas de Sés como “Co xenio destrozado”, cos que logrou encadilar ao público asistente que gozaron da súa música e da súa privilexiada voz ao longo de perto dunha hora de concerto.
 
A Presidenta do colectivo feminino, Flor Chao, que fixo de mestra de cerimonias desta celebración de clausura das actividades 2013 da asociación Fraga das Saímas dixo de Carmen durante o seu discurso de benvida e presentación que “estamos convencidas que esta ribadense de extraordinaria voz, grande sensibilidade musical e un profundo amor e admiración pola nosa música e lingua soará en pouco tempo con gran forza no novo panorama musical e podemos asegurar que co seu traballo e esforzo constante será quen de facerse un oco entre as grandes voces musicais galegas”.
 

 Logo do exitoso concerto, os  convidados disfrutaron dunha cea de confraternidade servida polo restaurante O Val do Naseiro, onde os comensales deron boa conta de entremeses, rape en salsa verde e dos típicos postres navideños. Ao remate destes a Directiva “Fraga das Saímas”, axudadas polas nenas e nenos presentes na festa e as  socias máis veteranas procederon a sortear 3 fermosas Cestas navideñas e 4 agasallos de consolación.


As gañadoras/os das cestas foron as socias do colectivo Fraga das Saímas: Dolores, Eva, Natalia, Carmen, unha convidada da asociación: Eva e os veciños Pepe de Chao e Brais.
 
Esta festa navideña prolongouse ata as 2.30 h. da madrugada, onde os máis festexeiros remataron a velada bailando ao son da música do Dúo Suso que co seu bo facer musical fomentaron o entusiasmo e a alegría do público.

27 November 2013

CAMPAÑA DA FRAGA DAS SAÍMAS CONTRA A VIOLENCIA MACHISTA 2  

 
A violencia NON é normal REACCIONA.
ROMPE as cadeas co teu AGRESOR”
 
O COLECTIVO FRAGA DAS SAÍMAS PON EN MARCHA UNHA CAMPAÑA CONTRA A VIOLENCIA MACHISTA CON MOTIVO DA CELEBRACIÓN DO 25N, DÍA MUNDIAL PARA A LOITA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

 

 

 

Para ler a noticia completa pinchar no seguinte enlace:

http://mulleresfragadassaimas.blogspot.com.es/2013/11/campana-fraga-das-saimas-contra.html

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

27 November 2013

VI FESTA DO MAGOSTO. TOMA CASTAÑAS! +  

O actor e cómico Pedro Brandariz alegrou a noite coa súa actuación “P.G.U. un espéctaculo para grandes persoas” aos máis de oitenta magosteiros da Fraga das Saímas.
 
CALUROSA ACOLLIDA DOS ASISTENTES Á VIª FESTA DO MAGOSTO DA FRAGA DAS SAÍMAS AOS GAÑADORES DO CONCURSO DE FOTOGRAFÍA imaxesRAPAcandoaso2013 DURANTE OS ACTOS DE ENTREGA DE DIPLOMAS E A INAUGURACIÓN DA EXPOSICIÓN FOTOGRÁFICA
 
 
Para ler a noticia completa pinchar no seguinte enlace:
 

27 November 2013

CELEBRACIÓN DE XORNADAS MICOLÓXICAS NO BUIO 3  

EXITOSA ACOLLIDA DAS Iª XORNADAS MICOLÓXICAS E GASTRONÓMICAS DE COGOMELOS ORGANIZADAS POLO COLECTIVO FRAGA DAS SAÍMAS EN COLABORACIÓN CO ESPAZO AGROECOLÓXICO ESTRUGA
 

Para ler a noticia completa pinchar no seguinte enlace:

http://mulleresfragadassaimas.blogspot.com.es/2013/10/celebracion-de-xornadas-micoloxicas-no.html

 

 

Follow us...

 Follow RuraisLAB on Twitter   

User login

RuraisLAB English

Mulleres Rurais e desenvolvemento rural

RuraisLAB is a user centered virtual laboratory focused on social innovation in the RURAL enviroment, based on WOMEN needs and vision.

 

 

 

 

Mulleres Rurais e desenvolvemento rural

Mujer Rural

Mujer Rural y Desarrollo Rural

European Digital Agenda 2020

European Digital Agenda